Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación dos concursos, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación das subministracións de productos de alimentación, limpeza e hixiene sanitaria, para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-las adxudicacións dos concursos de subministración que a continuación se relacionan, anunciados no Diario Oficial de Galicia nº 59, do 27 de marzo de 1998.

-Expediente 1/1998 (subministración de carnes, froitas e verduras), adxudicatarios e importes:

-Partida I (carnes): Julián Italiani Quicler, por importe máximo de 8.482.346 ptas. (oito millóns catrocentas oitenta e dúas mil trescentas corenta e seis pesetas).

-Partida II (coellos e aves): Lago, Aves, Huevos y Caza, S.A., por importe máximo de 3.495.000 ptas. (tres millóns catrocentas noventa e cinco mil pesetas).

-Partida III (froitas e verduras): Frutas Nieves, S.L., por importe máximo de 6.353.275 ptas. (seis millóns trescentas cincuenta e tres mil duascentas setenta e cinco pesetas).

-Expediente 2/1998 (conxelados e peixe fresco), adxudicatarios e importes:

-Partida I (conxelados): Onda Conxelados, S.A., por importe máximo de 9.857.705 ptas. (nove millóns oitocentas cincuenta e sete mil setecentas cinco pesetas).

-Partida II (peixe fresco): Pescados Guarín, S.L., por importe máximo de 7.347.125 ptas. (sete millóns trescentas corenta e sete mil cento vintecinco pesetas).

-Expediente 3/1998 (subministración de pan e bolería, lácteos e derivados, iogur e varios), adxudicatarios e importes:

-Partida I (pan e bolería): Panadería Confitería Lavandeira, S.L., por importe máximo de 4.258.549 ptas. (catro millóns duascentas cincuenta e oito mil cincocentas corenta e nove pesetas).

-Partida II (lácteos e derivados): Casa Pepe Vigo, S.L., por importe máximo de 4.880.347 ptas. (catro millóns oitocentas oitenta mil trescentas corenta e sete pesetas).

-Partida III (iogures): Danone, S.A., por importe de 400.000 ptas. (catrocentas mil pesetas).

-Partida IV (varios): Casa Pepe Vigo, S.L., por importe máximo de 10.109.920 ptas. (dez millóns cento nove mil novecentas vinte pesetas).

-Expediente 4/1998 (material sanitario e de limpeza e aseo), adxudicatarios e importes:

* Material sanitario:

-Partida I (incontinencia): Laboratorios Unitex-Hartmann, S.A., por importe de 2.858.080 ptas. (dous millóns oitocentas cincuenta e oito mil oitenta pesetas).

-Partida II (aseo): El Corte Inglés, S.A., por importe de 2.664.000 ptas. (dous millóns seiscentas sesenta e catro mil pesetas).

-Partida III (material diverso): El Corte Inglés, S.A., por importe de 3.347.420 ptas. (tres millóns trescentas corenta e sete mil catrocentas vinte pesetas).

-Partida IV (luvas): El Corte Inglés, S.A., por importe de 2.074.000 ptas. (dous millóns setenta e catro mil pesetas).

* Material de limpeza e aseo:

-Partida I (lavalouzas): Irago, S.A., por importe de 922.920 ptas. (novecentas vintedúas mil novecentas vinte pesetas).

-Partida II (productos e utensilios): Darlim, S.A., por importe de 3.525.089 ptas. (tres millóns cincocentas vintecinco mil oitenta e nove pesetas).

-Partida III (bolsas de lixo): Irago, S.A., por importe de 2.786.450 ptas. (dous millóns setecentas oitenta e seis mil catrocentas cincuenta pesetas).

-Partida IV (papel de aseo): Darlim, S.L., por importe de 2.878.934 ptas. (dous millóns oitocentas setenta e oito mil novecentas trinta e catro pesetas).

-Partida V (productos de lavandería): Irago, S.A., por importe de 1.454.230 ptas. (un millón catrocentas cincuenta e catro mil duascentas trinta pesetas).

Vigo, 29 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

6935