Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.811

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e do comité intercentros do persoal laboral, sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o ano 1998 para todo o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 10 de xullo de 1998.

Visto o texto do acordo do 23 de xuño de 1998 para todo persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia (persoal funcionario de carreira, persoal interino, contratado administrativo, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal incorporados á Xunta de Galicia con anterioridade ó 1-1-1999), subscrito entre a Administración autonómica e a organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e no comité intercentros do persoal laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 1998, e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 10 de xullo de 1998, sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio do ano 1998, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro correspondente desta dirección.

Segundo.-Remitirlle ó texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo, para o seu depósito.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1998.

En Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e oito, os representantes da Administración autonómica e a organización sindical representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e no comité intercentros do persoal laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 1998, adoptan os seguintes acordos:

Criterios de reparto do fondo de accion social para o exercicio do ano 1998.

Normas xerais:

1.-Ámbito persoal.

Primeira.-Poderá causar dereito ás distintas axudas que se recollen na presente resolución o seguinte persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia:

a) O persoal funcionario de carreira, persoal interino, contratado administrativo, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal incorporados á Xunta de Galicia con anterioridade ó 1-1-1999.

b) O persoal referido no parágrafo anterior debería estar en situación de activo na Administración da Xunta de Galicia no ano 1998.

Segunda.-Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste acordo:

a) O persoal ó servicio de entes autónomos que se rexan polos seus propios orzamentos e estatutos (universidades, TVG, Igape, Consello de Contas,etc.), o persoal estatutario do Sergas, así como o persoal procedente dos centros sanitarios Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Sta. Mª Madre de Ourense, Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo, Hospital Xeral Provincial de Pontevedra, Hospital Psiquiátrico Provincial O Rebullón de Pontevedra e Hospital Militar da Coruña e ademais todo o persoal que non estea organicamente integrado na Xunta de Galicia.

b) O persoal proveniente do Inem que presta servicios no ámbito do traballo, o emprego e a formación, transferido á Xunta de Galicia segundo o disposto no Real Decreto 1375/1997, do 29 de agosto, (DOG nº 189, do 1 de outubro de 1997) e no Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro (DOG nº 43, do 4 de marzo de 1998), por te-las súas específicas e propia convocatoria de axudas do Fondo de Acción Social do ano 1998.

Terceira.-O persoal laboral non poderá solicita-las axudas previstas para diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais ó que lles será de aplicación o disposto no artigo 37 do III convenio único da Xunta de Galicia, agás os casos recollidos no punto 2 das normas específicas.

Cuarta.-Débense cumprir, ademais, os requisitos que se determinen nas normas específicas para cada modalidade de axuda.

2.-Incompatibilidades.

a) As modalidades de axuda obxecto deste acordo son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou doutro organismo oficial, salvo que fosen de contía inferior; nese caso, se se acredita documentalmente a súa natureza e contía, poderá solicitarse a diferencia ata a cantidade que, en cada caso, corresponda.

En todo caso deberá presentarse certificación do importe anual percibido expedido polo organismo correspondente.

b) Queda exceptuada da alínea a) a axuda a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

3.-Solicitudes e documentación.

a) Os interesados deben presenta-la solicitude conforme o modelo oficial establecido para cada axuda, debidamente cuberta e asinada.

b) Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador.

Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas: subdirección xeral ou xefatura de servicio da Dirección Xeral de Recursos Humanos que teña atribuídas funcións en materia de persoal.

Servicios periféricos: secretarios xerais das delegacións territoriais, provinciais e comarcais, ou funcionarios que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

Unicamente para estes efectos poderán certifica-los directores ou secretarios de centros de educación dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con respecto ó persoal con destino nos ditos centros.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas que preste os seus servicios nas direccións provinciais do organismo ou nos distintos hospitais ou centros de atención primaria: o secretario da dirección provincial do organismo ou o secretario da delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais segundo o ámbito de dependencia funcional do interesado.

c) Naqueles supostos nos que dous suxeitos beneficiarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo teñan causa ou causantes comúns, soamente un deles poderá causar dereito.

d) Os solicitantes deben xuntarlle á petición os documentos que se esixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certifificación ou copia cotexada os feitos que se aleguen.

e) Carecerán de validez os documentos achegados con emendas ou riscaduras.

f) A comisión de reparto rexeitará toda axuda solicitada que non cumpra cos requisitos esixidos.

