Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.002

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-6-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social por unha delegación sindical de CC.OO, con data do 11-3-1993, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1932, do 24 de xullo sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servico de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de xuño de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio Colectivo 1998

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo terá aplicación no centro de traballo de Hasenosa do polígono industrial das Gándaras de Budiño.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará á totalidade do persoal existente no momento da sinatura no centro de traballo aludido no artigo anterior, así como ós que posteriormente se incorporen ós respectivos cadros de

persoal. O persoal directivo queda excluído da aplicación do convenio.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura, sen prexuízo de que as condicións económicas se apliquen desde o día 1 de xaneiro de 1998. Terá vixencia dun ano e finalizará a 31 de decembro de 1998. Este convenio quedará automaticamente denunciado tres meses antes do seu vencemento; non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que a substitúa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas e retroacivas desde o 1 de xaneiro de 1998, respectándose as condicións máis beneficiosas en cómputo anual que na actualidade estean como dereitos adquiridos ad personam.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por dous membros de cada unha das partes social e económica.

Artigo 6º.-Clasificación.

O persoal que preste os seus servicios neste centro de traballo e estea afectado polo presente convenio clasificarase, segundo a súa permanencia e de acordo co seu contrato, en fixos ou eventuais.

Artigo 7º.-Horario de traballo.

Acórdase que a xornada laboral será de 1.800 horas anuais, para este e sucesivos convenios. A dita xornada adaptarase ó calendario laboral de común acordo entre a empresa e os traballadores. O persoal de xornada partida terá o dereito a desfrutar de xornada intensiva durante a temporada de verán que comprende desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, desde as 7 horas ata as 15 horas.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa empregará o persoal cunha capacidade física ou intelectual diminuída pola idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, no caso de que existan outros postos. Igual criterio se seguirá con quen se atope en situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 9º.-Vacacións.

O persoal desfrutará de 22 días laborables de vacacións ó ano ou da parte proporcional ó tempo traballado.

Será obrigatorio por parte da empresa da-las vacacións en dous períodos anuais como máximo e por preferencia entre os traballadores con cargas familiares e con máis antigüidade. Comprendidas estas entre os meses de xuño a setembro. Ningún traballador se verá obrigado a desfruta-las súas vaca

cións mentres estea en situación de baixa. Pola contra, a baixa ocorrida en período vacacional non interromperá o desfrute destas.

As datas das vacacións poranse en coñecemento do traballador polo menos con dous meses de anticipación ó seu desfrute.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

Concederánselles ós traballadores do presente convenio que así o soliciten, as licencias nos casos seguintes sen perda de retribución:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Enfermidade grave de familiares de primeiro grao ou hospitalización con intervención cirúrxica: 3 días se é dentro da provincia e 5 se sucedese fóra dela. Esta licencia poderá continuarse sen dereito a remuneración e logo do certificado médico.

c) Nacemento dun fillo: 3 días naturais.

d) Morte do cónxuxe, ascendentes ou descendentes: 5 días naturais.

e) Morte de familiares políticos do mesmo grao, tendo como límite os supostos de avós e netos: 2 días naturais se o falecemento se produce dentro da provincia; se se produce fóra: 3 días naturais.

f) O cumprimento dun deber público inescusable, disposto polas leis e disposicións vixentes: o tempo indispensable.

g) Cambio de domicilio: 2 días naturais.

h) Matrimonio de fillo, sempre que se celebre en día laborable: 1 día natural.

i) As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral nunha hora coa mesma finalidade, que deberá producirse ben ó comezo ou ben ó final da xornada laboral.

j) Cando haxa que acudir a probas de recoñecemento médico en centros sanitarios: o tempo necesario, logo da xustificación médica. Para consultas médicas: 4 horas para todo o persoal, sempre e cando se reintegren ó posto de traballo o resto da xornada.

k) En ningún caso o tempo concedido en concepto de licencia poderá ser descontado do período de vacacións que lle corresponda ó traballador.

