Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 8.998

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Hispanomoción, S.A. de Ourense para o ano 1998.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Hispanomoción, S.A. (código nº 3200232) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polos delegados de persoal, na xuntanza celebrada o día 11-6-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delgación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 19 de xuño de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Texto do convenio colectivo para a empresa

Hispanomoción, S.A. no seu centro de traballo

de Ourense para o ano 1998

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo afectará a tódolos traballadores da empresa, no seu centro de traballo de Ourense, calquera que sexa a súa condición nela, agás o xerente e o xefe de administración que, por

seren cargos de confianza, acordarán as súas condicións laborais e económicas co consello de administración.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e denuncia.

O presente convenio colectivo entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 1998, para tódolos efectos.

A súa duración será dun ano, contado a partir do día 1 de xaneiro de 1998 e finalizará o 31-12-1998.

Artigo 3º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de corenta horas semanais de traballo efectivo, de acordo coa vixente lei.

O horario de traballo será:

Mañá: de 8.30 a 13.30

Tarde: de 15.30 a 18.30

O persoal de vendas rexerase polo horario que teña establecido o comercio.

Artigo 4º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días ó ano para todos aqueles productores que leven un ano na empresa. Os que non teñan a mencionada antigüidade desfrutarán da parte proporcional que lles corresponda, segundo o artigo 38 do Estatuto dos traballadores.

As vacacións desfrutaranse preferentemente nos meses de verán (xullo e agosto), para o cal se dividirá o cadro de persoal en dúas quendas, de maneira que poidan ser atendidas tódalas seccións de traballo; non obstante, se algún traballador preferise desfrutalas noutra época do ano, poderá facelo avisando con quince días de antelación á data de publicación da lista de vacacións no taboleiro de anuncios da empresa.

A lista de vacacións confeccionarase e exporase no taboleiro de anuncios da empresa, antes do día 30 de maio.

Acórdase conceder 2 días máis ós que as desfruten no primeiro e cuarto trimestre, e un día máis para os que as desfruten no segundo trimestre.

A empresa reserva para si o dereito de poder negociar individualmente o desfrute das vacacións en dous ou máis períodos.

En caso de que o traballador se atope nalgunha situación de ILT antes de empeza-lo desfrute das vacacións, estas posporanse e fixarase un novo período de desfrute.

Artigo 5º.-Licencias retribuídas.

O persoal da empresa terá dereito a licencias retribuídas coa duración que a seguir se relaciona:

En caso de falecemento do cónxuxe: 4 días.

En caso de falecemento de pais, fillos, irmáns consanguíneos ou políticos e cónxuxe: 3 días.

En caso de enfermidade grave e hospitalización dos pais, fillos, irmáns consanguíneos ou políticos e cónxuxe: 3 días.

En caso de nacemento dun fillo: 3 días.

E se fose necesaria unha intervención cirúrxica: 1 día máis.

En caso de matrimonio de fillos ou irmáns consanguíneos ou políticos: 1 día.

E se a voda é nunha cidade distinta á de residencia: 3 días.

En caso de matrimonio do empregado: 15 días.

Por traslado de domicilio do empregado: 1 día máis.

Artigo 6º.-Permisos non retribuídos.

Todo aquel productor cunha antigüidade de, polo menos, dous anos, terá dereito a un permiso de ata 15 días ó ano, que non serán retribuíbles, e será condición indispensable para teren dereito a iso solicitalo cunha semana de antelación á data do permiso.

Artigo 7º.-Excedencias.

O traballador cunha antigüidade de, polo menos, un ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria, por un período de dous anos como mínimo e cinco como máximo.

Cando o traballador se atope na citada situación, será condición indispensable para reincorporarse ó seu posto, que llo comunique á empresa por escrito, cun mes de antelación á data de remate da excedencia.

A empresa estará obrigada a concederlle o ingreso na mesma categoría, exista ou non vacante, de maneira inmediata.

