Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa denominada Empresa Nacional de Celulosas, S.A. (ENCE).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Empresa Nacional de Celulosas, S.A. (ENCE), que tivo entrada nesta delegación provincial o 15-6-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 12-5-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que conste nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de xuño de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da Empresa Nacional de Celulosas, S.A. Fábrica de Pontevedra

Acta do asinamento do convenio 1997-2000

En Pontevedra, ás doce horas do día doce de maio de mil novecentos noventa e oito reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo, coa asistencia de tódolos seus membros, excepto os señores Adolfo Asuar Aydillo e Jesús Abril López, por parte da empresa.

Aberto o acto, logo das deliberacións pertinentes, tómanse, entre outros, os seguintes acordos:

1. Aproba-lo convenio colectivo para os anos 1997-2000.

2. Eventuais-interinos: a empresa, para as contratacións de persoal eventual ou interino para substitucións por baixas e ausencias, agás casos excepcionais, contratará directamente os traballadores substitutos sen utiliza-las empresas de traballo temporal.

3. Emprego: a empresa comprométese á contratación de nove traballadores fixos (tres cada ano de vixencia do convenio) de acordo coa política de renovación do cadro de persoal e en relación co plan de xubilacións anticipadas voluntarias.

4. Comité intercentros saúde laboral: de acordo co indicado na LPRL poderase establecer este comité sempre que se acorden as funcións que hai que atribuírlle e, en todo caso, se respecte a total independencia de cada centro de traballo na elaboración e desenvolvemento da súa política de prevención e saúde laboral.

Será constituído por un máximo de 5 membros que poderán efectuar propostas concretas sobre a problemática xeral de prevención e saúde laboral e poderá celebrar unha reunión semestral.

5. Comité valorador: o comité valorador estará formado necesariamente por seis persoas (tres por cada representación), coa formación adecuada para valorar que, en caso de empate, elaborará unha proposta coas razóns da discrepancia sobre a que a dirección poderá decidir razoada e razoablemente ou devolverlle ó comité valorador para o seu reestudio con novos argumentos.

6. Xornada intensiva: amplíase a xornada intensiva para o persoal de oficinas e quenda normal ata os seguintes períodos:

-Desde o 9 de decembro ata o 15 de xaneiro.

-Luns e martes de Antroido.

-3 días antes e 3 días despois de Semana Santa.

-Desde o 1 de xuño ó 30 de setembro, agás modificación por datas de parada anual (neste caso alongarase o período correspondente).

Adicionalmente, desde o 1 de abril ó 31 de maio, para o persoal de quenda normal de mantemento, estableceranse tres grupos de traballadores que desenvolverán o seu traballo en dúas semanas de xornada intensiva e unha de xornada normal de cada tres transcorridas.

7. Formación: a dirección deberá consultar co comité de empresa coa antelación suficiente para que esta poida propor novos programas ou a modificación dos presentados, para a elaboración do plan de formación.

Procurarase que os cursos que se fagan para o persoal de quendas sexan de 4 horas como mínimo, a non ser que a duración do curso sexa inferior e evitar que ocupen demasiados días de descanso. Computarase unha hora de curso por unha hora de xornada.

8. Plan de pensións e seguros de vida e accidentes: no anexo I a esta acta achégase acordo da comisión negociadora sobre este tema, aclarándose que, de non modificarse o regulamento do plan, a achega para o plan de pensións volverá a ser como na actualidade.

9. Paga do asinamento de convenio: aboarase a cantidade de 50.000 pesetas por persoa. Esta cantidade non ten carácter considerable.

10. O traballador que se accidente poderá elixi-la atención sanitaria no centro correspondente do Sergas, en lugar de clínica privada.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás trece horas.

ANEXO I

Plan de pensións e seguro de vida e accidentes

A comisión negociadora (parte social) do convenio colectivo 1997-1999, da fábrica de Pontevedra, autoriza o comité de empresa dela para que no seu día, e se este o considera oportuno, modifique as condicións de seguro de vida, así como para que inste a comisión de control do plan de pensións a cambia-lo regulamento do plan, así como os acordos básicos do dito plan.

A referida modificación levarase a cabo, se é o caso, nos seguintes termos:

1. O tomador do seguro pasará a se-lo plan de pensións.

2. O capital asegurado pasará, se é o caso, a ser de 35 mensualidades, agás outra decisión que determine a comisión de control do plan, computándose nel os dereitos consolidados de cada partícipe.

Para estes supostos de accidente o capital asegurado pasará a ser de setenta mensualidades.

3. Para os traballadores actuais, do mesmo modo que se veu facendo no pasado, o custo da prima do seguro de vida achegarase ó plan de pensións pola empresa e traballador. A diferencia de prima resultante das modificacións introducidas no capital asegurado destinarase a incrementa-las achegas de xubilación ó plan de pensións para aumenta-los dereitos consolidados de cada partícipe.

4. Para os traballadores de nova incorporación a partir do 1 de xaneiro de 1997, o custo da prima do seguro referido no anterior punto 3 estará incluído na porcentaxe que se acorde de achega total ó plan de pensións por conta da empresa e o traballador.

5. Modificaranse as achegas da empresa e do traballador ó plan de pensións, de forma que da actual situación de achega do 6,25% (5,25% da empresa e o 1% do traballador) referido ó salario pensionable actual, pásase a unha achega do 10,42% (8,75% da empresa e o 1,67% do traballador), do novo salario pensionable, que comprende (soldo base, complemento salarial de 1993 e antigüidade). Esta nova achega comezará o 1 de xaneiro de 1997 aínda cando non se modifique o regulamento do plan ata 1998. A garantía do 30% do salario pensionable ós 65 anos referida no artigo 6º.3.2 do presente convenio, que na actualidade se atopa directamente por conta da empresa, transformarase, se é o caso, nunha achega suplementaria ó plan de pensións, en favor dos traballadores afectados mediante a correspondente valoración actuarial, sendo realizada a dita achega pola empresa a través de calquera das medidas legalmente autorizadas.

A garantía do 30% do salario pensionable referida ós supostos de invalidez, viuvez e orfandade mantense directamente por conta da empresa.

