Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e do comité intercentros do persoal laboral, sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o ano 1998 para o persoal transferido do Inem polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 10 de xullo de 1998.

Visto o texto do acordo do 2 de xullo de 1998 para o persoal transferido do Inem polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, subscrito entre a Administración autonómica e a organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión da Concesión das axudas de acción social do ano 1998, e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 10 de xullo de 1998, sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio do ano 1998, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro correspondente desta dirección.

Segundo.-Remitirlle o texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo, para o seu depósito.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acordo sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio de 1998

En Santiago de Compostela, 2 de xullo de mil novecentos noventa e oito, os representantes da Administración e a organización sindical CIG representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión de Reparto das axudas de acción social do ano 1998, adoptan os seguintes acordos:

Criterios de reparto do fondo de accion social para o exercicio do ano 1998

En aplicación do orzamento da Xunta de Galicia para o ano 1998, destínase na partida orzamentaria

04-09-121A-164.00 a cantidade de 18.126.637 ptas. (dezaoito millóns cento vinteseis mil seiscentas trinta e sete pesetas) para axudas de acción social do persoal transferido polo R.D. 1375/1997, do 29 de agosto, e R.D. 232/1998, do 16 de febreiro.

Normas xerais:

1. Ámbito persoal.

Único.-Poderá causar dereito ás distintas axudas que se recollen na presente resolución o seguinte persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia:

a) O persoal funcionario ou laboral transferido do Inem á Xunta de Galicia polo R.D. 1375/1997, do 29 de agosto, e polo R.D. 232/1998, do 16 de febreiro, que estea en activo na Xunta de Galicia na data do remate do prazo de presentación de solicitudes.

b) O persoal mencionado no punto anterior debe cumprir ademáis os requisitos que se determinen nas normas específicas para cada modalidade de axuda.

2. Incompatibilidades.

As modalidades de axuda obxecto deste acordo son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou doutro organismo oficial, salvo que fosen de contía inferior; nese caso, se se acredita documentalmente a súa natureza e contía, poderá solicitarse a diferencia ata a cantidade que, en cada caso, corresponda.

En todo deberá presentarse certificación do importe anual percibido expedido polo organismo correspondente.

En caso de traballar ambos cónxuxes ou cotitulares na Xunta de Galicia só poderá solicita-las axudas un deles, agás, na axuda de estudios do traballador que poderán solicitala os dous.

3. Solicitudes e documentación.

a) Os interesados deben presenta-la solicitude conforme o modelo oficial establecido para cada axuda, debidamente cuberta.

b) Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador.

Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal das consellerías respectivas.

Servicios periféricos: secretarios xerais das delegacións territoriais, provinciais e comarcais ou funcionarios que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal das consellerías respectivas.

c) Naqueles supostos nos que dous suxeitos beneficiarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo teñan causa ou causantes comúns, soamente un deles poderá causar dereito.

d) Os solicitantes deben xuntar á petición os documentos que se esixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certificación ou copia cotexada os feitos que se aleguen.

e) Carecerán de validez os documentos achegados con emendas ou riscaduras.

f) A comisión de reparto rexeitará toda axuda solicitada que non cumpra cos requisitos esixidos.

4. Falsidade nas solicitudes.

A ocultación de datos, a falsidade na documentación achegada ou a omisión da requirida darán lugar á denegación da axuda solicitada ou perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades a que houbera lugar.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

As solicitudes, modelo que figura no anexo II deste acordo, dirixiranse ó director xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, nº 1, Santiago de Compostela). As ditas solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos (selada e rexistrada cada solicitude pola oficina onde se efectúe a presentación) de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 38/1992, do 6 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro).

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 1 de agosto e remata o 30 de setembro de 1998, agás as de estudios dos traballadores e para educación dos fillos dos traballadores que rematarán o 31 de decembro de 1998.

As solicitudes presentadas fóra deste prazo non se terán en conta.

As solicitudes deberán ir acompañadas coa documentación que se esixe, nas normas específicas, para cada axuda.

6. Distribución de créditos.

O crédito existente destínase á atención das situacións que, referidas ó ano 1998, se relacionan seguidamente:

-Axuda para subvención de alugueres.-Axuda para adquisición de vivenda.-Axuda para subvención de préstamos hipotecarios.-Axuda para o estudio dos traballadores.-Axuda para a educación dos fillos dos traballadores.-Axuda para tratamentos da saúde e gastos de enterro.

7. Procedemento.

As solicitudes de axudas serán estudiadas pola Comisión de Acción Social, composta pola Administración e as centrais sindicais asinantes deste acordo. O presidente da comisión, con voto de cali

dade, será o xefe de Servicio de Relacións Laborais ou persoa en quen delegue.

A concesión das axudas efectuarase de acordo co baremo aprobado pola comisión, que figura como anexo I desta convocatoria.

O Servicio de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública elaborará a proposta de concesión das axudas dentro dos límites orzamentarios existentes, corresponderalle á comisión o estudio previo dela.

Mediante resolucións da Dirección Xeral da Función Pública, publicaranse listaxes provisionais de admitidos e excluídos contra os que os interesados poderán formula-las reclamacións que sexan procedentes, no prazo de dez días hábiles. Así mesmo, durante este prazo deberán emendarse, se é o caso, os defectos causantes da exclusión provisional. Esgotado este, elevaranse aquelas a definitivas coas modificacións a que houbese lugar.

O aboamento das axudas concedidas efectuarase por transferencia bancaria ós beneficiarios.

O prazo máximo para resolve-las solicitudes especificadas nesta orde será de tres meses, contados a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se no prazo establecido non se resolvese o expediente, entenderase desestimada a solicitude.

8. Observacións.

En calquera momento poderá esixírselle ó solicitante que acredite ou aclare calquera dato dos contidos na solicitude ou documentación.

A ocultación ou falsidade dos datos que está obrigado a presenta-lo solicitante producirá as posibles responsabilidades penais e/ou disciplinarias segundo os casos.

Calquera interpretación, aclaración ou dúbida que xurda sobre as presentes bases será resolta pola Comisión de Acción Social.

Normas específicas

Convocatoria de axuda para subvención de

alugueres 1998

Bases.

1. Ámbito da convocatoria.