4.-Falsidade nas solicitudes.

A ocultación de datos, a falsidade na documentación achegada ou a omisión da requirida, darán lugar á denegación da axuda solicitada ou perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades a que houbera lugar.

5.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Públi

ca, delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos (selada e rexistrada cada solicitude pola oficina onde se efectúe a presentación) de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), dirixidas ó director xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, nº 1, Santiago de Compostela), desde o 1 de outubro de 1998 e ata a fin do prazo que para cada tipo de axuda se sinala no seguinte calendario:

AxudaFin do prazo

Xubilación----------

Fillos menores31-decembro-1998

Estudios por fillo31-decembro-1998

Estudios do traballador31-decembro-1998

Diminuídos 15-xaneiro-1999

Vivenda15-xaneiro-1999

Todo isto de acordo cos modelos anexos das solicitudes.

6.-Distribución dos créditos.

Os créditos existentes destínanse á atención das situacións que referidas ó ano 1998 se relacionan seguidamente nas porcentaxes e contías que, así mesmo, se indican:

FinalidadePorcentaxeContía

1.-Axuda á xubilación14%84.000.000

2.-Axuda a diminuídos13%78.000.000

3.-Axuda por fillos menores25%150.000.000

4.-Axuda estudios do traballador4%24.000.000

5.-Axuda estudios por fillo22%132.000.000

6.-Axuda por vivenda22%132.000.000

TOTAL ................600.000.000

Por proposta da mesa xeral de negociación ou comisión designada por ela, poderanse modifica-las contías asignadas a cada axuda nunha mesma porcentaxe, se á vista das solicitudes presentadas non se puideran respecta-los topes mínimos establecidos nas axudas que así o establezan.

Os remanentes que houbera en cada unha das prestacións ou axudas incrementarán o orzamento da axuda de estudios por fillos e fillos menores nun 70% e un 30% respectivamente.

Procedemento.

1.-Recibidas as solicitudes procederase ó estudio e cualificación destas polo Servicio de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública que, unha vez ultimada a xestión, elevará proposta de concesión a favor dos que reúnan os requisitos desta resolución.

2.-Mediante resolucións da Dirección Xeral da Función Pública publicaranse listaxes provisionais de admitidos e excluídos contra os que os interesados poderán formula-las reclamacións que sexan procedentes, no prazo de dez días hábiles. Así mesmo, durante este prazo deberán emendarse, se é o caso, os defectos causantes da exclusión provisional. Esgo

tado este, elevaranse aqueles a definitivos coas modificacións a que houbese lugar.

3.-O aboamento das axudas concedidas efectuarase por transferencia bancaria ós beneficiarios.

4.-O prazo máximo para resolve-las solicitudes especificadas nesta orde será de tres meses, contados a partir do día seguinte o da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se no prazo establecido non se resolvese o expediente entenderase desestimada a solicitude.

Normas específicas.

1) Axudas á xubilación.

Beneficiarios.

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia que se xubilase ou invalidase permanentemente no ano 1998 (desde 1-1-1998 ata 31-12-1998 ambos inclusive).

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá certificación do persoal docente xubilado no ano 1998, así como dos importes percibidos ó abeiro da disposición transitoria novena da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais remitirá certificación do persoal funcionario e laboral xubilado no ano 1998, agás o persoal recollido na norma xeral 1.-Ámbito persoal, segunda do ámbito persoal que lles afecta e que non ten dereito ó fondo de acción social.

