Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Protésicos Dentales de la Provincia de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial foron depositados ás 13 horas do día 26 de xuño de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Protésicos Dentales de la Provincia de A Coruña, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: poderán adquiri-la calidade de membros da asociación: a) Aquelas persoas que estean en posesión do correspondente título de formación profesional de segundo grao que lles recoñeza a profesión de protésico dental, conforme o disposto na Lei 10/1986, do 17 de marzo.

b) Os protésicos dentais que acrediten fidedignamente que á entrada en vigor da citada lei viñan realizando este tipo de traballo profesional.

c) Os protésicos dentais con certificado de homologación expedido polas autoridades competentes españolas.

d) Os protésicos dentais estranxeiros, con permiso de resistencia, exercentes dentro do ámbito territorial da asociación e que estean validados e homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia para exerce-la profesión de protésico dental dentro do territorio español.

Asinan a acta de constitución: Julio Anido Oviedo e nove persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 26 de xuño de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

6886