Para poder solicitar esta axuda, a renda de aluguer mensual durante 1998 non debe supera-las 100.000 pesetas nin ser inferior a 30.000 pesetas.

2. Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é compensa-los gastos ocasionados por pagamento de aluguer da vivenda habitual.

3. Contía das axudas.

A contía desta axuda establécese do seguinte xeito:

% sobre renda anualPuntuación obtida segundo

baremo (anexo I)

Contía máxima

20%Entre 45 e 40 puntos130.000 ptas.
18%Entre 39 e 35 puntos110.000 ptas.
16%Entre 34 e 30 puntos90.000 ptas.
14%Entre 29 e 25 puntos70.000 ptas.
12%Entre 24 e 20 puntos50.000 ptas.
10%Entre 19 e 0 puntos30.000 ptas.

Non se terán en conta recibos anteriores ó 1-1-1998.

A Comisión de Acción Social, en función das dispoñibilidades orzamentarias, poderá fixar un tope de percepción salarial a partir do que ós solicitantes non se lles concederá ningunha cantidade. Igualmente, ó xuízo da comisión, as cantidades máximas poderán modificarse á baixa para beneficiar a un maior número de solicitantes.

En ningún caso unha unidade familiar poderá ser beneficiaria de axudas de acción social por un importe global superior a 200.000 pesetas brutas. Se o solicitante e o seu cónxuxe son traballadores transferidos do Inem polos R.D. 1375/1997 e 232/1998, o importe global das axudas poderá elevarse ata 300.000 pesetas brutas.

Se durante o prazo de presentación de solicitudes ou o de vixencia desta convocatoria se producise a baixa dalgún solicitante-beneficiario, a comisión adoptará as medidas oportunas para que os importes asignados ós adxudicatarios afectados se reduzan na parte proporcional que corresponda á data de efectos da citada baixa. Se a dita data fora anterior ó pagamento da axuda, pero se coñecese con posterioridade, os beneficiarios estarán obrigados a reintegra-lo/s importe/s indebidamente percibido/s.

4. Requisitos.

A. O predio urbano sobre o que pesa o aluguer obxecto da subvención deberá estar dedicado a vivenda habitual do solicitante.

B. O solicitante debe residir na dita vivenda con data anterior ó último día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

C. Nos casos de separación legal ou divorcio, se ambos ex-cónxuxes tiveran a condición de persoal en activo ó servicio da Xunta de Galicia, e habitaran distintas vivendas, terán dereito a solicitar esta modalidade de axuda incluso se os contratos de arrendamento estiveran formalizados a nome do excónxuxe non inquilino.

D. O solicitante e o seu cónxuxe deben carecer de vivenda propia.

E. O contrato debe estar formalizado en papel oficial ou ter aboado o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e deberá figurar como arrendatario o solicitante e/ou o seu cónxuxe.

5. Documentación.

A solicitude deberá ir inescusablemente acompañada da seguinte documentación:

1. Fotocopia completa da declaración da renda do exercicio 1997, así como do documento de ingreso ou devolución, tanto no suposto de declaración conxunta como separada. Neste último caso, presentarase tamén a declaración da renda do cónxuxe.

Se o solicitante ou o seu cónxuxe non presentou a declaración da renda, deberán achegar certificado negativo de Facenda. Neste suposto, para o cálculo dos ingresos do solicitante tomaranse as retribucións que percibe da Xunta de Galicia, polo que deberá presentar fotocopia da nómina do mes de maio de 1998 e/ou certificado de empresa cos ingresos anuais do cónxuxe.

2. Fotocopia compulsada do contrato de arrendamento.

3. Recibos orixinais ou fotocopias compulsadas acreditativos do pagamento do aluguer durante 1998, excluíndo os gastos de portería, comunidade e outros análogos. Non se terán en conta os recibos incompletos.

4. Certificado de empadroamento ou de residencia do solicitante e o seu cónxuxe na vivenda pola que solicita a axuda, con expresión da data.

5. Nos casos de separación legal ou divorcio, se ambos son traballadores da Xunta de Galicia e solicitan esta axuda, documento que acredite a dita circunstancia.

6. Certificado negativo de propiedades a nivel nacional emitido polo Rexistro da Propiedade do municipio ou provincia a nome do solicitante.

ANEXO I

Ingresos por membro da unidade familiar

De 200.000 a 249.99945 puntos

250.000 a 299.999 44 puntos

300.000 a 349.999 43 puntos

350.000 a 399.999 42 puntos

400.000 a 449.999 41 puntos

450.000 a 499.999 40 puntos

500.000 a 549.999 39 puntos

550.000 a 599.999 38 puntos

600.000 a 649.999 37 puntos

650.000 a 699.999 36 puntos

700.000 a 749.999 35 puntos

750.000 a 799.999 34 puntos

800.000 a 849.999 33 puntos

850.000 a 899.999 32 puntos

900.000 a 949.999 31 puntos

950.000 a 999.999 30 puntos

1.000.000 a 1.099.999 29 puntos

1.100.000 a 1.199.999 28 puntos

1.200.000 a 1.299.999 27 puntos

1.300.000 a 1.399.999 26 puntos

1.400.000 a 1.499.999 25 puntos

1.500.000 a 1.599.999 24 puntos

1.600.000 a 1.699.999 23 puntos

1.700.000 a 1.799.999 22 puntos

1.800.000 a 1.899.999 21 puntos

1.900.000 a 1.999.999 20 puntos

2.000.000 a 2.099.999 19 puntos

2.100.000 a 2.199.999 18 puntos

2.200.000 a 2.299.999 17 puntos

2.300.000 a 2.399.999 16 puntos

2.400.000 a 2.499.999 15 puntos

2.500.000 a 2.599.999 14 puntos

2.600.000 a 2.699.999 13 puntos

2.700.000 a 2.799.999 12 puntos

2.800.000 a 2.899.999 11 puntos

2.900.000 a 2.999.999 10 puntos

3.000.000 a 3.099.999 9 puntos

3.100.000 a 3.199.999 8 puntos

3.200.000 a 3.299.999 7 puntos

3.300.000 a 3.399.999 6 puntos

3.400.000 a 3.499.999 5 puntos

3.500.000 a 3.599.999 4 puntos

3.600.000 a 3.699.999 3 puntos

3.700.000 a 3.799.999 2 puntos

3.800.000 a 3.899.999 1 punto

Máis de 4.000.000 0 puntos

Convocatoria de axuda para adquisición de vivenda 1998

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é compensar parcialmente os gastos realizados para a adquisición, por primeira vez, dunha vivenda destinada a domicilio habitual, mediante préstamo hipotecario ou outro préstamo bancario destinado ó mesmo fin, xa sexa por compravenda, adxudicación ou autoconstrucción formalizadas en escritura pública durante o ano 1998.