De acordo co número 2a) das normas xerais, o persoal xubilado que teña a condición de mutualista sometido ó campo de aplicación de Muface ou de calquera outra mutualidade de aseguramento, deberá solicitarlle á dita mutualidade o Subsidio de Xubilación e presentar, se é o caso, certificación denegatoria da mutualidade de non ter dereito ó dito subsidio, ante esta dirección xeral e antes do 16-1-1999.

A mutualidade Muface remitirá, por petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes do subsidio de xubilación durante o ano 1998, con indicación dos importes percibidos por cada solicitante ou motivos do rexeitamento.

O persoal xubilado no ano 1998 que tendo a condición de mutualista de Muface ou outra mutualidade de aseguramento figurase nas listaxes de excluídos coa clave: «Falta importe percibido por Muface» ou calquera outra mutualidade de aseguramento, quedará excluído do fondo de acción social, elevándose a correspondente proposta de aprobación da axuda, se é o caso, cando o xubilado presente certificación do importe percibido, e aboándose, de existir diferencia, con cargo ó orzamento do fondo de acción social do ano 1999, se non fose posible facelo con cargo ó de 1998 por estar este xa executado.

Contido.

Reparto da contía do orzamento sinalado no punto 6.1 deste acordo entre os beneficiarios cos seguintes topes:

Tope mínimo e máximo 350.000 ptas.

Documentación.

a) Non se precisa presentación de solicitudes.

b) A concesión será feita de oficio pola Administración.

2) Axudas para a atención a diminuídos.

Beneficiarios.

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia recollido no número 1.-Ámbito persoal, que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, consorte, fillos e ascendentes de 1º grao por cosanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentencia xudicial firme; diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, recoñecidos como tales antes do 1-1-1999, polos organismos que a continuación se relacionan e cuns ingresos que non superen o salario mínimo interprofesional anual:

-Área de Servicios Sociais da Consellería de Traballo e Servicios Sociais ou Sanidade e Servicios Sociais.

-Instituto Nacional de Servicios Sociais.

O persoal laboral terá dereito a esta axuda sempre que:

1. Reúna tódolos requisitos antes citados para causar dereito á axuda.

2. Que a solicite no ano 1998 á súa consellería de destino de acordo co artigo 37 do III Convenio Colectivo Único e non perciba a totalidade da contía anual; neste caso, o FAS farase cargo da diferencia.

O persoal laboral discontinuo que solicite esta axuda ó fondo de acción social deberá presentar certificado da súa consellería do importe que percibirá durante o ano 1998, por esta axuda.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6.2º entre tódolos solicitantes beneficiarios cos seguintes topes:

Tope mínimo e máximo de 216.000 ptas. por axuda e diminuído.

Documentación.

Para os fillos.

a) Solicitude normalizada por cada diminuído.

b) Copia cotexada do certificado oficial de minusvalidez, expedido polos centros anteriormente sinalados.

c) Copia cotexada de tódalas follas do libro de familia onde figuren anotacións.

d) Copia cotexada da declaración da renda do diminuído e unidade familiar do solicitante do ano 1997.

e) Se o diminuído ten idade laboral deberá presentar certificado de vida laboral desde o 1-1-1997 da Tesourería Territorial da Seguridade Social.

Para os consortes-ascendentes.

a) Solicitude normalizada por cada diminuído.

b) Copia cotexada do certificado oficial da minusvalidez, expedido polos centros anteriormente indicados.

c) Copia cotexada do DNI, do diminuído.

d) Copia cotexada do certificado de convivencia do concello e xustificación do parentesco co solicitante.

e) Copia cotexada da fe de vida do diminuído.

f) Copia cotexada da declaración da renda do diminuído e unidade familiar do solicitante do ano 1997.

Se o diminuído non ten declaración da renda remitirá certificación de cotizacións da Tesourería Territorial desde o 1-1-1997.

g) Certificación de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social.

h) Libro de familia do causante.

3) Axudas por fillos menores.

Beneficiarios.

