Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.809

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo das empresas Conresa e Hadasa.

Visto o expediente do convenio colectivo das empresas Conresa e Hadasa que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-6-1998, subscrito en representación da parte económica polas empresas, e da parte social polos delegados de persoal, o día 26-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Seccion de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xuño de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo das empresas Conserveros Reunidos, S.A. (Conresa) e Harinas del Atlántico, S.A. (Hadasa)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación á totalidade dos traballadores dos cadros de persoal empresa Conresa, de Santa Uxía de Ribeira (A Coruña), e Hadasa da Pobra do Caramiñal (A Coruña), así como ós que ingresen durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo terá unha duración de doce meses, entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998, e durante a súa vixencia non poderá ser afectado polo disposto en convenio de ámbito distinto, todo iso ó abeiro de canto prevén o artigo 84 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aproba o Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Prórroga.

Ó se cumpri-la data do seu vencemento, o convenio colectivo prorrogarase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia de calquera das partes, cunha antelación dun mes á data do seu vencemento.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións persoais máis beneficiosas cás asinadas neste convennio, manténdose o dito respecto en forma estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Retribucións.

Os salarios base establecidos neste convenio colectivo son os que se adxudican na táboa salarial anexa.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os aumentos por antigüidade ó servicio da empresa quedan cosntituídos por dous trienios de cinco por cento e quinquenios do 10 por cento calculados, en todo o caso, sobre o salario base de cada categoría profesional.

Artículo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores da empresa percibirán dúas gratificacións extraordiarias ó ano, que se denominarán de verán e de Nadal. As ditas gratificacións percibiranse os días 15 de xullo e de decembro, respectivamente, e a súa contía será dunha mensualidade do salario base, incrementado coa antigüidade correspondente.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

Tódolos traballadores da empresa percibirán, en concepto de paga de beneficios e dentro do primeiro trimestre do ano, a cantidade correspondente a 27 días do salario base incrementado coa antigüidade correspondente.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias que se realicen serán aboadas coas recargas seguintes:

85 por cento, as horas extraordinarias realizadas en días laborables.

160 por cento, as horas extraordinarias que se realicen en domingo ou días festivos ou as prestadas despois das vintedúas horas.

Para calcula-lo valor das horas extraordinarias recorrerase á seguinte fórmula:

Salario hora individual

(365+G) x (S+A)----------------------

Horas ano

Na dita fórmula:

365 son os días do ano.

«G» é o número de días retribución por cada paga extraordinaria, verán, Nadal, e beneficios.

«S» é o salario base diario.

«A» é a antigüidade.

Horas ano é o número total de horas que hai que traballar durante o ano.

O salario base que resulta da aplicación da fórmula anterior servirá de base para determina-lo importe das horas extraordinarias.

Artigo 10º.

Polas especiais circunstancias que concorren nas actividades da empresa, que teñen que transformar artigos perecedoiros, as partes recoñecen a ineludible necesidades de traballar un número de horas extraordinarias en relación co artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, e concordante todo iso co previsto no artigo 13, alíneas a) e b) do Acordo Interconfederal.

Estas horas extraordinarias traballadas terán a consideración de estructurais, de acordo co preceptuado no artigo 7 do Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto.

En concordancia co anteriormente disposto os representantes dos traballadores, daráselle cumprimento ó disposto no artigo 4 da Orde do 1 de marzo de 1983.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

Queda fixada en 40 horas semanais, tanto en xornada partida coma en continua; polo tanto, para ámbolos casos queda establecida na mesma duración semanal.

Para os traballadores que realicen as súas actividades en quenda de xornada continua, establécese un descanso de quince minutos de duración, de maneira que non se suspenda o proceso de producción neste tempo.

En cumprimento do determinado no apartado cuarto do artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, queda fixado un calendario laboral de 225 días efectivos de traballo, suma á que se chega por exclusión de domingos, sábados, festivos e período vacacional de todo o persoal.

Artigo 12º.-Plus de nocturnidade.

Para o persoal en xornada nocturna estáblecese un plus consistente no 25% do salario base, incrementado, segundo os casos, coa antigüidade correspondente.

Artigo 13º.-Percepcións en caso de ILT.

Os traballadores que padezan enfermidade percibirán desde o primeiro día e durante un prazo máximo dun ano o complemento necesario para que, sumado ás prestacións da Seguridade Social, alcande o cento por cento do seu salario. Esta percepción procederá unicamente nos supostos de incapacidade laboral transitoria, que requiran en todo caso hospitalización. Nos procesos de tratamento observarase o disposto no Real decreto 53/1980 do 18 de xaneiro. Nos casos de accidente de traballo a empresa complentará ata o cento por cento as indemnizacións que correspondan mentres dure esta situación de ILT, requira hospitalización ou non.