2. Motivos de exclusión.

Serán motivos de exclusión os seguintes:

a) Ter transcorrido máis de tres meses entre a formalización da escritura de adquisición da vivenda e a de concesión do préstamo hipotecario correspondente ou outro bancario destinado ó mesmo fin.

b) Ter percibida ou concedida unha axuda similar de calquera ente público ou privado.

No caso de que, concedida a axuda por Muface ou outra mutualidade, esta fose inferior á contía correspondente segundo as bases desta convocatoria, poderase solicita-la diferencia achegando o impreso de concesión.

c) Tratarse dunha vivenda alleada polo Estado en condicións especiais.

d) Se-lo solicitante propietario doutra vivenda ou participar nun 50% ou máis da titularidade dunha vivenda.

e) Non se-la primeira vez que se adquire unha vivenda.

3. Contía das axudas.

O importe da axuda, que se concederá por unha soa vez, será de 50.000 pesetas por cada millón concedido mediante préstamo hipotecario, ou o que corresponda proporcionalmente por fraccións, cos topes máximos que se indican a continuación:

Puntuación segundo baremoContía máxima da axuda

Entre 45 e 40 puntos200.000 ptas.

Entre 39 e 35 puntos175.000 ptas.

Entre 34 e 30 puntos150.000 ptas.

Entre 29 e 25 puntos125.000 ptas.

Entre 24 e 20 puntos100.000 ptas.

Entre 19 e 15 puntos 75.000 ptas.

Entre 14 e 0 puntos 25.000 ptas.

A Comisión de Acción Social, en función das dispoñibilidades orzamentarias, poderá fixar un tope de percepción salarial a partir do cal ós solicitantes non se lles concederá ningunha cantidade. Igualmente, ó xuízo da comisión, as cantidades máximas poderán modificarse á baixa para beneficiar a un maior número de solicitantes. Os solicitantes obterán, segundo o seu nivel salarial, puntuación consonte o establecido no baremo que figura como anexo I desta convocatoria.

En ningún caso unha unidade familiar poderá ser beneficiaria de axudas de acción social nun importe global superior a 200.000 pesetas brutas. Se o solicitante e o seu cónxuxe son traballadores da Xunta de Galicia, o importe global das axudas poderá elevarse ata 300.000 pesetas brutas.

Se durante o prazo de presentación de solicitudes ou o de vixencia desta convocatoria se producira a baixa do solicitante-beneficiario na Comunidade Autónoma, a comisión adoptará as medidas oportunas para que os importes asignados ós adxudicatarios afectados se reduzan na parte proporcional que corresponda á data de efectos da citada baixa. Se a dita data fora anterior ó pagamento da axuda, pero se coñecera con posterioridade, os beneficiarios estarán obrigados a reintegra-lo/s importe/s indebidamente percibido/s.

4. Solicitudes.

A solicitude deberá ir inescusablemente acompañada da seguinte documentación:

a) Fotocopia completa da declaración da renda do exercicio 1997, así como do documento de ingreso ou devolución, tanto no suposto de declaración conxunta como separada. Neste último caso, presentarase tamén a declaración da renda do cónxuxe ou persoa con quen conviva o solicitante.

Se o solicitante ou o seu cónxuxe non presentaron a declaración da renda, deberán achega-lo certificado negativo de Facenda. Neste suposto, para o

cálculo dos ingresos do solicitante tomaranse as retribucións que percibe na Xunta de Galicia, polo que deberá presentar fotocopia da nómina do mes de maio de 1998 e/ou certificado de empresa cos ingresos anuais do cónxuxe ou convivente.

b) Certificado negativo de propiedades a nivel nacional emitido polo Rexistro da Propiedade do municipio ou provincia.

c) Fotocopia da escritura de compravenda ou de adxudicación por cooperativa ou entidade similar, ou da declaración de conclusión de obra nova en 1998.

d) Fotocopia da escritura de concesión do préstamo hipotecario ou da súa subrogación en 1998, que grave a vivenda que se adquire por compravenda, adxudicación ou autoconstrucción, ou fotocopia de concesión do crédito destinado á compra da vivenda.

e) Para os afiliados a unha mutualidade pública obrigatoria (Muface, Isfas...) que entre as súas prestacións teña establecida axuda para adquisición de vivenda, fotocopia da resolución pola que se lle denegou a axuda, ou impreso de concesión se a contía é inferior á que tiveran dereito na Xunta de Galicia.

