Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de pesca fluvial 97/0203.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto) e mais do seu regulamento, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expe

diente, remitiránselle ó director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica da acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestadade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 23 de xullo de 1998.

P.A.

Ana Mª Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: P-97/0203.

Denunciado: José Corral López.

DNI: 76.516.838.

Último enderezo coñecido: Rda. Nelle, 120-3º Esq.-A Coruña.

Feitos denunciados: pescar utilizando artefactos de uso prohibido (goxa).

Tipificación Lei de pesca: artigo 35.5º en concordancia co 92.5º, cualificación grave.

Sanción proposta: 500.001 multa e inhabilitación 1 ano e 1 día.

7260