Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 8.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se modifican as condicións de inclusión no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994 e se aproba o proxecto de execución dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Enerlasa, S.A., no concello de Caldas de Reis, (Pontevedra); expediente 96/68.

Visto o escrito presentado pola empresa Enerlasa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en Saiar-Soutelo, Caldas de Reis (Pontevedra), no que solicita a autorización administrativa, a modificación das condicións de inclusión no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994 e a aprobación do proxecto de execución dunha planta de coxeración que se vai instalar no concello de Caldas de Reis, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 11 de decembro de 1996, incluíuse no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, dictada en desenvolvemento da Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía, unha planta de coxeración de enerxía eléctrica de 3.106 kW prevista pola empresa Enerlasa, S.A.

Segundo.-As características básicas definitivas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Dous motores de combustión interna alternativos alimentados por gas natural, de 1.696 kWE cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 2.250 kVA c/u, tensión de xeración 690 V.

-Dous transformadores elevadores de 2,25 MVA, r/t 690V/20.500 V.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calor, de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra dictou Resolución do 4 de marzo de 1998 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 1-4-1998 e no BOP de Pontevedra do 16-4-1998 sin que se pre

sentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Cuarto.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e cumpre coas exixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de derecho.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizalle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Enerlasa, S.A., que se situará nas súas instalacións do termo municipal de Caldas de Reis, na provincia de Pontevedra.

-Modifica-la inclusión da citada planta no réxime especial de producción de enerxía eléctrica establecido polo R.D. 2366/1994, de acordo coas condicións establecidas no proxecto definitivo.

-Aproba-lo proxecto de execución da referida instalación.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7100