ANEXO I

Ingresos por membro da unidade familiar

De 200.000 a 249.999 45 puntos

250.000 a299.999 44 puntos

300.000 a349.999 43 puntos

350.000 a399.999 42 puntos

400.000 a449.999 41 puntos

450.000 a499.999 40 puntos

500.000 a549.999 39 puntos

550.000 a599.999 38 puntos

600.000 a649.999 37 puntos

650.000 a699.999 36 puntos

700.000 a749.999 35 puntos

750.000 a799.999 34 puntos

800.000 a849.999 33 puntos

850.000 a899.999 32 puntos

900.000 a949.999 31 puntos

950.000 a999.999 30 puntos

1.000.000 a 1.099.999 29 puntos

1.100.000 a 1.199.999 28 puntos

1.200.000 a 1.299.999 27 puntos

1.300.000 a 1.399.999 26 puntos

1.400.000 a 1.499.999 25 puntos

1.500.000 a 1.599.999 24 puntos

1.600.000 a 1.699.999 23 puntos

1.700.000 a 1.799.999 22 puntos

1.800.000 a 1.899.999 21 puntos

1.900.000 a 1.999.999 20 puntos

2.000.000 a 2.099.999 19 puntos

2.100.000 a 2.199.999 18 puntos

2.200.000 a 2.299.999 17 puntos

2.300.000 a 2.399.999 16 puntos

2.400.000 a 2.499.999 15 puntos

2.500.000 a 2.599.999 14 puntos

2.600.000 a 2.699.999 13 puntos

2.700.000 a 2.799.999 12 puntos

2.800.000 a 2.899.999 11 puntos

2.900.000 a 2.999.999 10 puntos

3.000.000 a 3.099.999 9 puntos

3.100.000 a 3.199.999 8 puntos

3.200.000 a 3.299.999 7 puntos

3.300.000 a 3.399.999 6 puntos

3.400.000 a 3.499.999 5 puntos

3.500.000 a 3.599.999 4 puntos

3.600.000 a 3.699.999 3 puntos

3.700.000 a 3.799.999 2 puntos

3.800.000 a 3.899.999 1 punto

Máis de 4.000.000 0 puntos

Convocatoria de axuda para a subvención de préstamos hipotecarios 1998

Bases.

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é compensar en parte os gastos ocasionados polo pagamento dos xuros do préstamo hipotecario para compra da vivenda destinada a domicilio habitual, formalizado mediante escritura pública con anterioridade ó ano 1998.

2. Motivos de exclusión.

Serán motivos de exclusión os seguintes:

a) Ter superada a metade dos anos da súa vixencia o 1-1-1998 o préstamo hipotecario inicial destinado á compra de vivenda. Tomarase como data inicial a data da formalización da escritura de propiedade.

b) Ter transcorrido máis de tres meses entre a formalización da escritura de adquisición da vivenda e a da escritura do préstamo hipotecario correspondente.

c) Se-lo solicitante propietario doutra vivenda ou participar nun 50% ou máis da titularidade de calquera outra vivenda.

3. Contía das axudas.

O importe máximo da axuda establécese en función dos xuros anuais realmente pagados dentro do ano 1997 mediante préstamo hipotecario, cos seguintes topes máximos en función dos ingresos:

Puntuación segundo baremoContía máxima da axuda

Entre 45 e 40 puntos130.000 ptas.

Entre 39 e 35 puntos110.000 ptas.

Entre 34 e 30 puntos90.000 ptas.

Entre 29 e 25 puntos70.000 ptas.

Entre 24 e 20 puntos50.000 ptas.

Entre 19 e 0 puntos30.000 ptas.

Non se terán en conta recibos anteriores á data de ingreso na Xunta de Galicia.

A Comisión de Acción Social prevista na base 7 desta convocatoria, en función das dispoñibilidades orzamentarias, poderá fixar un tope de percepción salarial a partir do cal ós solicitantes non se lles concederá ningunha cantidade. Igualmente, a xuízo da comisión, as cantidades máximas poderán modificarse á baixa para alcanzar a un maior número de solicitantes. Os solicitantes obterán, segundo o seu nivel salarial, puntuacións consonte o estable

cido no baremo, que figura como anexo I desta convocatoria.

En ningún caso unha unidade familiar poderá ser beneficiaria de axudas de acción social nun importe global superior a 200.000 pesetas brutas. Se o solicitante e o seu cónxuxe son traballadores da Xunta de Galicia, o importe global das axudas poderá elevarse ata 300.000 pesetas brutas.

Se durante o prazo de presentación de solicitudes ou o de vixencia desta convocatoria se producise a baixa do solicitante-beneficiario na Comunidade Autónoma, a comisión adoptará as medidas oportunas para que os importes asignados ós adxudicatarios afectados se reduzan na parte proporcional que corresponda á data de efectos da citada baixa. Se a dita data fora anterior ó pagamento da axuda, pero se coñecera con posterioridade, os beneficiarios estarán obrigados a reintegra-lo/s importe/s indebidamente percibido/s.

4. Requisitos.

a) A vivenda obxecto desta axuda deberá estar dedicada a residencia habitual do solicitante. A dita residencia debe ser anterior á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

b) Naqueles supostos en que dous suxeitos incluídos no ámbito da convocatoria soliciten esta modalidade para unha mesma vivenda, só un deles poderá causar dereito a esta.

b) O xuro do préstamo hipotecario durante 1998 deberá ser igual ou superior ó 5,5%.

5. Documentación.

A solicitude deberá ir acompañada inescusablemente da documentación seguinte:

1. Fotocopia completa da declaración da renda do exercicio 1997, así como do documento de ingreso ou devolución, tanto no suposto de declaración conxunta como separada. Neste último caso, presentarase tamén declaración da renda do cónxuxe ou persoa con quen conviva o solicitante.

Se o solicitante ou o seu cónxuxe non presentaron declaración da renda, deberán achega-lo certificado negativo de Facenda. Neste suposto, para o cálculo dos ingresos do solicitante tomaranse as retribucións que percibe na Xunta de Galicia, polo que deberá presentar fotocopia da nómina do mes de maio de 1998 e/ou certificado de empresa cos ingresos anuais do cónxuxe ou convivente.

2. Declaración xurada do solicitante de se-la única vivenda que posúe e estar destinada a domicilio habitual.

3. Fotocopia da escritura de compravenda, de adxudicación por cooperativa ou de obra nova.

4. Certificado do banco no que figure a vida do préstamo e o tipo de xuro, así como os pagamentos de xuros e capital realizados durante o ano 1998 ou no seu defecto fotocopia cotexada dos recibos

pagados en 1998, sempre que neles figure a data de inicio e final do dito préstamo e/ou o número de recibos aboados e o número de recibos pendentes.