As licencias concedidas ós representantes sindicais serán aboadas ó 100% das súas retribucións, considerando a media dos últimos 30 días. Para o resto das licencias aboaranse tódolos conceptos salariais fixos, con excepción dos complementos salariais por cantidadade ou calidade de traballo.

Artigo 11º.-Excedencias.

Todo o persoal terá dereito á situación de excedencia de acordo coas normas reguladas polo Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Salarios.

Serán os que para cada categoría se fixen na táboa anexa. No recibo mensual de salarios figurarán debidamente detallados os importes seguintes: salario base, plus de convenio, plus de transporte, antigüidade, horas extras e plan de pensións.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade establécese por quinquenios de contía de 7% do salario base do convenio vixente en cada momento (no concepto de salario non se inclúe o plus de transporte). Cada quinquenio farase efectivo a partir do primeiro de xaneiro do ano no que se devengue.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria, ou en virtude de acordo entre traballador e empresa, compensaranse por tempo equivalente de descanso retribuído.

As horas extraordinarias realizadas de noite ou en días non laborables remuneraranse incrementado o valor da hora ordinaria nun 50%.

En calquera caso, as horas extraordinarias feitas por motivo de avaría remuneraranse en tódalas circunstancias co valor da hora ordinaria. Na sección de mantemento tódalas horas extraordinarias realizadas de noite ou en días non laborables, incluídas as realizadas por motivos de avaría, remuneraranse incrementando a hora ordinaria nun 25%.

Artigo 15º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá dereito a catro pagas extraordinarias consistentes nunha mensualidade de salario, máis plus de convenio e antigüidade. Todo traballador con contrato fixo ou indefinido poderá solicita-lo anticipo das pagas extras correspondentes a dous anos como máximo, sempre que sexa por causa xustificada, entendéndose esta como a adquisición ou reforma de vivenda, compra de vehículo e enfermidade grave. A empresa comprométese a atender esta solicitude sempre que a súa situación económico-financeira llo permita e cun máximo de cinco solicitudes anuais.

Artigo 16º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores percibirán un plus de transporte na contía de 5.000 ptas. mensuais. A todo o persoal que resida a máis de 12 km da situación da empresa incrementáraselle o plus de transporte en 9.000 ptas./mes.

Artigo 17º.-Carga e descarga.

A carga, descarga e estiba dos trigos, fariñas, sémolas e subproductos, sempre que os vultos superen os 50 kg netos de peso unitario, será realizada por dous homes.

Na descarga de camións, cando a distancia entre estes e o almacén da panadería supere os 20 m

poñerase á disposición dos traballadores unha carreta ou vehículo similar para facilita-la dita operación.

Artigo 18º.-Premio de xubilación.

Se ó producirse a xubilación o traballador acreditase unha antigüidade superior a 20 anos, percibirá unha paga consistente na cantidade de tres mensualidades. Considérase xubilación aquela obtida ó cumpri-la idade, segundo a lei vixente, ou a xubilación antipada, por calquera motivo.

Artigo 19º.-Complemento por accidentes de traballo.

Cando o persoal da empresa sufra un accidente de traballo terá un complemento do 100% do salario real, é dicir, percibirá o mesmo salario que se estivese traballando. Con referencia á ILT debida a enfermidade, tamén se percibirá o 100% do salario, excluído o plus de transporte.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes con cobertura 24 horas/día.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, mediante a concertación dunha póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, a empresa garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións:

a) Por morte do traballador: os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que este designase, percibirá a cantidade de 10.000.000 de ptas.

b) Por invalidez permanente total e invalidez absoluta: o traballador percibirá a cantidade de 10.000.000 de ptas.

c) Por gran invalidez percibirá a cantidade de 10.000.000 de ptas.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador en incapacidade permanente absoluta e que, como consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

Este seguro cubrirá tanto os traballadores fixos como os que estean por contratos eventuais, sempre que este contrato sexa por período mínimo dun ano.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros; a copia oficial seralle entregada ó comité de empresa ou representante sindical.