Unha vez que a comisión de control do plan de pensións aceptara de acordo co artigo 3.5º do Regulamento do plan de pensións e procedera a incorporar ás especificacións do dito plan as reformas que se aproben, quedarán, se é o caso, sen efecto os artigos 6º.2 e 6º.3 do convenio, que se substituirán polas novas condicións acordadas.

En proba de conformidade co exposto, asinan o presente acordo a parte económica e a parte social da comisión negociadora do convenio colectivo da fábrica.

Pontevedra, 8 de maio de 1998.

Capítulo preliminar

Intervenientes

1. Dunha parte, en representación do comité de empresa do centro de traballo de Pontevedra, da fábrica de Pontevedra da Empresa Nacional de Celulosas, S.A., os compoñentes sociais da comisión negociadora, cunha idoneidade e representatividade que se xustifica mediante a nota incluída como anexo I.

2. Doutra parte, en representación da Empresa Nacional de Celulosas, S.A., os integrantes da comisión negociadora nomeados por ela, segundo se indica como anexo II.

3. Ámbalas partes, segundo interveñen, recoñécense mutuamente plena capacidade para levar a efecto e outorga-lo presente convenio colectivo.

Capítulo I

Disposicións xerais

Sección 1ª.-Ámbito.

Artigo 1º.-1. Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais entre a Empresa Nacional de Celulosas, S.A. e os traballadores do centro de traballo da fábrica de Pontevedra.

Artigo 1º.-2. Ámbito persoal.

O presente convenio afecta a tódolos traballadores fixos pertencentes ó cadro de persoal do centro de traballo da fábrica de Pontevedra con inclusión do persoal técnico superior, medio, xefes administrativos e asimilados, excepto nas materias económicas salariais.

Artigo 1º.-3. Ámbito temporal e denuncia.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1997 e terá unha duración de tres anos, é dicir, ata o 31 de decembro do 2000.

Calquera das partes asinantes poderá proceder á denuncia do convenio, cun aviso previo dun mes, mediante unha simple comunicación á outra parte.

As deliberacións para o convenio do 2001 comezarán un mes antes de remata-la vixencia deste convenio.

Sección 2ª.-Absorción, compensación e garantías ad personam.

Artigo 1º.-4. Absorción, compensación e garantías ad personam.

a) As estipulacións deste convenio revogan e substitúen cantas en tales materias se estableceran e estean vixentes na data da súa entrada en vigor, quedando subsistente, por conseguinte, todo canto non sexa obxecto expreso do presente pacto laboral e tódolos dereitos, que adquiridos a título persoal por cada un dos traballadores, están recoñecidos como tales no momento do asinamento deste convenio.

b) As melloras económicas e doutra índole que puideran establecerse por disposicións legais ou regulamentarias serán absorbidas ou compensadas polas establecidas en conxunto e en cómputo anual deste convenio.

c) As condicións laborais que se deriven deste convenio no seu aspecto simplemente económico, forman un conxunto orgánico e indivisible, que non se poderá considerar illadamente, senón na súa totalidade.

Sección 3ª.-Comisión paritaria de interpretación e vixilancia.

Artigo 1º.-5. Constitución, composición e funcións.

1. Existirá unha comisión paritaria que estará composta por catro membros designados pola empresa e catro designados polo comité de empresa. A dita comisión paritaria será o órgano para interpretar, vixiar, conciliar e arbitra-lo disposto no presente convenio colectivo.

2. Os membros da comisión posúen os mesmos dereitos e obrigas e, en particular, a facultade de dá-la opinión sobre calquera asunto que sexa sometido a este órgano. Cada un deles terá dereito a un voto.

3. Os vocais designados polo comité de empresa cesarán na comisión paritaria cando este órgano, reunido en pleno e por maioría, acorde retirárlle-la confianza; neste caso, procederase a unha nova designación.

Artigo 1º.-6. Procedemento de actuación.

1. Os acordos tomados na comisión paritaria non poderán volver a ser reconsiderados pola comisión da que formen parte os novos vocais designados polo comité de empresa, en virtude do que se indicou no parágrafo anterior.

2. En caso de empate, seguiranse os trámites establecidos pola lexislación vixente.

3. A comisión paritaria reunirase cando existan asuntos que reclamen a súa atención ou cando o solicite calquera das partes.

4. A comisión paritaria elaborará a súa propia normativa.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 2º.-1. Organización do traballo.

A organización práctica do traballo será competencia exclusiva da dirección con suxeición á lexislación laboral vixente.

Capítulo III

Valoración de postos de traballo

Artigo 3º.-1. Norma de mantemento do sistema de valoración de postos de traballo.

Realizouse o estudio técnico de actualización das valoracións de tódolos postos de traballo e o seu axuste horizontal, que quedou recollido nos acordos asinados entre os representantes da empresa e do comité de empresa con datas do 20 de xuño de 1988 e do 13 de marzo de 1989.

A forma en que se levou a cabo a indicada actualización da valoración de postos de traballo, os chanzos que corresponden a cada un dos postos, as normas

para a valoración de novos postos e da revisión da valoración daqueles que teñan un contido que variase substancialmente, así como a situación do persoal sobreclasificado, recóllense nunha norma asinada entre a dirección da empresa e o comité de empresa.

Capítulo IV

Condicións de traballo

Sección 1ª.-Xornada de traballo e horarios.

Artigo 4º.-1. Xornada de traballo.

1. A xornada de traballo para todo o persoal incluído no ámbito deste convenio será en horas anuais de traballo efectivo, tanto en xornada ordinaria como xornada continuada, a seguinte:

Ano 1997: 1.782 horas.

Ano 1998: 1.766 horas.

Ano 1999: 1.758 horas.

Ano 2000: 1.752 horas.

Se durante a vixencia deste convenio colectivo e por imperativo legal se dispuxera unha xornada en cómputo anual inferior á pactada, haberá que aterse ó que regule a lei.

Esta xornada levará consigo que se manteñan as esixencias de asistencia obrigatoria ás sesións de formación, información, adestramento, etc., en tempo de descanso, compensando hora por hora en cómputo de traballo ou de descanso, podendo utilizarse as paradas, parada anual, etc. a xuízo do xefe respectivo, sendo os descansos do mesmo tipo cás horas realizadas que se vaian compensar, sen prexuízo do indicado na norma de horario 2x2x2. Ademais, durante a parada anual poderán programarse xornadas de 9 horas computándoas na xornada anual.