ANEXO I

Ingresos por membro da unidade familiar

De 200.000 a 249.999 45 puntos

250.000 a 299.999 44 puntos

300.000 a 349.999 43 puntos

350.000 a 399.999 42 puntos

400.000 a 449.999 41 puntos

450.000 a 499.999 40 puntos

500.000 a 549.999 39 puntos

550.000 a 599.999 38 puntos

600.000 a 649.999 37 puntos

650.000 a 699.999 36 puntos

700.000 a 749.999 35 puntos

750.000 a 799.999 34 puntos

800.000 a 849.999 33 puntos

850.000 a 899.999 32 puntos

900.000 a 949.999 31 puntos

950.000 a 999.999 30 puntos

1.000.000 a 1.099.999 29 puntos

1.100.000 a 1.199.999 28 puntos

1.200.000 a 1.299.999 27 puntos

1.300.000 a 1.399.999 26 puntos

1.400.000 a 1.499.999 25 puntos

1.500.000 a 1.599.999 24 puntos

1.600.000 a 1.699.999 23 puntos

1.700.000 a 1.799.999 22 puntos

1.800.000 a 1.899.999 21 puntos

1.900.000 a 1.999.999 20 puntos

2.000.000 a 2.099.999 19 puntos

2.100.000 a 2.199.999 18 puntos

2.200.000 a 2.299.999 17 puntos

2.300.000 a 2.399.999 16 puntos

2.400.000 a 2.499.999 15 puntos

2.500.000 a 2.599.999 14 puntos

2.600.000 a 2.699.999 13 puntos

2.700.000 a 2.799.999 12 puntos

2.800.000 a 2.899.999 11 puntos

2.900.000 a 2.999.999 10 puntos

3.000.000 a 3.099.999 9 puntos

3.100.000 a 3.199.999 8 puntos

3.200.000 a 3.299.999 7 puntos

3.300.000 a 3.399.999 6 puntos

3.400.000 a 3.499.999 5 puntos

3.500.000 a 3.599.999 4 puntos

3.600.000 a 3.699.999 3 puntos

3.700.000 a 3.799.999 2 puntos

3.800.000 a 3.899.999 1 punto

Máis de 4.000.000 0 puntos

Convocatoria de axudas de estudio 1998

Bases.

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é subvencionar parcialmente os gastos de matrícula para estudios regrados correspondentes ó sistema educativo de ensinanzas regradas aprobadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; o remate dos distos estudios debe supoñe-la obtención dun título académico oficial.

2. Motivos de exclusión.

As axudas non se lles concederán ós que se atopen en calquera das seguintes situacións:

a) Recibir axuda da mesma natureza e finalidade de calquera ente público ou privado.

b) Preparar probas selectivas correspondentes a ofertas de emprego público.

c) Estar matriculado dunha soa materia ou en menos de 12 créditos.

d) Estar matriculado por segunda ou máis veces da mesma materia ou curso, nin aínda no caso de ter anulada a matrícula correspondente.

e) Estar afiliado a Muface e terse matriculado no curso 98/99 de alomenos tres materias, salvo denegación expresa desta entidade ou a achega do documento orixinal do pagamento de matrícula.

3. Contía das axudas.

As contías máximas das axudas, segundo os tipos de estudios, serán as seguintes:

Estudios 1998-1999.

3.1. BUP, COU, FP: 20.000 ptas.

3.2. Curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos: 25.000 ptas.

3.3. Curso universitario completo:

3.3.1. Graos de experimentalidade 1, 2, 3, 4: 85.000 ptas.

3.3.2. Graos de experimentalidade 5, 6, e 7: 60.000 ptas.

3.4. 12 ou máis créditos ou máis dunha materia (calquera grao de experimentalidade): 25.000 ptas.

3.5. Másters e/ou cursos de especialización onde a matrícula se realice directamente na universidade oficial: 25.000 ptas.

3.6. Cursos de idiomas da Escola Oficial de Idiomas, ou organismos oficiais das CC.AA., por curso e idioma: 12.000 ptas.

3.7. Doutoramento.

3.7.1. Trinta e dous créditos aprobados no ano 1998: 30.000 ptas.

3.7.2. Teses e pagamentos dos dereitos do título no ano 1998: 30.000 ptas.

A Comisión de Acción Social, en función das dispoñibilidades orzamentarias, poderá fixar un tope de percepción salarial a partir do cal, ós solicitantes non se lles concederá ningunha cantidade. Igualmente a xuízo da comisión, as cantidades máximas poderán modificarse á baixa para beneficiar a un maior número de solicitantes.

En ningún caso unha unidade familiar poderá ser beneficiaria de axudas de acción social nun importe global superior a 200.000 pesetas brutas. Se o solicitante e o seu cónxuxe son traballadores da Xunta de Galicia, o importe global das axudas poderá elevarse ata 300.000 pesetas.

Se durante o prazo de presentación de solicitudes ou o de vixencia desta convocatoria se producise a baixa de persoal na Comunidade Autónoma, a comisión adoptará as medidas oportunas para que os importes asignados ós adxudicatarios afectados se reduzan na parte proporcional que corresponda á data de efectos da citada baixa. Se a dita data fose anterior ó pagamento da axuda, pero se coñecese con posterioridade, os beneficiarios estarán obrigados a reintegra-lo/s importe/s indebidamente percibido/s.

4. Solicitudes.

A solicitude deberá ir inescusablemente acompañada da documentación seguinte:

a) Fotocopia lexible da nómina do traballador correspondente ó mes de maio de 1998.

b) Para ensinanzas medias e COU (punto 3.1.), achegarase certificación académica de estar matriculado no curso 98-99 nun centro oficial ou privado, sempre que estea recoñecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Para ensinanzas universitarias e idiomas (puntos 3.2, 3.3, 4.4, 4.5 e 4.6), achégase fotocopia do impreso de solicitude e resgardo de matrícula do curso 1998-1999 selado pola entidade bancaria onde se aboara esta. No caso de pagarse en dous prazos presentaranse ambos impresos. Se é funcionario pertencente a Muface e desexa solicita-la axuda deste fondo social deberá presenta-lo orixinal do impreso de solicitude de matrícula selado pola entidade bancaria.

d) Para estudios de doutoramento (punto 3.7), fotocopia cotexada do título oficial de doutor ou xustificante da solicitude do título e pagamento dos dereitos que acrediten a finalización dos ditos estudios no ano 1998, ou expediente académico que xustifique o aprobado dos 32 créditos, durante o mesmo ano.

