Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza na Área de Servicios Sociais de Vigo.

De conformidade co establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do concurso para a contratación do servicio de limpeza que a continuación se relaciona, anunciado no DOG nº 59 do 27 de marzo de 1998:

Área de Servicios Sociais de Vigo: adxudícase á empresa Linorsa, por un importe mensual de 248.240 pesetas (duascentas corenta e oito mil duascentas corenta pesetas).

Vigo, 29 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

6947