2. As horas de traballo efectivo computaranse de forma que, tanto ó comezo como á fin da xornada diaria, cada traballador debe encontrarse no seu posto de traballo.

3. Para o persoal que traballe as tres quendas, incluídos os domingos e festivos, así como para o persoal que traballe a dúas quendas, as quendas de traballo son as que figuran no anexo XIII deste convenio.

O dito persoal deberá traballa-los días que lle correspondan polo calendario de quendas.

A diferencia de horas ó ano, en máis ou en menos, que poida realizar este persoal sobre a xornada anual establecida no punto 1 regularizarase de mutuo acordo entre a empresa e os traballadores afectados.

4. Non obstante o anterior, respectarase a xornada menor en calquera modalidade delas que se realice no momento da entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 4º.-2. Horarios.

Para efectos de cómputo do número de horas total de traballo efectivo anual, a dirección da fábrica e os representantes do persoal establecerán os horarios nos que se recolla a distribución do número total de horas anuais.

Para a súa confección, terase en conta o seguinte:

a) En ningún caso se poderán realizar máis de 9 horas ordinarias de traballo efectivo.

b) Entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas.

c) Semanalmente existirá un descanso de día e medio ininterrompido.

d) Nos traballos a quenda poderanse computar por períodos de ata catro semanas, e os descansos de 12 horas entre xornada e de día e medio semanal a que se refiren os puntos b) e c) anteriores.

e) Nos postos de traballo a tres quendas, nos que se traballen as 24 horas do día, incluídos os domingos e festivos, terase en conta a rotación deles e que ningún traballador estará de noite máis de dúas semanas consecutivas, agás adscrición voluntaria.

Artigo 4º.-3. Parada anual de fábrica: horarios e descansos.

Como xa é tradicional, e co obxecto de revisa-las instalacións da factoría, facendo as reparacións necesarias e urxentes, así como procedendo á montaxe daquelas máquinas cunha incidencia fundamental no proceso productivo, procederase na data que a dirección da empresa determine, á parada anual de fábrica, establecéndose, en principio, un horario de xornada partida para o persoal afectado pola dita parada, con horario máximo de 10 horas diarias. O domingo que estea incluído durante a duración da parada considerarase día de descanso para todo o persoal. Así mesmo, daránselle ó persoal tódolos descansos posibles compatibles coa realización dos traballos da parada, ben nos días en que o descanso lle correspondera ou ben noutros días que se habiliten para o efecto.

Artigo 4º.-4. Traballos de Nadal e fin de ano.

1. A empresa poderá decidir, se as circunstancias o aconsellan, a continuidade do traballo en Noiteboa e Nadal.

2. O persoal de quendas que teña que prestar servicio do proceso productivo nas quendas que corresponden de 14 a 22 horas e de 22 a 6 horas, do día 24 de decembro e de 6 a 14 horas e de 14 a 22 horas, do día 25 de decembro, percibirá nos anos 1998 e 1999 unha bonificación de 79.200 pesetas e para o ano 2000 de 80.784 pesetas, con carácter lineal e por tódolos conceptos como retribución total desta xornada complementaria.

Naturalmente, a gratificación da quenda de 22 a 6 horas do día 25 de decembro manterase con 9.694 pesetas en 1997, 9.898 pesetas en 1998, 10.096 pesetas en 1999 e de 10.298 pesetas no ano 2000.

3. Para o resto do persoal que teña que acudir a prestar algún servicio ou para o suposto de que a empresa decidira parar nos días de Noiteboa e Nadal, co mantemento mínimo necesario de caldeira de vapor, etc., o persoal necesario para ese mantemento percibirá as gratificacións que se recollen no anexo XIV.

4. Os días 31 de decembro e 1 de xaneiro son considerados laborables para o persoal sometido a réxime de 3 quendas, para tódolos efectos pertinentes.

En todo caso, ós traballadores que estean de quenda corresponderánlle-las gratificacións que se recollen no anexo XIV.

Sección 2ª.-Horas extraordinarias.

Artigo 4º.-5.

a) As horas extraordinarias consideraranse divididas en tres grupos: habituais, necesarias e de forza maior.

a) Horas extraordinarias de forza maior: son as que se efectúan para evitar avarías e outros danos extraordinarios ou urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas auxiliares, producción, etc., por causas alleas á vontade das partes. A súa realización será obrigatoria.

b) Horas extraordinarias necesarias ou estructurais: son as que se realizan por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ós de carácter estructural derivados da natureza do traballo de que se trate, ou mantemento. Todo iso, sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas pola lei.

c) Horas extraordinarias habituais: son as realizadas cando se supera a xornada legal, que non corresponda ós supostos das horas extras de forza maior ou necesarias. Procurarase evitalas.

b) A dirección da empresa informará mensualmente ó comité de empresa do número de horas extraordinarias realizadas e do carácter delas.

c) As horas extraordinarias sinaladas nos puntos a) e b) non se terán en conta para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias auto

rizadas, sen prexuízo do aboamento como horas extraordinarias.

d) As horas extraordinarias regularanse pola norma de dirección aprobada para o efecto.

Sección 3ª.-Vacacións.

Artigo 4º.-6. Duración das vacacións e bolsa de vacacións.

1. A duración para efectos só de desfrute será de 30 días naturais.

Estes 30 días de vacacións anuais para o persoal de xornada partida (quenda normal) poderanse substituír por 22 xornadas efectivas de traballo, sempre que se desfruten dunha soa vez e nos que só pode quedar comprendida unha das festas laborais, de coincidir máis dunha durante o seus período de desfrute.

O persoal que cause alta ou baixa durante o ano terá dereito a un número de días en proporción ó tempo de traballo. A forma de proceder ó seu cálculo indícase na norma aprobada para o efecto, entre a empresa e o comité de empresa.

2. A forma de programa-lo seu desfrute será a vixente nos acordos asinados entre a dirección da empresa e o comité de empresa.