ANEXO I

Ingresos brutos mensuais por traballador

segundo nómina

De 60.000 a 69.999 45 puntos

70.000 a 79.99944 puntos

80.000 a 89.99943 puntos

90.000 a 99.99942 puntos

100.000 a 109.99941 puntos

110.000 a 119.99940 puntos

120.000 a 129.99939 puntos

130.000 a 139.99938 puntos

140.000 a 149.99937 puntos

150.000 a 159.99936 puntos

160.000 a 169.99935 puntos

170.000 a 179.99934 puntos

180.000 a 189.99933 puntos

190.000 a 199.99932 puntos

200.000 a 209.99931 puntos

210.000 a 219.99930 puntos

220.000 a 229.99929 puntos

230.000 a 239.99928 puntos

240.000 a 249.99927 puntos

250.000 a 259.99926 puntos

260.000 a 269.99925 puntos

270.000 a 279.99924 puntos

280.000 a 289.99923 puntos

290.000 a 299.99922 puntos

300.000 a 309.99921 puntos

310.000 a 319.99920 puntos

320.000 a 329.99919 puntos

330.000 a 339.99918 puntos

340.000 a 349.99917 puntos

350.000 a 359.99916 puntos

360.000 a 369.99915 puntos

370.000 a 379.99914 puntos

380.000 a 389.99913 puntos

390.000 a 399.99912 puntos

400.000 a 409.99911 puntos

410.000 a 419.99910 puntos

420.000 a 429.999 9 puntos

430.000 a 439.999 8 puntos

440.000 a 449.999 7 puntos

450.000 a 459.999 6 puntos

460.000 a 469.999 5 puntos

470.000 a 479.999 4 puntos

480.000 a 489.999 3 puntos

490.000 a 499.999 2 puntos

500.000 a 550.000 1 punto

Máis de 550.000 0 puntos

Convocatoria de axuda para educación dos fillos dos traballadores 1998

Bases.

1. Ámbito da convocatoria.

Tódalas axudas aquí reguladas van dirixidas ós fillos dos solicitantes que dependan economicamente del e cumpran os seguintes requisitos:

-Realizar estudios aprobados polo Ministerio de Educación e Cultura para os distintos ciclos.

-Non ter cumpridos 25 anos o 1-1-1998.

-Acredita-la dependencia económica mediante a declaración da renda.

2. Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é subvencionar parcialmente os gastos realizados con motivo da educación dos fillos dos traballadores.

3. Contía das axudas.

Establécense tres modalidades segundo os estudios realizados:

Modalidade I: educación infantil primeiro ciclo.

Modalidade II: educación infantil segundo ciclo, primaria, bacharelato, educación técnico-profesional e curso de orientación universitaria.

Modalidade III: estudios universitarios.

A Comisión de Acción Social, en función das dispoñibilidades orzamentarias, poderá fixar un tope de percepción salarial a partir do cal ós solicitantes non se lles concederá ningunha cantidade. Igualmente a xuízo da comisión, as cantidades máximas poderán modificarse á baixa para beneficiar a un maior número de traballadores. Os solicitantes obterán, segundo o seu nivel salarial, puntuacións segundo o establecido no baremo que figura como anexo I desta convocatoria.

En ningún caso unha unidade familiar poderá ser beneficiaria de axudas de acción social nun importe global superior a 200.000 pesetas brutas. Se o solicitante e o seu cónxuxe son traballadores da Xunta de Galicia, o importe global das axudas poderá elevarse ata 300.000 pesetas brutas.

Se durante o prazo de presentación de solicitudes ou o de vixencia desta convocatoria se producise a baixa do solicitante beneficiario na Comunidade Autónoma, a comisión adoptará as medidas que corresponda á data de efectos da citada baixa. Se a dita data fose anterior ó pagamento da axuda, pero se coñecese con posterioridade, os beneficiarios estarán obrigados a reintegra-lo/s importe/s indebidamente percibido/s.

Contía máxima por fillo:

Puntuación segundo

ANEXO I

Modalidade 1Modalidade 2Modalidade 3

(segundo grao de experimentalidade)

Entre 45 e 35 puntos80.000 ptas.40.000 ptas.1, 2, 3, 450.000 ptas.

5, 6 e 735.000 ptas.

Entre 34 e 25 puntos70.000 ptas.35.000 ptas.1, 2, 3, 445.000 ptas.

5, 6 e 730.000 ptas

Entre 24 e 15 puntos60.000 ptas30.000 ptas.1, 2, 3, 440.000 ptas.

5, 6 e 725.000 ptas.

Entre 14 e 0 puntos50.000 ptas.25.000 ptas.1, 2, 3, 430.000 ptas.

5, 6 e 715.000 ptas.

4. Motivos de exclusión.

-Os fillos que cumprisen 25 anos o 1-1-98 e aqueles que realizan estudios de posgrao, máster, idiomas, doutoramento ou cursos de especialización.

-Recibir axuda da mesma natureza e finalidade de calquera ente público ou privado.

-Estar matriculado dunha soa materia ou en menos de 12 créditos.

Estar matriculado por segunda ou máis veces da mesma materia ou curso, nin aínda no caso de ter anulada a matrícula correspondente.

5. Solicitudes.

As solicitudes deberán ir acompañadas inexcusablemente da documentación seguinte:

1. Fotocopia completa da declaración da renda do exercicio 1997, así como do documento de ingreso ou devolución, tanto no suposto da declaración conxunta como separada. Neste último caso, presentarase tamén a declaración da renda do cónxuxe ou persoa con quen conviva o solicitante.

2. Cada un dos documentos que se sinalan segundo a modalidade:

Modalidade I: certificado do centro escolar, no que conste o pagamento e asistencia de cinco meses como mínimo, do fillo polo que se solicita a axuda.

Modalidade II: certificado do centro escolar no que conste o curso que realiza no período correspondente a 1998/1999.

Modalidade III: fotocopia da solicitude e pagamento de matrícula para os que cursen estudios universitarios.