Artigo 21º.-Aumento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 1998 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa salarial anexa, que supuxeron un aumento salarial do 0% e un incremento lineal para tódalas categorías de 6.000 ptas., das cales o traballador achegará 2.000 ptas. para cubri-la súa achega ó plan de pensións.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Igual que para todo o persoal de xornada partida, cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada habitual de traballo, por un tempo de catro ou máis horas ó día, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 1.900 ptas. por día e traballador.

Artigo 23º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

A empresa respectará as garantías dos representantes dos traballadores, de acordo, en todo momento, coas normas que para tal efecto contén o Estatuto dos traballadores. Nos casos de despedimento por causas tecnolóxicas, organizativas ou de producción, o representante sindical terá unha garantía de permanecer na empresa sen afectarlle ningunha destas causas. Esta garantía prolongarase durante os dous anos seguintes ó cesamento no cargo.

Artigo 24º.-Quenda de noite.

Considérase quenda de noite a realizada entre as dez da noite e as seis da mañá. As horas nocturnas remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria.

Artigo 25º.-Degradación profesional.

Todo aquel traballador que teña unha categoría profesional recoñecida non poderá ser degradado con respecto á súa categoría, afectando á súa dignidade profesional.

A limpeza dos postos de traballo será efectuada polos seus correspondentes operarios e a xeral da fábrica, como ata agora, polo persoal da fábrica no día da semana que se designe e sempre dentro do cómputo do horario semanal.

Artigo 26º.-Revisión de categorías profesionais.

Os ascensos produciranse sempre de acordo coa empresa e os representantes dos traballadores, tendo en conta a formación, méritos e antigüidade destes, así como as facultades organizativas do empresario.

Sempre que un traballador realice funcións superiores a súa categoría recoñecida, por un período superior a seis meses, o traballador terá dereito a reclama-lo ascenso correspondente á función superior desempeñada.

O dito no parágrafo anterior non será de aplicación no caso de suplencia por baixa de enfermidade, accidente ou vacacións.

Hasenosa organizará cursos de formación de perfeccionamento profesional en función das necesidades creadas pola evolución da tecnoloxía e técnicas de xestión, así como cursos específicos de seguridade, prevención de riscos, ambiente e primeiros auxilios.

Os cursos organizaranse, sempre que as necesidades da empresa o permitan, dentro da xornada de traballo ou, no seu defecto, noutras horas pero co desconto naquela de tempo investido nela, sempre que a asistencia ó curso sexa de interese e por iniciativa da empresa. En tódolos demáis casos, entenderase que a asistencia ó curso é voluntaria por parte do traballador, non procedendo ningún tipo de desconto.

O delegado de persoal participará na elaboración dos plans de formación en tódolas etapas do seu desenvolvemento.

Artigo 27º.-Seguridade e saúde laboral.

A empresa comprométese a poñer en marcha no presente ano de 1998 as obrigas establecidas na Lei de prevención de riscos laborais con data do 8-11-1995 no relativo ó contido dos artigos 3 e 4 sobre plan e programa de actuación preventiva e avaliación de riscos, plan de emerxencia, información e formación dos traballadores e vixilancia da sáude destes na realización dos riscos.

De acordo co contido da lei, a empresa asinaralle ó delegado de persoal, as funcións correpondentes ó delegado de prevención e así mesmo designará un traballador para que se ocupe da xestión da prevención.

As medidas protectoras serán de uso obrigatorio para tódolos traballadores desta sección.

Artigo 28º.-Bolsa de estudios.