3. O importe da bolsa de vacacións para o ano 1997 será de 24.743 pesetas (vintecatro mil setecentas corenta e tres pesetas).

Para o ano 1998 será de 25.262 pesetas (vintecinco mil duascentas sesenta e dúas pesetas).

Para o ano 1999 será de 25.767 pesetas (vintecinco mil setecentas sesenta e sete pesetas).

Para o ano 2000 será de 26.282 pesetas (vinteséis mil duascentas oitenta e dúas pesetas).

Capítulo V

Retribucións

Artigo 5º.-1. Consideracións previas.

1. As táboas salariais de 1997 modificaranse transvasando a paga de beneficios e 52.000 pesetas da bolsa de vacacións de 1996 ó complemento salarial, incrementando os conceptos transvasados desde o 1 de xaneiro de 1994.

2. Porcentaxe de subida:

a) O 1 de xaneiro de 1998 procederase en automático a unha subida dun 2,1%, en tódolos conceptos salariais fixos, excepción feita daqueles en que expresamente se estableza outra cousa.

b) O 1 de xaneiro de 1999 incrementarase nun 2% (ou o IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado para 1999, no caso de que sexa superior ó 2%), tódolos conceptos salariais fixos, agás os expresamente indicados cunha subida diferente.

c) O 1 de xaneiro do 2000 procederase en automático a unha subida dun 2% en tódolos conceptos salariais fixos, excepción feita daqueles en que expresamente se estableza outra cousa.

3. Tódalas cantidades, calquera que sexa o seu concepto, que dimanen da aplicación do presente convenio, así como calquera outra percepción que puidera existir, consideraranse necesariamente nos seus importes brutos e sometidos ó gravame que a cada cal corresponda, segundo as súas circunstancias persoais e familiares.

4. Os impostos e cotizacións á Seguridade Social achegaraos a parte que legalmente lle corresponda e nas melloras voluntarias, prestacións de xubilación e seguro de vida e accidente, establecidas de común acordo cos traballadores en convenios anteriores, manteranse as porcentaxes de participación respectivas entón acordadas.

5. O total ano apercibido en concepto de salario convenio (soldo base e complemento salarial), antigüidade e o complemento de traballo continuado ou non stop, correspóndese ás horas de traballo efectivo ó ano para todo o persoal, segundo se indicou no artigo 4º.1. O número de horas ó que corresponden os outros conceptos retributivos é o que se indica ó regular cada un deles.

Artigo 5º.-2. Salario convenio.

1. O salario convenio componse para todo o persoal de soldo base e complemento salarial de empresa (anexo III).

2. O novo salario convenio, que se establece desde 1994, componse do antigo salario convenio vixente ata 1993 e que se estableceu en 1981, e era o resultado da globalización dos seguintes conceptos salariais existentes no ano 1980: soldo valoración (composto de soldo base, plus de actividade e aumento voluntario), compensación lineal, compensación conxelada e o 25% da prima de producción devengado en 1980, incrementados no 12,50%, porcentaxe de incremento pactada para o ano 1981, incrementando desde o 1 de xaneiro de 1994, nos conceptos de paga de asiduidade, plus de presencia e paga de plan social individualizado, que estes tres últimos pasan a integrarse no concepto complemento salarial.

Neste concepto inclúense, ademais, desde o 1 de xaneiro de 1997 a paga de beneficios e 52.000 pesetas provenientes da bolsa de vacacións.

3. O salario convenio devengarase por xornada e rendementos normais.

4. O salario base e o complemento salarial de empresa, unha vez deducidos os dereitos adquiridos por antigüidade, figuran no anexo III e aparecen no seu importe anual e mensual. O importe por mes obtense dividindo o importe anual entre 14, é dicir, polo número de meses do ano máis o que corresponde ás pagas extraordinarias regulamentarias de xullo e Nadal.

5. Gratificacións extraordinarias regulamentarias:

-As gratificacións extraordinarias regulamentarias de xullo e Nadal percibiranse na primeira quincena de xullo e decembro, respectivamente.

-O persoal que ingrese ou cause baixa durante o ano, o eventual e o interino, percibirá o seu importe proporcionalmente ó tempo de permanencia ó servicio da empresa.

Artigo 5º.-3. Prima de producción.

a) Anos 1997 e 1998.

A fórmula de prima que se vai aplicar será a seguinte:

Prima: E x P.

onde:

E: é a cantidade en pesetas correspondente a cada chanzo de cualificación en 1997 e en 1998, segundo as táboas seguintes:

ChanzoE(1997)E (1998)

A2.0692.131
B2.0842.146
C2.1022.165
D2.1172.180
E2.1352.199
F2.1542.219
G2.1752.240
H2.1962.262
I2.2192.286
J2.2442.311
K2.2692.337
L2.2962.365

P: producción en toneladas realmente producidas.

As cantidades obtidas en pesetas devengaranse e aboaranse mes a mes.

Para o cálculo da prima só se terán en conta as toneladas realmente producidas.

b) Ano 1999 e 2000.

Desde este ano modifícase a fórmula de prima, pasando a ser prima de producción-calidade, na fórmula seguinte:

Prima. E x P x IC, onde IC = IM - 21 NC.

P = toneladas realmente producidas.

IC = índice de calidade.

IM = índice meta (definido no incentivo de calidade).

INC = índice de non calidade (definido no incentivo de calidade).

E = é a cantidade correspondente a cada chanzo segundo a táboa seguinte:

ChanzoE(1997)E (1998)

A2.3202.365
B2.4162.464
C2.5152.565
D2.6192.671
E2.7282.783
F2.8402.897
G2.9583.017
H3.0803.142
I3.2073.271
J3.3393.406
K3.4773.546
L3.6213.693

Ademais, para o ano 1999 establécese un complemento de cualidade que se obterá en proporción ó índice de mellora do índice de calidade (IC), desde o 0,8 ó 0,9 e que alcanzará un máximo do 1,1% dos conceptos fixos de 1998 (soldo, complemento e antigüidade), no caso de consegui-lo IC = 0,9 (0,0% con IC 0,8 ata 1,1% con IC 0,9).

Para a determinación da mellora do índice de cualidade que serve para obte-lo complemento de cualidade non se computará a cualidade realizada 15 días antes e 1 mes despois da parada anual de 1999.