ANEXO I

Ingresos por membro da unidade familiar

De 200.000 a 249.999 45 puntos

250.000 a 299.999 44 puntos

300.000 a 349.999 43 puntos

350.000 a 399.999 42 puntos

400.000 a 449.999 41 puntos

450.000 a 499.999 40 puntos

500.000 a 549.999 39 puntos

550.000 a 599.999 38 puntos

600.000 a 649.999 37 puntos

650.000 a 699.999 36 puntos

700.000 a 749.999 35 puntos

750.000 a 799.999 34 puntos

800.000 a 849.999 33 puntos

850.000 a 899.999 32 puntos

900.000 a 949.999 31 puntos

950.000 a 999.999 30 puntos

1.000.000 a 1.099.999 29 puntos

1.100.000 a 1.199.999 28 puntos

1.200.000 a 1.299.999 27 puntos

1.300.000 a 1.399.999 26 puntos

1.400.000 a 1.499.999 25 puntos

1.500.000 a 1.599.999 24 puntos

1.600.000 a 1.699.999 23 puntos

1.700.000 a 1.799.999 22 puntos

1.800.000 a 1.899.999 21 puntos

1.900.000 a 1.999.999 20 puntos

2.000.000 a 2.099.999 19 puntos

2.100.000 a 2.199.999 18 puntos

2.200.000 a 2.299.999 17 puntos

2.300.000 a 2.399.999 16 puntos

2.400.000 a 2.499.999 15 puntos

2.500.000 a 2.599.999 14 puntos

2.600.000 a 2.699.999 13 puntos

2.700.000 a 2.799.999 12 puntos

2.800.000 a 2.899.999 11 puntos

2.900.000 a 2.999.999 10 puntos

3.000.000 a 3.099.999 9 puntos

3.100.000 a 3.199.999 8 puntos

3.200.000 a 3.299.999 7 puntos

3.300.000 a 3.399.999 6 puntos

3.400.000 a 3.499.999 5 puntos

3.500.000 a 3.599.999 4 puntos

3.600.000 a 3.699.999 3 puntos

3.700.000 a 3.799.999 2 puntos

3.800.000 a 3.899.999 1 punto

Máis de 4.000.000 0 puntos

Convocatoria de axudas para tratamentos de saúde e gastos de enterro 1998

Bases.

1. Ámbito da convocatoria.

Tódalas axudas aquí reguladas van dirixidas ás seguintes persoas, coas salvidades que se sinalan na base 2:

1. O propio persoal transferido do Inem polos Reais decretos 1375/1997 e 232/1998.

2. Fillos dos traballadores transferidos do Inem polos Reais decretos 1375/1997 e 232/1998, menores de 18 anos.

3. Cónxuxe dos traballadores e fillos entre 18 e 25 anos sempre que dependan economicamente do solicitante. A dependencia económica acreditarase mediante a declaración da renda. Non se terá en conta a idade dos fillos que teñan recoñecida algunha minusvalidez.

Para efectos desta convocatoria, a idade estipulada no parágrafo anterior está referida ó 1 de xaneiro de 1998.

2. Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é subvencionar parcialmente o custo de determinados tratamentos médicos non cubertos pola Seguridade Social, Muface, ou calquera outro organismo público. Así mesmo subvenciónanse os gastos de falecemento de familiares en primeiro grao de consanguinidade non cubertos pola póliza de decesos, se existise, e outórgase unha axuda a fondo perdido ó cónxuxe do traballador falecido.

As modalidades que se establecen son as seguintes:

Modalidade 1: tratamentos bucodentais, audiovisuais non cirúrxicos, ortopedias e próteses.

Modalidade 2: tratamentos de estimulación temperá, trastornos da aprendizaxe ou do comportamento, dos fillos do persoal suxeito a este acordo, menores de 18 anos.

Modalidade 3: gastos de educación rehabilitación ou gastos extraordinarios, xustificados documentalmente, que orixinen a atención e o coidado dos traballadores transferidos do Inem á Xunta de Galicia polo R.D 1375/1997, do 29 de agosto e polo R.D. 232/1998, do 16 de febreiro ou dos fillos que teñan recoñecida algunha minusvalidez polo Inserso, sempre que acrediten, por medio da declaración da renda, a dependencia económica do solicitante.

Modalidade 4: tratamentos de toxicomanía, alcoholismo, ludopatía e sida non cubertos por ningún organismo público.

Modalidade 5: tratamentos médicos de carácter vital ou situacións graves de saúde que esixan tratamentos extraordinarios e gastos que non estean previstos pola Seguridade Social, Muface ou calquera outro organismo público.

Modalidade 6: gastos por falecemento. Ademais dos destinatarios recollidoss na base 1, poderanse conceder estas axudas por falecementos dos pais do solicitante, sempre que acrediten non percibir ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional vixente no momento do falecemento. Polo que se refire ós fillos maiores de 18 anos será requisito necesario a dependencia económica. No caso do cónxuxe, non será necesaria esta dependencia.

No caso de dispoñer de póliza de decesos, só se subvencionarán os gastos non cubertos pola dita póliza.

Modalidade 7: o cónxuxe do traballador falecido recibirá de oficio unha axuda a fondo perdido, independentemente dos gastos de enterro, de 100.000 pesetas.

3. Contía das axudas.

Os gastos efectuados en calquera das modalidades deberán producirse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1998 e o 30 de setembro de 1998.

Os beneficiarios de Muface, deberán solicitarlle a esta entidade a axuda económica establecida, e só en caso de denegación expresa ou axuda inexistente, se poderá solicitar neste organismo. No caso de que, concedida a axuda por Muface ou outra mutualidade, esta fose inferior á contía correspondente segundo as bases desta convocatoria, poderase solicita-la diferencia achegando o impreso de concesión.

En ningún caso unha unidade familiar poderá ser beneficiaria de axudas de acción social por un importe superior a 200.000 pesetas brutas. Se o solicitante e o seu cónxuxe son traballadores da Xunta de Galicia, o importe global das axudas poderá elevarse ata 300.000 pesetas.

A comisión de acción social, en función das dispoñibilidades orzamentarias, poderá fixar un tope de percepción salarial a partir do cal ós solicitantes non se lles concederá ningunha cantidade. Igualmente a xuízo da comisión, as cantidades máximas poderán modificarse á baixa para beneficiar a un maior número de solicitantes. Os solicitantes obterán, segundo o seu nivel salarial, puntuacións segundo o establecido no baremo que figura como anexo I desta convocatoria.

Se durante o prazo de presentación de solicitudes ou o de vixencia desta convocatoria se producise a baixa do solicitante beneficiario na Comunidade Autónoma, a comisión adoptará as medidas oportunas para que os importes asignados ós adxudicatarios afectados se reduzan na parte proporcional que corresponda á data de efectos da citada baixa. Se a dita data fora anterior ó pagamento da axuda, pero se coñecese con posterioridade, os beneficiarios estarán obrigados a reintegra-lo/s importe/s indebidamente percibido/s.

