Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 8.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de xullo de 1998 pola que se convocan e aproban as bases que rexen a convocatoria de bolsas de formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior.

A formación de especialistas no campo da investigación mariña e os cultivos é unha necesidade que se manifesta neste momento de forma máis aguda no campo de cadros de persoal intermedio, polo que é a este punto a onde se deben dirixir de forma preferente as actuacións de formación de persoal no ámbito do programa galego de IDT.

Polo exposto esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Con cargo á aplicación orzamentaria 012.004.432.A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, convócanse seis (6) bolsas para formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior que se realizarán nos centros dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A concesión destas axudas rexerase polas bases do anexo I a esta orde.

Artigo 2º.-O importe global máximo que acadará a axuda é de seis millóns duascentas sesenta e catro mil (6.264.000) pesetas, das que serán deducidas as correspondentes retencións fiscais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Formación Pesqueira e Investigación para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo 1998.

P.D. (17-12-1997 DOG nº 246 do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

Bases

Primeira.-Obxecto e dotación.

-O obxecto da presente convocatoria é a concesión de seis (6) bolsas ou axudas económicas dun ano de duración prorrogable por outro, para completa-la formación de:

* Técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao, das seguintes especialidades:

** Rama química: especialidade de análise e procesos básicos ou especialidade de química de laboratorio.

** Rama sanitaria: especialidade de anatomía patolóxica.

** Rama marítimo-pesqueira: especialidade de cultivos mariños.

** Técnicos superiores en producción acuícola.

-A contía das bolsas será de novecentas mil (900.000) pesetas aboables en doce mensualidades de setenta e cinco mil pesetas (75.000) cada unha nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

Trala solicitude do bolseiro e logo do informe favorable da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación e en función das dispoñibilidades orzamentarias, esta contía poderá ser incrementada ata un máximo de cento corenta e catro mil (144.000) pesetas, para actividades de formación dentro do programa da bolsa sempre que o titor considere necesaria a súa asistencia.

Segunda.-Carácter da bolsa.

Dado o seu carácter formativo e de especialización, a concesión destas bolsas non implica relación laboral ou administrativa entre o beneficiario e a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, aínda que si a necesaria e natural coordinación co horario, normas e disciplina do departamento ou centro de investigación onde realiza a súa formación; nin dará lugar a súa inclusión na Seguridade Social, se ben quedará incluído nunha póliza colectiva de seguro de accidentes durante o período desta concesión.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. É incompatible o desfrute da bolsa coa percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai

realizar (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender técnicas de manexo de aparellos ou en relación con eles).

Terceira.-Condicións xerais.

Para optar a estas bolsas é necesario:

1) Ser galego maior de idade.

2) Posuí-la titulación requirida na data da solicitude.

3) Non estar obrigado a realiza-lo servicio militar ou prestación social substitutoria durante o período de desfrute da bolsa.

Cuarta.- Centros de realización.

As bolsas serán de realización nos centros seguintes:

Nº de Bolsas Titulacións

Centro de

Experimentación

en Acuicultura

Couso, Ribeira

(A Coruña) 1 (Técnico Superior

Producción acuícola)

Centro de

Investigacións

Mariñas

Pedras de Corón, s/n

Vilanova de Arousa

(Pontevedra) 4 2 Rama sanitaria:

anatomía patolóxica

1 Rama química

1 Rama química ou

técnico superior

Producción acuícola.

Centro de Cultivos

Mariños

Ribadeo (Lugo) 1 En calquera das

sinaladas na

base 1º

Os bolseiros están obrigados a incorporarse ós centros de realización na data que se lles indique no documento de aceptación da bolsa.

Quinta.-Documentación e trámites

1. A solicitude destas bolsas farase mediante escrito dirixido ó conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, segundo o modelo normalizado do anexo II, xunto cos seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade

b) Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

c) Certificación académica completa (orixinal ou fotocopia compulsada) e fotocopia compulsada do título correspondente, ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

d) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o solicitante considere de interese en relación coa bolsa.

2. A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

4. A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e publicará unha resolución nos taboleiros de anuncios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e das súas delegacións coa lista de admitidos e excluídos, indicando, se é o caso, as causas de exclusión. Contra a dita resolución poderán os interesados formular reclamación para emendar erros e falta de documentos, perante a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación no prazo de 10 días a partires da publicación da resolución, e achegarán, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

Sexta.-Outorgamento da bolsa.

1. As bolsas serán adxudicadas polo conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por proposta da comisión de selección.

2. A comisión de selección constará de cinco membros: un presidente que será o director xeral de Formación Pesqueira e Investigación, e catro vocais, dous designados pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e outros dous designados pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

3. Na fase de selección teranse en conta os seguintes criterios de valoración:

a) Expediente académico: puntuación máxima 6 puntos.

b) Proximidade temporal á obtención do título profesional: puntuación máxima 1 punto.

Os títulos obtidos con anterioridade a 1995 quedan excluídos da convocatoria.

c) Outros méritos: puntuación máxima 3 puntos.

Só se valorarán os méritos acreditados documentalmente.

Tendo en conta o espírito de formación destas bolsas, non se adxudicarán estas a aqueles candidatos que aínda tendo boa puntuación (se gundo o baremo), a comisión considere que xa están formados, ben por ter desfrutado unha bolsa de características similares, ou por teren experiencia profesional.

4. Efectuada a selección pola comisión de selección, a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncios publicados nos taboleiros de anuncios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e das súas delegacións.

Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de 10 días. Transcorrido o dito prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva ó conselleiro para que resolva.

5. A resolución da convocatoria farase por orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura que se publicará no Diario Oficial de Galicia, e poñerá fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109.c da Lei 30/1992.

6. Se transcorridos 10 días desde a publicación da resolución de adxudicación no Diario Oficial de Galicia, os bolseiros non formalizasen a adscrición, perderán a bolsa e procederase a cubri-las vacantes cos suplentes nomeados.

7. As solicitudes entenderanse desestimadas se nun prazo de tres meses, a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes, non se dictou resolución.

Sétima.-Pagamento e efectividade.

1. Incorporado ó lugar de realización da bolsa, e tras ser notificada esta polo responsable do proxecto ó que se incorpore o bolseiro, procederase ó pagamento da cantidade mensual fixada na base unha, con efecto a mes vencido.

A ausencia inxustificada, o baixo interese e rendemento, o non cumprimento das normas de réxime interno, así como a non realización dos traballos propostos, serán causa de perda da bolsa.

2. Antes do pagamento da ultima mensualidade, o bolseiro fará entrega dun informe por escrito sobre os traballos desenvolvidos no período de formación, ó que se xuntará o informe do director do proxecto. O incumprimento deste requisito dará lugar á perda desta mensualidade.

Oitava.-Renuncia á bolsa concedida.

No caso de renuncia á bolsa concedida, o bolseiro presentará a correspondente solicitude fundamentada, podéndose cubri-la vacante producida polo período de desfrute restante co candidato suplente nomeado, seguindo a orde de puntuación obtido.

Novena.-Condicións da prórroga.

Transcorrido un ano e logo de informe favorable da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, e sempre que exista partida orzamentaria, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por solicitude do bolseiro, poderá acorda-la prórroga por un ano da bolsa que tiña concedida, nas mesmas condicións nas que se lle concedeu a orixinaria.

7099