Á cantidade así resultante, para cada chanzo de cualificación acumularáselle ó complemento salarial o 31 de decembro de 1999.

Para o ano 1999, exclusivamente, establécese a cláusula de garantía seguinte: «A producción de 1997 de 291.700 t que equivale a unha prima de producción e incentivo de calidade de 685.000 pesetas para o chanzo G, servirá de tope mínimo garantido no caso de que en 1999, a producción sexa igual ou superior, se os requisitos de calidade non se cumpren e resultara unha cantidade de prima inferior. Se coa nova fórmula significara unha maior retribución por prima, aboarase esta. No caso de producir menos de 291.700 toneladas aboarase a prima que corresponda proporcionalmente aplicando os mesmos criterios de garantía».

c) Persoal de novo ingreso: para o persoal de novo ingreso (fixos, interinos e eventuais) establécese un período de adaptación ó posto de catro anos contados desde a data da súa incorporación. Por iso, a prima que se vai percibir reducirase mensualmente nas cantidades indicadas no anexo XIX, en cada un dos anos de vixencia do convenio.

d) Para a determinación individual da prima terase en conta o seguinte:

Considerarase o factor de eficacia como 1 para todo persoal, agás comunicación por escrito ó interesado na que se lle indicará o coeficiente que se vai aplicar e as razóns que o xustifiquen.

O comité de empresa será informado tal como viña facéndose na actualidade.

e) Tendo en conta os investimentos que se van realizar para amplia-la capacidade e eficacia da fábrica e que, por tanto, a producción sufrirá un considerable incremento, é polo que, de acordo coas circunstancias productivas do ano 2000 negociarase, no próximo convenio, a adaptación da fórmula de prima considerando esas novas circunstancias.

Artigo 5º.-4. Horas extraordinarias.

1. Acórdase que as horas extraordinarias teñan un valor fixo para cada chanzo de cualificación, para tódolos efectos legais, que son os que figuran no anexo IV.

Os ditos valores obtivéronse tendo en conta o conxunto de condicións deste convenio e dos anteriores e as prestacións compensatorias que este concepto leva.

2. No suposto que correspondan de acordo coa norma de horas extraordinarias vixentes na empresa, as horas dividiranse entre traballadas e bonificadas.

A táboa de bonificacións de horas extraordinarias achégase como anexo V.

Artigo 5º.-5. Antigüidade.

1. O persoal que ingresou antes do 1 de xaneiro de 1994 percibirá un complemento persoal de antigüidade, cunha contía que será a correspondente á antigüidade que tiña o 31 de decembro de 1993.

A contía deste complemento persoal de antigüidade será como mínimo, a percibida no ano 1993 para tódolos conceptos de antigüidade, repartido o fondo e a súa repercusión en paga de beneficios.

O dito complemento recóllese no anexo VI.

2. O número de trienios e quinquenios que poderá chegar a acumula-lo persoal fixo que ingresara antes do 1 de xaneiro de 1994, será o seguinte:

a) Para o persoal que ingresou antes do 1º de xaneiro de 1985, o límite da dita antigüidade será de 2 trienios e 4 quinquenios.

b) Para o persoal que ingresou despois do 1º de xaneiro de 1985, o límite da dita antigüidade será de 2 trienios e 3 quinquenios.

c) O valor dos trienios e quinquenios é o que se recolle no anexo VII deste convenio.

d) Os aumentos periódicos por antigüidade (trienios e quinquenios), comezarán a devengarse a partir do 1º do mes seguinte en que o cumpran.

e) Os que ascendan de chanzo de cualificación percibirán os novos trienios e quinquenios correspondentes ó novo chanzo de cualificación.

f) No caso de que un traballador cese na empresa e posteriormente reingrese nela, o cómputo de antigüidade será a data do último ingreso.

Para estes efectos, o persoal en suspensión de contrato terá que aterse ó disposto na lexislación vixente en cada momento.

g) O persoal que ingrese a partir do 1 de xaneiro de 1994 non percibirá este complemento persoal.

3. Dereitos adquiridos por antigüidade.

Neste concepto inclúese o trasvase do complemento salarial das cantidades correspondentes ó plus de presencia que son dereitos adquiridos con anterioridade a 1997 e cuns valores que se recollen no anexo VII.

Os que ascendan de chanzo de cualificación percibirán os novos valores correspondentes ó novo chanzo de cualificación.

Artigo 5º.-6. Paga de cash flow.

A partir de 1994 e con carácter indefinido, agás que se pacte outra cousa, establécese unha paga

anual en función dos resultados da empresa dada polo cash flow (beneficios + amortizacións), unha vez deducidos os impostos correspondentes.

A dita paga, da cal as cantidades non terán carácter consolidable, aboarase dunha soa vez, no mes de marzo, posteriormente a que se coñezan o balance e contas de resultados da empresa. Pagaráselles ós traballadores fixos na empresa. Os que causaran baixa ou alta durante o ano, percibirán o seu importe por doceavas partes ós meses de permanencia ó servicio da empresa.

Consistirá nunha paga determinada de acordo coa fórmula gráfica que se recolle no anexo VIII (1) e que en esencia consiste en que segundo cales sexan os resultados da empresa en canto a cash flow despois dos xuros que se xeraran, cada traballador recibirá unha cantidade que será un tanto por cento determinado dos seus emolumentos fixos cobrados no ano transcorrido.

Para os efectos dela, enténdese como emolumentos fixos, os comúns, isto é, soldo base, complemento salarial, bolsa de vacacións e antigüidade, en tódolos seus conceptos.

Para a determinación dos puntos de cambio de inclinación das rectas das gráficas tomouse como referencia o que o cash flow de 4.000 millóns de pesetas é aquel en que, nas actuais condicións da empresa, comeza a producir beneficios e o cash flow de 10.000 millóns de pesetas, despois de impostos, é o que se pode xerar nas condicións favorables do mercado e coa actual estructura da empresa.

Para o convenio 1997-2000 a fórmula será indicada no anexo VIII (1) na que para 4.000 M ptas. o % será do 0,325% e para 10.000 M ptas. será o 5,362%, non superándose o 10% o cal significa o coeficiente 0,65 da fórmula base.

