Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Mariscadores e Pescadores a Flote de la Cofradía de A Pobra do Caramiñal.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 14 horas do día 26 de xuño de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Mariscadores y Pescadores a Flote de la Cofradía de A Pobra do Caramiñal, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local (A Pobra do Caramiñal).

Profesional: poderán pertencer á agrupación os mariscadores e pescadores a flote que se dediquen a esta actividade e figuren inscritos como socios no censo da confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal e estean en posesión da documentación necesaria para desenvolve-la actividade marisqueira a bordo de embarcacións.

Asinan a acta de constitución: Manuel Maneiro Castro e dez persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 26 de xuño de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

6887