Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de xullo de 1998 pola que se declara a caducidade dunha autorización para explotación dun banco natural de percebe (Pollicipes cornucopia), na parcela situada desde punta Morelo a punta Nemiña, incluídas illas e illotes, fronte da costa, distrito marítimo de Camariñas, cunha superficie de 600.000 m, ás confrarías de pescadores de Camariñas, Camelle e Muxía.

Visto o expediente de caducidade iniciado ás confrarías de Camariñas, Camelle e Muxía, na súa condición de titulares dunha autorización administrativa dun banco natural de percebe situado na zona marítimo-terrestre entre punta Morelo e punta Nemiña, incluídas illas e illotes fronte da costa, distrito marítimo de Camariñas, outorgada por Orde do 5 de abril de 1975 (BOE nº 119).

Resultando que con data do 13 de outubro de 1997, pola Delegación Territorial da Coruña acordou a incoación do expediente de caducidade á citada autorización, de conformidade co disposto no artigo 400 do Código Civil, dado que un dos comuñeiros solicitou a disolución da comunidade titular da autorización, débese proceder de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños.

Resultando que o citado acordo de incoación do expediente de caducidade foi notificado ós titulares da autorización con data 21-10-1997 sen que formulasen alegacións contra o seu contido dentro do prazo concedido.

Resultando que con data 14-1-1998 se dicta proposta de resolución por parte do instructor na que se propón a caducidade da autorización, e que a citada proposta de resolución foi notificada ós titulares das autorizacións o 15-1-1998, sen que formulasen alegacións contra o seu contido no prazo establecido.

Considerando que o expediente se tramitou conforme a dereito.

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia; Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas; Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o Código Civil; Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas; o Decreto 423/1993, do 17 decembro (DOG do 20-1-1994), polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería acorda, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente e, no exercicio das súas atribucións e competencias, confirma-la caducidade da autorización administrativa para explotación mancomunada do banco natural citado.

Esta resolución esgota a vía administrativa, e contra ela poderán os interesados interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

6943