Adicionalmente e como complemento do asinamento de convenio en 1997 cobrarase un 0,175% adicional, que significa o coeficiente 0,35 da fórmula base.

Se durante a vixencia do presente convenio se modifican substancialmente as condicións de estructura da empresa, as partes revisarán a definición da fórmula correspondente.

Esta paga de cash flow manterase co mesmo carácter non consolidable nos futuros convenios colectivos, de acordo coa fórmula base (anexo VIII (2).

Artigo 5º.-7. Nocturnidade.

a) Entenderase por traballo nocturno o realizado entre as vintedúas e as seis horas.

b) Contía: a contía é a que se indica no anexo IX e corresponde a unha xornada continua de oito horas.

c) Percibirase por día efectivamente traballado de noite e non se fará efectivo por tanto nas ausencias do traballador, aínda que estas teñan o carácter de retribuídas.

d) O persoal que realice horas extraordinarias durante o tempo comprendido entre as vintedúas e as seis horas non percibirá este concepto retributivo, xa que no valor da hora extraordinaria se tivo en conta o importe del xa que, quen realice horas extraordinarias entre as vintedúas e as seis horas cobra horas extraordinarias do valor de tres quendas.

e) O persoal en réxime continuado a non stop (artigo 5º.10), por estar incluído este concepto retributivo na globalización a que se alude no artigo 5º.10.3 deste convenio, non ten xa que percibir nada por este concepto.

Artigo 5º.-8. Complemento retributivo por traballar a dúas quendas.

Para o persoal que traballe en quendas de mañá ou tarde refúndese o antigo concepto retributivo de quendas e outros incrementos posteriores na cantidade que se recolle no anexo X.

As ditas cantidades serán as únicas diferencias remunerativas deste persoal respecto ó da xornada normal, e faranse efectivas en doce pagas.

Artigo 5º.-9. Complemento retributivo por traballar en réxime continuado ou non stop.

1. Definición do réxime continuado ou non stop.

a) Enténdese en réxime continuado ou non stop o sistema de producción dos traballadores que serven as instalacións productivas da factoría, necesarias para permiti-lo funcionamento ininterrompido destas.

b) Este réxime de traballo aplícase ó persoal que traballa en tres quendas rotativas de oito horas (mañá, tarde e noite) incluíndose domingos e festivos que desfruta dos descansos compensatorios establecidos na lexislación vixente.

2. Xornada de traballo e sistema de relevos.

a) A xornada laboral para este réxime de traballo será a normal establecida no presente convenio. O calendario de quendas de traballo é o que figura no anexo XIII deste convenio.

b) Ante a necesidade de mante-lo proceso continuado de fabricación e cando se dea unha falta ou ausencia imprevista de calquera ocupante dun posto de traballo, haberá que aterse ó previsto no artigo 4º.5.b) do presente convenio colectivo.

3. Contía e forma de percepción:

a) A contía e a que se indica no anexo XI.

Procede, tal como se recolle no convenio para o ano 1983 da globalización anual do que o persoal viña percibindo no ano 1981 por nocturnidade (traballo desde veintedúas ás seis horas), traballo por quendas ou compensación por xornada continuada e horas de festivos e outras compensacións posteriores, é dicir, tódolos conceptos que diferencian o persoal que traballa en réxime continuado respecto do que traballa en réxime de xornada partida ou normal.

b) Calquera outra cantidade que a lexislación vixente en cada momento poida adscribir a este persoal para diferencialo do de xornada normal por calquera concepto, considerarase absorbida nos valores da táboa acordada ata tanto os valores absolutos dos conceptos, diferenciantes, considerados no seu conxunto, en cómputo anual, non superen os da táboa.

c) Este complemento é de índole funcional, polo que se percibirá soamente se se ocupa un posto de traballo nas condicións anteriormente indicadas, non tendo carácter consolidable.

Artigo 5º.-10. Complemento retributivo por traballar en réxime continuado cinco días á semana.

1. Definición réxime continuado 5 días á semana.

a) Enténdese este réxime de horario aquel sistema de producción dos traballadores que serven as instalacións productivas da factoría, necesarias para permiti-lo funcionamento ininterrompido desta, se ben non o fai a fin de semana.

b) Este réxime de traballo aplícase ó persoal que traballa en tres quendas rotativas (mañá, tarde, noite), descansando sábados e domingos, así como os festivos.

2. Xornada de traballo e sistema de relevos:

Ante a necesidade de mante-lo proceso continuado de fabricación e cando se dea unha falta ou ausencia imprevista de calquera ocupante dun posto de traballo, haberá que aterse ó previsto no artigo 4º.5.b) do presente convenio colectivo.

3. Contía e forma de percepción:

a) A contiía é a que se indica no anexo XII.

b) Este complemento é de índole funcional, polo que se percibirá soamente se se ocupa un posto de traballo nas condicións anteriormente indicadas, non tendo carácter consolidable.

Artigo 5º.-11. Incentivo de calidade.

Ademais das cantidades anteriormente indicadas percibirá unha cantidade adicional (que se estableceu en 1991 como un incentivo á mellora da cali

dade), de carácter individual proporcional ós puntos prima e correspondente a cada chanzo e que se percibirá mensualmente de acordo coa táboa que se indica no anexo XV, exclusivamente durante os anos 1997 e 1998.

Esta cantidade individual virá afectada dun coeficiente de acordo cos índices de calidade alcanzados en cada mes. Este coeficiente será:

C = (IM - 2 INC) - 58.

Onde, IM é o índice meta (suma de pastas con cualificación ML, SB, 1M, 1L e C) e INC, é o índice de non calidade (suma de pastas con cualificación 1A, 2A, 3A, N2 e RE).

Por cada unidade que suba por encima do coeficiente (C) previsto, aplicarase un 2,5% das cantidades individuais sinaladas na táboa. Se este coeficiente é o previsto ou inferior, non se pagará incentivo de calidade.

A dirección poderá premia-los comportamentos individuais especialmente destacables en materia de calidade.

Capítulo VI

Beneficios sociais

Sección 1ª.-Cobertura de risco e continxencia.