A empresa subvencionará, a tódolos traballadores con contrato fixo-indefinido ou eventual de máis dun ano, cunha cantidade de 20.000 ptas. por fillo menor de idade que acredite estar matriculado en calquera centro de ensino, oficial ou privado debidamente recoñecido. A dita cantidade seralle aboada ó traballador o 31 de agosto de cada ano.

Artigo 29º.-Plan de pensión.

A empresa comprométese a constituír un fondo de pensións durante o presente exercicio de 1998 co obxectivo de crear un sistema de previsión social complementario. As achegas, por contía de 5.000 ptas./mes por traballador, faranse de acordo coa seguinte porcentaxe: 60% a empresa, 40% o traballador.

Estas cantidades incrementaranse anualmente nun 3%. As demais condicións do plan serán obxecto dun protocolo especial que se anexionará ó presente convenio. A empresa e os traballadores comprométense para o vindeiro exercicio de 1999 completa-las

achegas ó fondo de pensións ata a contía de 10.000 ptas./mes, respectando as porcentaxes anteriormente expresadas.

Artigo 30º.-Traballadores pertencentes a empresas de traballo temporal.

Para aqueles empregados que traballen por conta de empresas de traballo temporal por un período de tempo continuado superior a dezaoito meses, demostrando así a súa capacidade e necesidade, Hasenosa considerará a posibilidade de modificárlle-la súa relación contractual elixindo o tipo de contrato que coide máis oportuno.

Artigo 31º.-Infraccións e sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa gradación de faltas e sancións que se expón a continuación.

a) Gradación de faltas.

As faltas cometidas polo traballador serán cualificadas, segundo a sua importancia, trascendencia e intención en leves, graves e moi graves.

b) Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as accións ou omisións seguintes:

-Pequenos descoidos na conservación do material e utensilios.

-O abandono do posto de traballo sen causa xustificada e sen notificación ó inmediato superior, mesmo cando sexa por breve tempo. Se o dito abandono implicase risco de prexuízo de consideración á empresa ou de accidente ou constituíse un quebranto da disciplina, poderá ser considerada como grave ou moi grave.

-Non asistir ós recoñecementos médicos anuais, ou a aqueloutros para os que fose requirido polo servicio médico como consecuencia de incapacidade temporal.

c) Faltas graves.

-A imprudencia no traballo. Se implicase risco de accidente para as persoas ou as intalacións, poderá cualificarse de moi grave.

-A embriaguez o u toxicomanía ocasional durante o traballo. Se diso se derivase perigo para as persoas ou para as instalacións, poderá cualificarse como moi grave.

-A reincidencia en faltas leves, dentro dos tres meses seguintes á sanción anterior.

d) Faltas moi graves.

-A embriaguez habitual ou toxiciomanía no traballo.

-Causar accidente grave por neglixencia ou imprudencia, incumprindo as normas establecidas para a seguridade laboral.

-A reincidencia en falta grave, sempre que se cometa nos doce meses seguintes de ter sido sancionado pola anterior.

-Ordena-la realización de traballos ou tarefas en forma tal que implieque a vulneración dos procedementos escritos con risco grave para as persoas or para as intalacións.

e) Sancións.

As sancións que poderá impoñe-la dirección, atendendo á gravidade da falta e segundo as circustancias que concorran en cada caso, sera as seguintes:

Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a dous días.

Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a vinte días.

Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a sesenta días.

-Despedimento disciplinario nos supostos en que a falta se cualifique en grao máximo.

f) Procedemento.

-A sanción das faltas requirirá a comunicación escrita e motivada ó traballador.

-A sanción de faltas moi graves requirirá a previa instrucción dun procedemento contradictorio suma

rio, con audiencia do traballador afectado e dos representantes dos traballadores, tendo este último quince días naturais para emitir informe previo á imposición da sanción.

-Durante a substanciación do expediente disciplinario aludido no apartado anterior, a dirección da empresa poderá acorda-la medida cautelar de suspensión de emprego.

