Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, da subministración de mobiliario e utensilios de oficina para centros de capacitación e axencias de extensión agraria.

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxeto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario e utensilios de oficina para centros de capacitación e axencias de extensión agraria, de acordo con pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que hai que entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: os licitadores ofertarán por lotes independentes (2).

d) Lugar de entrega: Consellería de Agricultura, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña.

e) Prazo de entrega: un (1) mes, contado desde a data de sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catorce millóns trescentas nove mil cento sesenta e cinco (14.309.165) pesetas.

5. Garantías.

Provisional.

Lote I: cento cincuenta e unha mil cincocentas (151.500) ptas.

Lote II: cento trinta e catro mil seiscentas oitenta e tres (134.683) ptas.

Definitiva.

Lote I: trescentas tres mil (303.000) ptas.

Lote II: duascentas sesenta e nove mil trescentas sesenta e sete (269.367) ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidad e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 16.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 7 de setembro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidad: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 10 de setembro de 1998.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

7045