Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: H.R. nº 1.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal H, cuadrícula 147.
Data da concesión: 11-3-1964.
Data de finalización da última prórroga: 15-4-2004.
Anteriores concesionarios: María Sánchez Maneiro (33.182.366) e Antonio Dieste Viturro (15.090.588).
Novos titulares da concesión e batea: Francisco Sanisidro Torrado (33.231.129) e Mª Jesús Batalla Lijó (33.255.170).
Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así
como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 1 de xullo de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña
6885