1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: realización da enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino de leite, máis enquisa complementaria do IGE en decembro de 1998.
b) Número de unidades que hai que entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.
c) División por lotes e número: pola totalidade.
d) Lugar de entrega: Consellería de Agricultura, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).
e) Prazo de entrega: vinte (20) de decembro de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: sete millóns catrocentas mil pesetas (7.400.000 ptas.).
5. Garantías.
Provisional: non é necesaria.
Definitiva: duascentas noventa e seis mil pesetas (296.000 ptas.).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Servicio de Estudios e Publicacións da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 66 90.
e) Telefax: 981 54 57 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non é necesaria.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 7 de setembro de 1998.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 10 de setembro de 1998.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243,
17 de decembro)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria
7472