O traballador terá un prazo de quince días contados desde a data de remate da excedencia, para volver a incorporarse ó traballo. A dita incorporación farase con tódolos dereitos de antigüidade, categoría, posto de traballo e demais que tiña no momento de causa-la excedencia voluntaria.

O salario será o mesmo que tería no caso de que estivese traballando durante todo o tempo de excedencia. O dito período de excedencia voluntaria non se computará para efectos de antigüidade.

Artigo 8º.-Permiso de estudios.

No referente ós mencionados permisos haberá que aterse ó disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 9º.-Acción sindical.

Os traballadores terán dereito a poder realizar asembleas no seo da empresa, fóra das horas de traballo, e será condición necesaria comunicarllo á dirección con 24 horas de antelación á data da súa celebración.

A empresa autorizará que ás ditas asembleas asistan representantes das centrais sindicais ás que estivesen afiliados os traballadores.

En canto ás competencias e funcións dos delegados de empresa haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralle a cada traballador das seccións de mecánica, chapa e pintura, dúas fundas ó ano, nos meses de xuño e decembro.

O persoal de recambios, xefes e mestres de taller e recepcionistas, dúas batas ó ano nas mesmas datas.

Artigo 11º.-Axuda escolar.

A empresa aboaralle a cada traballador a cantidade de 518 pesetas (cincocentas dezaoito pesetas) mensuais por cada fillo que teña en idade escolar de 4 a 18 anos durante os meses que dure o curso académico, e a empresa poderá esixir o certificado de estar matriculado no correspondente curso.

Artigo 12º.-Protección da familia.

A empresa aboaralles ós seus traballadores no mes que contraian matrimonio, a cantidade de 9.747 pesetas.

Aqueles traballadores que tivesen un fillo deficiente mental ou incapacitado permanentemente para o traballo, percibirán a cantidade de 7.140 pesetas mensuais por cada fillo que teñan nesta situación.

Polo nacemento de cada fillo, a empresa aboaralle a cantidade de 9.746 pesetas.

Artigo 13º.-Plus de transporte.

Durante a vixencia do presente convenio, a empresa aboaralle a cada traballador, en concepto de plus de transporte, a cantidade de 5.190 pesetas, por cada mes de presencia efectiva no traballo.

Para efectos da percepción deste plus, considéranse como días de presencia efectiva no traballo as licencias retribuídas, os accidentes de traballo e a asistencia a cursos convocados pola empresa.

A empresa reserva para si o dereito a descontar desta cifra as faltas de asistencia que non sexan polos conceptos anteriormente citados.

Artigo 14º.-Aumentos periódicos por antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, incluído o período de aprendizaxe, consistentes no aboamento de trienios na contía do 5% do salario convenio correspondente á categoría na que está clasificado.

Artigo 15º.-Complemento de prestacións de ILT.

Cando, por motivos de enfermidade ou accidente, o persoal pase á situación de incapacidade laboral transitoria, a empresa completará as prestacións obrigatorias ata o importe íntegro das súas retri

bucións e isto durante o tempo que permaneza na dita situación, e será sempre de aplicación o Art. 129 da Lei xeral da Seguridade Social, reformada polo Real decreto lei do 21-7-1992 ou normas que a substitúan.

Artigo 16º.-Gratificacións periódicas fixas.

Tódolos traballadores da empresa teñen dereito a percibi-las seguintes pagas extra:

No mes de marzo: 1 paga.

No mes de xullo: 1 paga.

No mes de decembro: 1 paga.

As ditas pagas serán equivalentes a unha mensualidade integrada polos seguintes conceptos:

Salario, antigüidade e mellora voluntaria.

Artigo 17º.-Axuda por xubilación.

Ó producirse a xubilación dun traballador da empresa, mesmo se esta é voluntaria, recibirá dela o importe de trece mensualidades, iguais cada unha delas á última que o traballador perciba, menos os incentivos.

