Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Regional de Empresas Conservadoras e Instaladoras de Ascensores (ARECIA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos Asociación Regional de Empresas Conservadoras e Instaladoras de Ascensores (ARECIA) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas do sector que libremente o decidan e que se dediquen a súa actividade á fabricación, venda, subministración, instalación, reparación e conservación de aparellos elevadores, para o tratamento dos problemas comúns e a mellor defensa dos seus intereses.

Asinan a acta de constitución: José Luis Lago Bergón e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

7406