O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo,
establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Por outra parte, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, no seu artigo 1 establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.
Presentada solicitude de inclusión no Rexistro de Escolas de Música pola Asociación Cultural Banda de Música de Visantoña (Santiso), os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993. Na súa virtude,
DISPOÑO:
Primeiro.-A escola da que se sinalan os datos no anexo a esta orde, queda incluída no Rexistro de Escolas de Música.
Segundo.-A escola de música citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música e danza segundo establece a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Denominación específica: escola de música de Visantoña.
Titular: Asociación Cultural Banda de Música de Visantoña.
Domicilio: Gandareira s/n.
Localidade: Visantoña.
Concello: 15808 Santiso.
Provincia: A Coruña.
6763