Artigo 18º.-Axuda por defunción.

No caso de falecemento dun traballador, a empresa queda obrigada a satisfacerlles ós seus habentesdereito o importe de doce mensualidades, iguais cada unha delas á última que o traballador percibise, menos os incentivos.

Artigo 19º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que, por necesidades da empresa e por orde desta, teñan que efectuar desprazamentos ou viaxes a zonas distintas a aquela onde estea o centro de traballo, percibirán as seguintes cantidades:

Axudas de custoDentro da Fóra da

provinciaprovincia

Almorzo 207231

Xantar 2.1382.235

Cea 1.2981.517

Pernoita 1.298

Cando o horario de traballo pase das 22 horas, considerarase axuda de custo completa.

Nos casos nos que o traballador teña que pasa-la noite fóra do seu domicilio, a empresa pagaralle o importe do cuarto e o productor deberá xustifica-lo seu importe mediante a correspondente factura expedida polo hotel.

No caso de desprazamentos prolongados por necesidades da empresa, como asistencia a cursos de formación, fóra da provincia, establécese unha compensación de 1.298 pesetas por cada noite.

Artigo 20º.-Fondo social.

A empresa concederá anualmente a fondo perdido a cantidade de 90.827 pesetas, destinadas a atende-los casos de carácter social relativos ós productores desta.

Co fin de administrar eses fondos, pódese crear unha comisión e, no seu defecto, farao o comité de empresa, pero sendo presidida polo director ou apoderado. O que sobre de cada ano acumularase ás cantidades de anos sucesivos.

Artigo 21º.-Caixa de anticipos.

Créase un fondo de anticipos de 1.621.945 pesetas destinadas a atende-las necesidades dos traballadores da empresa. Cada traballador poderá solicitar, por conta deste fondo, ata un máximo de catro mensualidades do seu salario fixo. A dirección da empresa e os delegados de persoal concederán ou rexeitarán estes anticipos, que deberán ser solicitados por escrito e debidamente xustificados, con base nas necesidades urxentes e reais dos traballadores.

Os préstamos non serán gravados por xuros de ningún tipo e serán reintegrados mes a mes, nun tempo máximo de 12 meses, que poderá excepcionalmente ser prorrogado a 6 meses máis.

Non pode concederse un anticipo sen estar totalmente cancelado outro anterior.

Artigo 22º.-Traballadores con capacidade diminuída.

Cando un traballador quedase diminuído das súas capacidades físicas a consecuencia de enfermidade ou accidente, a empresa queda obrigada a buscarlle un posto nela, de acordo coas súas posibilidades, e respectarase o salario que tivese no momento de pasar á dita situación e conservará o dereito ós aumentos que afectan a categoría que tivese no momento de producirse o feito determinante da diminución da súa capacidade.

Para o persoal de vendas, dadas as especiais características do seu salario, computaránselles tódolos ingresos percibidos nos últimos doce meses e dividiranse por doce, sendo a cantidade restante o salario mensual.

Artigo 23º.-Seguro de vida.

A empresa obrígase a mante-lo seguro de vida xa estipulado e actualmente en vigor, en beneficio dos seus empregados, para os casos de morte ou invalidez. A empresa informará tódolos anos do persoal asegurado e do capital das pólizas.

Artigo 24º.-Ascensos.

Cando se produza unha vacante en calquera da categorías que nese momento existan, as ditas vacantes serán cubertas por un traballador da empresa, da categoría inmediatamente inferior, logo de informe de cada xefe de departamento. Para este fin créase unha comisión constituída a partes iguais pola empresa e a representación social, para determina-los merecementos de cada traballador.

Os auxiliares administrativos que leven máis de cinco anos na súa respectiva categoría deberán ser ascendidos a oficiais administrativos, se existen tales vacantes; de non ser así, asignaráselle-lo soldo correspondente á dita categoría.

Artigo 25º.-Cláusula de non absorción.

