Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.839

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (62/1997).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, dou fe de que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 62/1997, se segue xuízo de separación conxugal no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

«Sentencia.-Na vila de Noia, o vintenove de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Ana María Lorenzo Carou, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, os presentes autos de separación, seguidos neste xulgado baixo o número 62/1997 por instancia de Araceli Pouso Romero, representada polo procurador Ramón Calvo Pérez e defendida polo letrado José Ramón Gil López, contra José Antonio Ríos Bravo, en situación procesual de rebeldía, sendo parte no presente procedemento o Ministerio Fiscal e concorrendo os seguintes,

Decido: que, estimando a demanda interposta polo procurador Ramón Calvo Pérez, no nome e representación de Araceli Pouso Romero, contra José Antonio Ríos Bravo, debo declarar e declaro a sepa

ración dos cónxuxes, acordando as seguintes medidas:

1. A separación provisional dos cónxuxes.

2. Fíxase como pensión alimenticia que deberá aboa-lo marido mensualmente e dentro dos cinco primeiros días do mes, a do 20% dos ingresos que por calquera concepto perciba o demandado.

3. A garda e custodia da filla menor, Vanessa Ríos Pouso, corresponderá á nai, sendo a patria potestade compartida por ámbolos cónxuxes, sen fixar réxime de visitas en atención á súa idade.

4. Atribúeselles ás fillas e esposa o uso e desfrute do fogar conxugal, podendo o marido retira-los útiles de uso persoal.

Cada parte pagará as súas custas e as comúns pola metade.

Notifíqueselle a presente resolución ó demandado rebelde nalgunha das formas previstas no artigo 769 da LAC e á parte demandante, facéndose saber que contra ela se poderá interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentencia para ante este xulgado e que resolverá la Audiencia Provincial da Coruña.

Así, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan, expido, asino e selo o presente edicto en Noia, o un de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

7273