De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a empresa poderá verificar en todo momento o estado de enfermidade ou accidente do traballador, mediante o persoal facultativo que para estes efectos designe a empresa.

Toda negativa ó dito recoñecemento determinará a suspensión dos dereitos económicos que puidesen existir con cargo ó empresario polas ditas situacións.

Artigo 14º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período de 30 días naturais, retribuídos en salario real. A dirección da empresa elaborará de mutuo acuerdo cos traballadores un calendario de vacacións antes do día 30 de marzo, e exporase este no taboleiro de anuncios das empresas para coñecemento dos traballadores.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O persoal da empresa terá dereito a licencias retribuídas nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador: 16 días naturais.

b) Parto da esposa: tres días. No suposto de que este teña lugar fóra do domicilio ou residencia habitual do interesado, aumentarase nun días máis.

c) Falecemento do cónxuxe, fillos, pais, pais políticos e demais familia ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: tres días. Se precisase, por tales causas, facer un desprazamento, o total do permiso alcanzará cinco días naturais.

d) Nos demais casos ou supostos observarase canto prevé o artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Traballo da muller.

A muller terá iguais dereitos e obrigas có home. Se a realización de traballos tóxicos, penosos ou perigosos afectase á situación de embarazo ou á maternidade, estes deberán ser excluídos para a muller.

Artigo 17º.-Roupas de traballo.

A empresa facilitaralle a cada traballador dúas fundas ó ano, cunha duración que se calcula para tal período, entregando estas dúas pezas no mes de xaneiro; con esta medida permitirase que tales roupas poidan ser sometidas ó lavado semanal obrigatorio. Ó finaliza-lo ano, os traballadores terán que lles facer entrega ás empresas da roupa recibida no seu día, sexa cal fose o seu estado de conservación, por canto son propiedade da patronal.

Artigo 18º.-Póliza de seguro.

A empresa subscribirá un seguro colectivo de vida e invalidez en favor dos seus traballadores, cunha cobertura de 1.700.000 ptas. no caso de morte, e de 2.800.000 ptas., para os casos de invalidez.

Artigo 19º.-Persoal fixo.

Os traballadores que nun prazo de dez anos permanecesen nas empresas máis de cinco anos como persoal contratado, pasarán a fixos no cadro de persoal.

Artigo 20º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será o órgano de interpretación, vixilancia, arbitraxe e conciliación do convenio. Estará constituída por un representante da empresa e un dos traballadores.

Artigo adicional.-En cumprimento do previsto no artigo 26.5º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aproba o Estatuto dos traballadores, faise constar en función:

a) O número de horas de traballo durante a vixencia do convenio será de 1.800 de traballo efectivo.

b) Que a remuneración anual dos traballadores, en función do dito número de horas, é a seguinte:

Categoría profesionalTotal pesetas

Xerente 3.281.516

Axudante titulado 2.895.174

Xefe administrativo 2.895.174

Xefe de producción 2.895.174

Contable 2.194.249

Administrativo 1.925.870

Encargado 1.955.357

Auxiliar administrativo 1.896.249

Aspirante administrativo 1.199.122

Mecánico 1.869.741

Oficial 1.843.085

Chofer 1.843.085

Axudante 1.823.075

Peón 1.780.386

ANEXO

TÁBOA DE SALARIOS

CategoríaSalario mes

Xerente 220.236

Axudante titulado 194.307

Xefe administrativo 194.307

Xefe producción 194.307

Contable 147.265

Administrativo 129.253

Encargado 131.232

Auxiliar administrativo 127.265

Aspirante administrativo 80.478

Mecánico 125.486

Oficial 123.697

Chofer 123.697

Axudante 122.354

Peón 119.489

Disposición adicional segunda.-Os salarios establecidos ena táboa salarial serán revisados se o IPC de decembro de 1998 supera con respecto ó do 31 de decembro de 1997 o 2 por cento.

O dito incremento aplicarase con carácter retroactivo do 1 de xaneiro de 1998.

Composición da comisión paritaria:

-En representación das empresas:

José Lino Rivas Pena.

-Pola representación dos traballadores:

José Ramón Pérez Amor, por Conresa e Miguel Lorenzo Hermo por Hadasa.

Santa Uxía de Ribeira, 27 de maio de 1998, seguen as sinaturas.

6710