Artigo 6º.-1. Para a cobertura de riscos e continxencias que poida sufri-lo persoal e independente das prestacións que puidera desfrutar, segundo o establecen as normas legais de previsión social, continúa establecendo un seguro de vida e accidente complementario e uns fondos para xubilacións e viuvez e orfandade, cun contido que se desenvolve a continuación.

Artigo 6º.-2. Seguro de vida e accidentes.

1. Póliza de vida (nº 41.060.003).

-Morte por calquera causa: indemnización igual ó capital asegurado.

-Invalidez permanente absoluta, causada tanto por enfermidade como por accidente: indemnización igual ó capital asegurado.

2. Póliza de accidentes (nº 31.000.114).

-Morte por accidente: indemnización igual ó capital asegurado (esta indemnización é adicional á correspondente pola póliza de vida).

-Incapacidade permanente por accidente que non dea lugar á cualificación de absoluta: indemnización segundo baremo, ata un límite máximo igual ó capital asegurado (se esta incapacidade permanente por accidente se cualifica como absoluta, entón a indemnización liquídase pola póliza de vida).

3. Capital asegurado.

-Setenta mensualidades dos emolumentos fixos vixentes o 1 de maio de cada ano.

Para o persoal de convenio colectivo son emolumentos fixos o soldo base, o complemento salarial

de 1993 incrementado no que suban as táboas salariais cada ano e a antigüidade que cada persoa teña recoñecida.

4. Primas.

Os traballadores pagarán o 50% da prima da totalidade do persoal da empresa, cun límite máximo para isto do 2,25% e a empresa toma ó seu cargo e aboamento do resto da prima ata completa-la totalidade.

5. A idade límite.

Será o termo da anualidade en que o asegurado cumpra 65 anos.

Artigo 6º.-3. Pensións de xubilación, viuvez e orfandade.

1. Establécese un sistema de previsión para prestacións de xubilación, viuvez e orfandade adaptado á Lei de fondos de pensións 8/1987 e disposicións que a desenvolvan, e que se rexerá polo Regulamento do plan de pensións de ENCE para o persoal activo e polos acordos básicos do dito plan subscritos pola comisión promotora en outubro de 1990, admitidos no fondo de pensións Servirenta, FP e autorizados pola Dirección Xeral de Seguros.

Este sistema substituíu a partir do 1 de novembro de 1990 o regulado no Regulamento do fondo de previsión aprobado polo Consello de Administración de ENCE o 8 de xullo de 1983.

2. Para os efectos da garantía por conta da empresa do 30% do salario pensionable (integrado por salario base máis o complemento salarial máis a antigüidade) que figura nos acordos básicos pactados en outubro de 1990, a empresa garante o dito 30% do salario pensionable de 1993 (no que non se inclúen os conceptos trasvasados en 1994, referidos ós conceptos de paga de asiduidade, plus de presencia e paga social, nin a paga de beneficios nin a parte de bolsa de vacacións trasvasados, con efectos de 1 de xaneiro de 1997, ó complemento salarial), cos incrementos xerais que se pacten nas táboas salariais nos conceptos que configuran o salario pensionable de 1993, aumentando nun 2% esa cantidade do salario pensionable de referencia no cómputo das persoas afectadas por esa garantía que se xubilen a partir de 1995.

O cómputo desta garantía a que se refire o parágrafo anterior é independente do correspondente ós dereitos consolidados resultantes da nova base de achega. Sen embargo, a maior garantía que se deriva do aumento do 2% de salario pensionable definido no parágrafo anterior descontarase dos dereitos consolidados adicionais derivados dos conceptos incorporados ó salario pensionable a partir de 1994.

Sección 2ª.-Plan social.

Artigo 6º.-4. Consideracións xerais.

1. O plan social beneficia a totalidade do persoal do centro de traballo de Pontevedra, de convenio colectivo.

Sección 3ª.-Prestacións sociais.

Artigo 6º.-5. Consideracións xerais.

Con cargo ós diversos conceptos que se recollen nos artigos seguintes, a empresa trata de atender toda unha serie de cuestións sociais fundamentais, non só dos traballadores do centro, e en consecuencia, dos seus familiares, senón tamén daqueles traballadores que se achen en situacións de incapacidade laboral, invalidez provisional, permanente total ou absoluta; xubilación, viuvez, orfandade do emprego da empresa.

Artigo 6º.-6. Préstamos recuperables.

Con cargo a este capítulo preténdese facilitarlle ó persoal da empresa unha axuda para adquisición de vehículo, mediante a concesión duns préstamos na forma que se indica, para que, mediante a amortización deles, poidan conceder uns novos.

Adquisición de vehículo: concédense préstamos de 500.000 pestas (cincocentas mil pesetas), para automóbiles, cun xuro do 5%, a un prazo de amortización máximo de 5 anos, en que os créditos que se vaian conceder superen o fondo total dispoñible.

Artigo 6º.-7. Beneficios económicos.

Con este capítulo a empresa pretende axudar naqueles eventos familiares, tal como se indica a continuación, sendo estas axudas compatibles coas que concedan os organismos oficiais:

a) Natalidade: premio por valor de 30.210 pesetas (trinta mil duascentas dez pesetas), para o ano 1997.

Para o ano 1998 será de 30.844 pesetas (trinta mil oitocentas corenta e catro pesetas).

Para o ano 1999 será de 31.461 pesetas (trinta e unha mil catrocentas sesenta e unha pesetas).

Para o ano 2000 será de 32.090 pesetas (trinta e dúas mil noventa pesetas).

b) Nupcialidade: establécese un premio por valor de 100.679 pesetas (cen mil seiscentas setenta e nove pesetas), para o ano 1997.

Para o ano 1998 será de 102.793 pesetas (cento dúas mil setecentas noventa e tres pesetas).

Para o ano 1999 será de 104.849 pesetas (cento catro mil oitocentas corenta e nove pesetas).

Para o ano 2000 será de 106.946 pesetas (cento seis mil novecentas corenta e seis pesetas).

c) Defunción: establécese unha axuda de 50.359 pesetas (cincuenta mil trescentas cincuenta e nove pesetas), ós herdeiros do defunto, que no momento do seu falecemento viviran ás súas expensas, para o ano 1997.

