Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: servicios de consultoría e asistencia para a realización dunha campaña publicitaria de mentalización sobre a necesidade de protección dos recursos mariños de Galicia.

Adxudicatario: Idea Creatividad y Comunicación, S.L.

Importe: 117.979.952 pesetas.

Obxecto: servicios de consultoría e asistencia para a implantación e actualización do servicio de información pesqueira (SIP).

Adxudicatario: Centro de Servicios Avanzados de Telecomunicaciones de Galicia, S.A.

Importe: 40.000.000 de pesetas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

6936