Convense expresamente a non absorción da cantidade que perciban os traballadores actualmente en concepto de mellora voluntaria.

Artigo 26º.-Táboas salariais.

As táboas salariais que rexerán durante a vixencia do presente convenio serán, para cada categoría laboral, as que se acompañan no anexo.

Artigo 27º.-Salario convenio.

O salario convenio das distintas categorías que figura nas táboas salariais do anexo foi incrementado nun 2,3% sobre o salario do ano anterior.

Artigo 28º.-Cursos de capacitación.

O tempo empregado polo persoal de taller en cursos de capacitación recomendados pola empresa, será considerado, para efectos de incentivos, como tempo real traballado, e aplicaráselle a media de productividade conseguida o resto do mes.

Artigo 29º.-Horas extraordinarias.

As horas que excedan do cómputo global determinado no artigo 3º deste convenio terán a consideración de extraordinarias, e pagaranse consonte o valor actual.

Segundo Real decreto 1/1985, do 5 de xaneiro, sobre cotización á Seguridade Social, enténdense por estructurais as horas extraordinarias necesarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas na actual lexislación laboral.

Artigo 30º.-Sistema de incentivos.

Establecerase un sistema de incentivos que a empresa lle dará a coñecer á representación social, reservando para si o dereito á súa modificación cando as condicións do mercado o aconsellen, e sempre segundo o estipulado nos artigos 64 e 41 do Real decreto do 24 de marzo de 1995, que publica o Estatuto dos traballadores.

En vacacións aboaranse os incentivos como se estivese traballando. Para determina-lo importe que cobrará o persoal de servicio calcularase a media dos tres meses anteriores.

Quedará exento desta cláusula o persoal do departamento de vehículos novos e de ocasión.

Artigo 31º.-Cesamento por matrimonio.

O persoal que preste servicios na empresa e, con motivo de contraer matrimonio, cesa nese momento nesta, terá dereito a un dote equivalente ó importe de tantas mensualidades de soldo convenio máis antigüidade como anos de servicio teña na empresa, sen que o dito importe poida exceder de oito mensualidades.

Artigo 32º.-Xubilación.

Acórdase a xubilación obrigatoria sempre que se cumpran os seguintes requisitos e compensacións:

A) Que o traballador teña 65 anos.

B) Se, ó cumpri-los 65 anos, non lle correspondese como pensión o 100% da base reguladora estipulada, poderá continuar traballando o tempo necesario ata acadar esa porcentaxe.

Artigo 33º.-Cláusula derradeira.

Para todo o non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación complementaria sobre esta materia.

Artigo 34º.-Comisión paritaria.

Para estes efectos queda constituída a comisión paritaria, formada polos delegados de persoal e igual número de representación empresarial.

Por parte da representación social:

María del Carmen Feijoo Merino.

Eladio Prada Novoa.

José López Figueiras.

Por parte da empresa:

Octavio Almendros Sánchez.

Antonio Dávila Núñez.

Táboas salariais ano 1998

CategoríasSalario

Director123.472

Xefe de administración113.011

Xefe de vendas104.162

Xefe de servicio104.162

Xefe de recambios102.645

Xefe de sección98.824

Mestre de taller96.595

Oficial de 1ª xefe de equipo94.959

Oficial de 1ª taller92.057

Oficial de 2ª taller90.552

Oficial de 3ª taller88.961

Oficial administrativo95.092

Caixeiro95.092

Auxiliar administrativo88.961

Delegado de vendas92.057

Dependente maior de almacén92.057

Axudante dependente almacén88.961

Contratos

de aprendizaxe

Porcentaxe

1º ano70% de 68.04047.628

2º ano80% de 68.04054.432

3º ano90% de 68.04061.236

Contratos

de prácticas

Porcentaxe

1º ano60%

2º ano70%

Esta porcentaxe será aplicada sobre o salario convenio da categoría laboral do posto que desempeñe o traballador en prácticas.

6210