Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, enlace de L.A.T. Atios-O Rosal con subestación en Tui, no termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra. (Expediente 97/334-4).

Vistos o escrito e a documentación presentados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na Avda. de Arteixo, 171. 15008 A Coruña, respectivamente, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 5 de novembro de 1997, a citada empresa solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da líña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, de 1.880 m de lonxitude no do dobre circuíto, con conductor LA-180 sobre apoios metálicos de celosía, desde a L.A.T. Atios -O Rosal entre os seus apoios 29 e 30, ata a subestación de Tui, discorrendo polo termo municipal de Tui (Pontevedra); acompañan o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 52 da Lei 40/1996, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación ó presente expediente de acordo co establecido no apartado segundo da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do

sector eléctrico.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública, sendo publicado no DOG do 23-12-1997, BOP de Pontevedra do 18-12-1997, BOE do 13-12-1997, xornal Faro de Vigo do 9-12-1997, no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Terceiro.-Con data do 14 de novembro de 1997 envíase a Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, documentación relativa ó paso da liña polo monte comunal de Randufe, co fin de que aquela procedese a declara-la prevalencia da liña proxectada sobre o interese do monte comunal e a subseguinte desafección da superficie por ocupar.

Cuarto.-Durante o periodo en que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as

seguintes alegacións:

1. Bernadino Diz Vaz manifesta que se considera afectado pola instalación pero non foi notificado.

2. Telmo Alonso Amandi, propietario do predio nº 11, manifesta que a liña proxectada provoca no seu predio unha afección de 505 m sobre un total aproximado de 600 m, o que fai inviable a explotación do predio, polo que solicita a súa expropiación total.

3. Francico Giráldez González e outros, propiatarios dos predios 4, 68, 7, 104, 79/2 e 1, solicitan que antes do levantamento de actas previas se coloquen estacas sobre o terreo que definan claramente o trazado co fin de poder recoñece-la superficie e os bens afectados.

4. Manuel Alfaya Martínez e outros, propietarios dos predios 31, 35, 84, 11, 98, 80, 16, 45, 64, 89, 100/1, 77, 83, 91, 100/2, 130, 48, 70, 72, 42, 2, 81, 85, 19, 93, 43/1, 44, 102, 29, 57 e 79/1, realizan unha solicitude nos mesmos termos cá anterior.

5. Juan Andrés García Ayaso, en nome da Sociedade Electricista de Tui, S.A., que solicita a modificación do trazado da liña, posto que esta discorrería por un terreo no que pretenden establecer unha subestación intemperie 132/20 kV; tamén realiza consideracións referentes ó precio xusto da afección.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación.

A consecuencia destas alegacións Unión Eléctrica Fenosa, S.A. comprobou que efectivamente Bernardino Diz Vaz resulta afectado pola instalación, polo que foi incluído na relación de bens e dereitos afectados co nº de predio 82/1. Por outra parte procedeu a informa-los afectados que o solicitaron sobre o trazado da liña co fin de que comprobasen a afección resultante, non recibíndose ningunha nova alegación posterior.

Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Pontevedra, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 do título IX da Lei 40/1994.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto

2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/68, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, cos seus Art. 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a estas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. aceptou a expropiación total do predio nº 11 por resultar economicamente inviable como consecuencia da servidume establecida pola liña.

2. Non se pode acepta-la modificación de trazado proposta pola Sociedade Electricista de Tui, posto que modificaría outras afeccións e incluso a terceiros non incursos no expediente.

Cuarto.-Con data do 17 de febreiro de 1998 a Consellería de Medio Ambiente emite informe estimando a prevalencia da instalación da liña eléctrica sobre os usos do monte comunal de Randufe.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a L.A.T. Atios-O Rosal ata a subestación de Tui, no termo municipal de Tui.

2. Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

4. Estima-la solicitude de expropiación total do seu predio solicitada por Telmo Alonso Amandi.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7471