-A dirección da empresa informará o representante dos traballadores sobre as sancións impostas por faltas graves e moi graves.

g) Prescrición.

As faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte días, e as moi graves ós sesenta días, contados a partir da data en que a dirección da empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Cláusula adicional.

O presente convenio está subscrito pola comisión negociadora, formada:

a) Por parte da empresa: Roberto Pérez Suárez, presidente do Consello de Administración e Antonio Valcarce Ávila, director xerente.

b) Pola representación social: Jesús Matilde Valladares, Manuel Fernández Outerelo e Antonio González Malvido.

Pola parte social

Rubricado

Pola empresa

Rubricado

Táboa salarial convenio ano 1998

Plus trans. mes

CategoríasTotal

ano 1998

Soldo base

mes 1998

DistanciaDist.> 12 KmPlus convenio

mes 1998

Titulados

Grao superior e asimilados3.944.042 68.0405.0009.000167.963
Grao medio e asimilados2.851.95168.0405.0009.00099.707
Grao superior en prácticas2.125.43268.0405.0009.00054.300
Grao medio en prácticas1.584.01568.0405.0009.00020.461

Administración

Xefe administrativo4.491.93868.0405.0009.000202.206
Oficial primeira3.199.93968.0405.0009.000121.456
Oficial segunda2.687.21268.0405.0009.00089.411
Oficial terceira2.290.17168.0405.0009.00064.596
Secretaria2.370.69068.0405.0009.00069.628
Auxiliar primeira2.102.29568.0405.0009.00052.853
Auxiliar segunda1.932.00368.0405.0009.00042.210
Telefonista1.645.09868.0405.0009.00024.279
Aspirantes/bolseiros1.584.01568.0405.0009.00020.461

Factoría

Encargado xeral4.430.85668.0405.0009.000198.398
Especialistas3.251.76868.0405.0009.000124.696
Encargado de sección2.838.99466.0405.0009.00098.897
Oficial primeira2.562.73268.0405.0009.00081.631
Oficial segunda2.428.27668.0405.0009.00073.227
Oficial terceira2.290.17168.0405.0009.00064.596
Operario2.167.08168.0405.0009.00056.903
Peón1.856.59468.0405.0009.00037.497

Plus trans. mes

CategoríasTotal

ano 1998

Soldo base

mes 1998

DistanciaDist.> 12 KmPlus convenio

mes 1998

Mozo1.584.01568.0405.0009.00020.461
Aprendiz1.565.50568.0405.0009.00019.304

Mantemento

Xefe mantemento3.518.31168.0405.0009.000141.354
Oficial primeira mantemento3.314.70268.0405.0009.000128.629
Oficial primeira mecánico/eléctrico3.185.13168.0405.0009.000120.531
Oficial segunda mecánico/eléctrico2.826.03768.0405.0009.00098.087
Oficial terceiro mecánico/eléctrico2.148.57068.0405.0009.00055.746
Aspirante mecánico1.548.01568.0405.0009.00020.461

Laboratorio

Xefe laboratorio3.934.78768.0405.0009.000167.384
Xefe equipo3.518.31168.0405.0009.000141.354
Oficial primeira laboratorio3.333.87668.0405.0009.000129.827
Oficial segunda laboratorio3.065.32068.0405.0009.000113.043
Oficial terceira laboratorio2.821.56568.0405.0009.00097.808
Axudante primeira laboratorio2.600.21468.0405.0009.00083.973
Axudante segunda laboratorio1.978.27868.0405.0009.00045.102
Axudante terceira laboratorio1.768.33468.0405.0009.00031.981
Aspirante/bolseiro1.584.01568.0405.0009.00020.461

Comercial

Director comercial4.665.93268.0405.0009.000213.081
Xefe ventas3.571.99068.0405.0009.000144.709
Especialista en mercadotecnia3.532.77268.0405.0009.000142.258
Vendedor2.622.42768.0405.0009.00085.362

6815