As contías das axudas serán as seguintes:

Modalidade 1 e 2Puntuación segundo baremo

50% do custo xustificado45 a 40 puntos

45% do custo xustificado39 a 35 puntos

40% do custo xustificado34 a 30 puntos

35% do custo xustificado29 a 25 puntos

30% do custo xustificado24 a 20 puntos

20% do custo xustificado19 a 0 puntos

Máximo por unidade familiar: 150.000 ptas.

Modalidade 3Puntuación segundo baremo

70% do custo xustificado45 a 40 puntos

60% do custo xustificado39 a 35 puntos

50% do custo xustificado29 a 20 puntos

30% do custo xustificado19 a 0 puntos

Máximo por unidade familiar: 150.000 ptas.

Modalidade 4, 5 e 6Puntuación segundo baremo

60% do custo xustificado45 a 40 puntos

50% do custo xustificado39 a 30 puntos

40% do custo xustificado29 a 20 puntos

30% do custo xustificado19 a 0 puntos

Máximo por unidade familiar: 150.000 ptas.

Modalidade 7Puntuación segundo baremo

100.000 ptas.45 a 0 puntos

4. Solicitudes.

A solicitude deberá ir inescusablemente acompañada da documentación seguinte:

A. Fotocopia completa da declaración da renda do exercicio 1997, así como do documento de ingreso ou devolución, tanto no suposto de declaración conxunta como separada. Neste último caso, presentarase tamén a declaración da renda do cónxuxe ou persoa con quen conviva o solicitante.

Se o solicitante e o seu cónxuxe non presentaron declaración da renda, deberán achega-lo certificado negativo de Facenda. Neste suposto, para o cálculo dos ingresos do solicitante tomaranse as retribucións que percibe da Xunta de Galicia, polo que deberá presentar fotocopia da nómina do mes de maio de 1998 e/ou certificado de empresa cos ingresos anuais do cónxuxe ou convivente.

B. Orixinal ou fotocopia cotexada pola Sección de Acción Social ou polo responsable da Unidade de Persoal das delegacións provinciais ou Unidades de Rexistro, das facturas xustificativas dos gastos

efectuados, nas que figuren alomenos os seguintes datos:

-Nome da persoa que recibiu o tratamento.

-Importe.

-Tipo de tratamento.

-NIF ou CIF e datos do profesional ou entidade que expida a factura.

-Recibín asinado e selado.

-Data na que se fixo efectivo o importe.

Non se aboarán as facturas de data anterior á de ingreso do solicitante na Xunta de Galicia, nin aquelas que estean defectuosas ou falta algún dos datos antes relacionados.

C. Informe do profesional correspondente acreditativo do tratamento preciso para as modalidades 1 a 5.

D. Certificación expedida polos servicios sociais da provincia respectiva, no caso de solicitudes da modalidade 3.

E. Se se percibiu axuda doutros organismos por estes conceptos, fotocopia do documento acreditativo.

F. Declaración da renda do ano 1997 dos pais (en caso da modalidade 6) ou certificado negativo de Facenda e certificado de haberes do INSS, en caso de que non a fixera e fotocopia cotexada do certificado de defunción.

ANEXO I

Ingresos por membro da unidade familiar

De 200.000 a 249.999 45 puntos

250.000 a299.999 44 puntos

300.000 a349.999 43 puntos

350.000 a399.999 42 puntos

400.000 a449.999 41 puntos

450.000 a499.999 40 puntos

500.000 a549.999 39 puntos

550.000 a599.999 38 puntos

600.000 a649.999 37 puntos

650.000 a699.999 36 puntos

700.000 a749.999 35 puntos

750.000 a799.999 34 puntos

800.000 a849.999 33 puntos

850.000 a899.999 32 puntos

900.000 a949.999 31 puntos

950.000 a999.999 30 puntos

1.000.000 a 1.099.999 29 puntos

1.100.000 a 1.199.999 28 puntos

1.200.000 a 1.299.999 27 puntos

1.300.000 a 1.399.999 26 puntos

1.400.000 a 1.499.999 25 puntos

1.500.000 a 1.599.999 24 puntos

1.600.000 a 1.699.999 23 puntos

1.700.000 a 1.799.999 22 puntos

1.800.000 a 1.899.999 21 puntos

1.900.000 a 1.999.999 20 puntos

2.000.000 a 2.099.999 19 puntos

2.100.000 a 2.199.999 18 puntos

2.200.000 a 2.299.999 17 puntos

2.300.000 a 2.399.999 16 puntos

2.400.000 a 2.499.999 15 puntos

2.500.000 a 2.599.999 14 puntos

2.600.000 a 2.699.999 13 puntos

2.700.000 a 2.799.999 12 puntos

2.800.000 a 2.899.999 11 puntos

2.900.000 a 2.999.999 10 puntos

3.000.000 a 3.099.999 9 puntos

3.100.000 a 3.199.999 8 puntos

3.200.000 a 3.299.999 7 puntos

3.300.000 a 3.399.999 6 puntos

3.400.000 a 3.499.999 5 puntos

3.500.000 a 3.599.999 4 puntos

3.600.000 a 3.699.999 3 puntos

3.700.000 a 3.799.999 2 puntos

3.800.000 a 3.899.999 1 punto

Máis de 4.000.000 0 puntos

*Asistentes:

-Pola administración:

Presidente:

Luis Boullosa Nores

Secretario:

Rafael López Aguilera

Pola Dirección Xeral da Función Pública:

Generosa Yáñez Salgado

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria:

Pilar López Varela

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo:

Juan Carlos Campaña Figueira

Consellería de Economía e Facenda:

Alejandro Fernández Rodríguez

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Agustín Cariñena Aliaga

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude:

Manuela Guillán de Dios

Consellería de Industria e Comercio:

Concepción Outeriño Quintas

Consellería de Medio Ambiente:

José F. Sánchez-Brunete Varela

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura:

Marta Ramos Lage

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda:

Pedro Tomás Díaz Rodríguez

Consellería da Presidencia e Administración Pública:

Josefa Vidal Blanco

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais:

Luisa F. Mediero Lago

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais:

Mª José Colomer Fariña

-Polas organizacións sindicais:

Confederación Intersindical Galega:

Xesús Tarrío Peón

6675