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia, recollido no número 1.-Ámbito persoal, que teña fillos nacidos antes do 1-9-1998 e que non alcancen a idade escolar obrigatoria no curso 1998/1999.

Contido.

Reparto da contía sinalada no punto 6.3 entre tódolos solicitantes beneficiarios cun máximo de 45.000 ptas. por axuda e fillo.

Documentación.

Causantes aprobados no FAS do ano 1997:

a) Solicitude normalizada por cada fillo menor causante.

b) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, Inss).

Outros causantes:

a) Solicitude normalizada por cada fillo menor.

b) Copia cotexada da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, Inss).

4) Axuda estudios do traballador.

Beneficiarios.

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia recollido no número 1.-Ámbito de persoal, que curse estudios de EXB, BUP, FP, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, que dean lugar á obtención de títulos académicos expedidos pola Administración pública todos eles durante o curso académico 1998/1999.

O persoal que teña a condición de mutualista de Muface quedará excluído coa clave «Falta importe percibido por Muface», ata que a dita mutualidade remita certificación dos seus mutualistas que obtivesen este tipo de axuda pola dita mutualidade.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Reparto da contía sinalada no punto 6.4 entre tódolos solicitantes beneficiarios.

Tope máximo por solicitante beneficiario: 16.000 ptas.

Se ó remate do prazo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións o solicitante non puidese, por non estar aberto o prazo de inscrición, presenta-lo documento de ter aboada a matrícula do curso 1998/99, poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 1999.

Documentación.

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso académico 1998/1999, na que debe figura-lo importe pagado.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

d) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 1998/99, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-1999 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó Fondo de Acción Social do ano 1999.

5) Axuda para estudios por fillos.

Beneficiarios

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia, recollido no número 1.-Ámbito de persoal, que teña fillos ó seu cargo que cursen estudios de EXB, BUP, FP, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, que dean lugar á obtención de títulos académicos expedidos pola Administración pública, todos eles durante o curso académico 1998/1999.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Contido.

Reparto da contía sinalada no punto 6.5º entre tódolos solicitantes beneficiarios.

Tope máximo por solicitante beneficiario: 15.000 ptas. por axuda e fillo.

Se ó remate do prazo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións o solicitante non puidese, por non estar aberto o prazo de inscrición presenta-lo documento de ter aboada a matrícula do curso 1998/99, poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó Fondo de Acción Social do ano 1999.

Documentación.

Causantes aprobados no FAS do ano 1997:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso 1998/1999.

Non se precisa en estudios obrigatorios.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, Inss).

d) Se é o caso documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 1998/99, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-1999 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó Fondo de Acción Social do ano 1999.

Outros causantes ou procedentes de fillos menores:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso 1998/1999.

Non se precisa en estudios obrigatorios.

c) Copia cotexada da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións.

d) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, Inss).

e) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 1998/99, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-1999 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó Fondo de Acción Social do ano 1999.

6) Axuda por adquisición de vivenda.

Beneficiarios.

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia recollido no número 1.-Ámbito persoal, que adquira individualmente ou en copropiedade a súa única vivenda no ano 1998 para a unidade familiar e por única vez. Quedan excluídos desta axuda os solicitantes que pertenzan a unha unidade familiar na que algún dos seus membros percibise esta axuda en anos anteriores. Non terá dereito a esta axuda o persoal funcionario sanitario da Lei 17/1989 do 23 de outubro (DOG nº 206, do 26-10-1989), de creación de escalas do persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma e do Decreto 303/1990 do 31 de maio (DOG nº 111, do 8-7-1990) que perciba este mesmo tipo de axuda, o persoal interino docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o persoal interino posterior ó 31-5-1990 nin o persoal laboral temporal. Para efectos da axuda de vivenda a unidade familiar está constituída polos cónxuxes non separados legalmente, ou convivente, solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a, separado/a legalmente,

irmáns ou persoas que convivan co solicitante.

Contido.

Reparto da contía sinalada no punto 6.6º entre tódolos solicitantes beneficiarios ata un tope máximo de 400.000 ptas. por unidade familiar.

Documentación.

a) Solicitude normalizada por unidade familiar.

b) Copia notarial cotexada da formalización de compra-venda ou obra nova escriturada no ano 1998.

c) Copia cotexada do DNI do solicitante e persoa que integre con el a unidade familiar.

d) Copia cotexada da declaración da renda completa do ano 1997 do solicitante e da persoa que integre con el a unidade familiar.

No caso de ter ingresos ou gastos de rendas de capital inmobiliario, deberán demostrar con informe detallado e documentos oficiais (escrituras de vendas, recibos da contribución, etc.) que os ditos rendementos non corresponden a unha segunda vivenda.

e) Copia cotexada da cartilla de afiliación á Seguridade Social, Muface, etc., do solicitante e da persoa que constitúa con el a unidade familiar.

f) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

g) De acordo co número 2a) das normas xerais, o persoal solicitante e/ou o que constitúa con el a unidade familiar, que teñan a condición de mutualistas sometidos ó campo de aplicación de Muface ou doutra mutualidade de aseguramento de funcionarios, deberán solicitarlle á dita mutualidade, dentro do prazo establecido, a axuda por compra de vivenda ou obra nova xa que é preceptiva a referida solicitude para poder acceder ó fondo de acción social, e deben presentar copia cotexada da solicitude da subvención a Muface ou outra mutualidade de aseguramento de funcionarios ou certificación acreditativa.

No suposto de que Muface ou calquera outra mutualidade de aseguramento rexeitase a axuda solicitada polo mutualista ou por quen con el constitúa a unidade familiar, por tela solicitado noutro organismo oficial deberá, o solicitante da axuda de vivenda a este fondo social da Xunta de Galicia, presenta-la copia da solicitude da axuda formulada a ese organismo oficial que provocou a denegación da mutualidade que corresponda.

Se da documentación presentada resultase que o solicitante da axuda de vivenda deste fondo social non percibiu a axuda de Muface ou doutra mutualidade de aseguramento por tela solicitado a outro organismo oficial, sendo este o Fondo Social da Xunta de Galicia, tamén será excluído polo Fondo Social do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

A mutualidade Muface remitirá, por petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes da axuda por compra de vivenda ou obra nova do ano 1998, con indicación dos importes percibidos ou causas de rexeitamento.

Os solicitantes da axuda de vivenda que figuren nas listaxes que publique a Dirección Xeral da Función Pública unicamente coa clave de exclusión falta importe percibido por Muface, ou outra mutualidade de aseguramento de funcionarios, deberán presentar antes do 30-9-1999 certificación do importe concedido, co fin de poder elevar proposta de aprobación, se é o caso, da axuda, con cargo ó orzamento do Fondo de Acción Social do ano 1999, se non fose posible facelo con cargo ó de 1998 por estar este xa executado.

h) Son compatibles coas recollidas na orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 20 de marzo de 1992 (DOG nº 65, do 3 de abril de 1992).

Pola Administración.

-Ramón del Valle López.

Subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

-Luis Boullosa Nores.

Presidente.

-Rafael López Aguilera.

Secretario.

-Generosa Yáñez Salgado.

Pola Dirección Xeral da Función Pública.

-Pilar López Varela.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Felipe Alberto Nóvoa Conde.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Alejandro Fernández Rodríguez.

Consellería de Economía e Facenda.

-Agustín Cariñena Aliaga.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Elena García González.

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-Concepción Outeiriño Quintas.

Consellería de Industria e Comercio.

-José F. Sánchez-Brunete Varela.

Consellería de Medio Ambiente.

-Pedro Pardo Vázquez.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Pedro Tomás Díaz Rodríguez.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Josefa Vidal Blanco.

Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Luisa F. Mediero Lago.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Mª José Colomer Fariña.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Polas organizacións sindicais.

-Xesús Tarrío Peón.

CIG

6711