Para o ano 1998 será de 51.417 pesetas (cincuenta e unha mil catrocentas dezasete pesetas).

Para o ano 1999 será de 52.445 pesetas (cincuenta e dúas mil catrocentas corenta e cinco pesetas).

Para o ano 2000 será de 53.494 pesetas (cincuenta e tres mil catrocentas noventa e catro pesetas).

No caso de que o falecemento sobreveña por causa de accidente de traballo incrementarase a axuda indicada en 14.203 pesetas (catorce mil duascentas tres pesetas), no ano 1997, por cada fillo menor que deixase o defunto.

Para o ano 1998 será de 14.502 pesetas (catorce mil cincocentas unha pesetas).

Para o ano 1999 será de 14.791 pesetas (catorce mil setecentas noventa e unha pesetas).

Para o ano 2000 será de 15.087 pesetas (quince mil oitenta e sete pesetas).

Artigo 6º.-8. Grupo de empresa.

A empresa, como xa é tradicional, seguirá atendendo o desenvolvemento das distintas actividades que realizou en anos precedentes, ó grupo de empresa de fábrica.

Artigo 6º.-9. Axuda cultural e recreativa.

Seguirase, así mesmo, atendendo a todas aquelas actividades culturais e recreativas que poidan organizarse.

Artigo 6º.-10. Festas de Nadal.

Atenderanse os gastos que ocasione o regalo que tradicionalmente se fai a cada empregado de fábrica e outras pequenas actividades que se orixinen na fábrica con motivo das festas de Nadal.

Artigo 6º.-11. Medicina asistencial.

Comprende este artigo a axuda que a empresa lles poida prestar ós traballadores naquelas especiais circunstancias económicas polas que atravese, debido a causas de enfermidade e outras. Estas axudas fixaranse en cada caso, atendendo as especiais circunstancias do solicitante.

Artigo 6º.-12. Economato.

Ó se-la empresa membro do economato colectivo Pontelco, hoxe Fundación Laboral Pontelco, a empresa seguirá intervindo na xunta administrativa dela con dous vocais, un designado polo comité de empresa e outro pola dirección.

A empresa continuará atendendo o pagamento das cotas que correspondan por pertencer á dita entidade.

Se por algunha causa a empresa deixara de formar parte do economato, hoxe Fundación Laboral Pontelco, o fondo destinado a este capítulo, co reaxuste que corresponda, pasará a engrosa-lo plan social na parte que no seu momento achegaron os traballadores e o resto dedicarase a outras prestacións sociais.

Artigo 6º.-13. Comedor.

O importe da comida para o persoal que utilice o servicio de comedor, será o que se acorde entre a empresa e a comisión do comedor, sendo bonificada

pola empresa a diferencia entre este prezo e o total do custo por comida.

Sección 4ª.-Reducción de absentismo.

Artigo 6º.-14. Reducción de absentismo.

Nos casos de enfermidade común ou accidente, sexa laboral ou non, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100 por 100 do salario real do traballador en xornada ordinaria. Para obter este beneficio será condición indispensable o cumprimento das seguintes condicións:

1. Establécese unha porcentaxe en función do absentismo individual do ano anterior; esta porcentaxe determina o período de pagamento do complemento, de acordo coa seguinte escala:

Absentismo individualTempo de pagamento de

ano anterior complemento

0 días12 meses improrrogables

De 1 a 7 días8 meses improrrogables

De 8 a 14 días6 meses improrrogables

De 15 a 21 días2 meses improrrogables

Máis de 21 días0

Esta escala será de aplicación para a primeira baixa do ano natural. En caso dunha segunda baixa, o tempo de pagamento do complemento será a metade; a terceira baixa e sucesivos no ano natural non dean dereito a complemento.

Para a determinación dos días de absentismo acudirase ós días de baixa por enfermidade e accidente reflectidos nos partes correspondentes.

2. Notifica-la ausencia coa antelación posible e presenta-la baixa por enfermidade ou accidente, estendida pola Seguridade Social, mutua ou mutualidade, dentro do prazo das vintecatro horas.

3. O enfermo ou accidentado pasará polo servicio médico da empresa, unha vez por semana, e en caso de que a enfermidade ou accidente lle impida o seu desprazamento, notificarao para efectos da posible visita do servicio médico ó seu domicilio.

O comité de empresa será informado mensualmente do índice de absentismo, analizarao e colaborará coa empresxa para poñe-las medidas que se consideren necesarias para a súa reducción.

4. Por salario enténdese, para os efectos da presente compensación, o soldo base, complemento salarial, antigüidade, en tódolos seus conceptos, prima en factor 1 de eficacia, complemento de quenda e a percepción que houbese de mutualidades ou Seguridade Social.

5. En calquera caso, ó traballador garánteselle durante o período de baixa as cantidades correspondentes á antiga paga de asiduidade e ó plan social, que foron obxecto de trasvase ó complemento salarial.

6. Para o persoal de longa enfermidade que agote os 18 meses de baixa continuada recalcularanse as cantidades obxecto de compensación, aplicándolle

o pagamento como se non tivese ningún día de absentismo o ano anterior á baixa.

Capítulo VII

Actuación sindical na empresa

Artigo 7º.-1. Actuación sindical na empresa.

1. A actuación sindical na empresa rexerase polas disposicións vixentes en cada momento.

Artigo 7º.-2. Relación comité-empresa.

A partir das relacións xa definidas neste convenio, a dirección oirá o comité, representado por unha comisión de tres membros, con carácter previo á imposición de premios e sancións; e naquelas cuestións que susciten un conflicto individual derivado dunha promocióin ou provisión de vacantes ou afecten as condicións de traballo dun posto determinado.

Esta comisión do comité de empresa terá só voz e non será, en absoluto, vinculante para a empresa.

Así mesmo, deberá ser operativa e non resultar gravosa para a empresa.

Artigo 7º.-3. Comité intercentros.

Constitución: quedará constituído cun máximo de 13 membros, designados por elección entre os compoñentes dos diferentes comités de empresa de centros de traballo, cunha composición que gardará a proporcionalidade dos sindicatos segundo os resultados electorais considerados globalmente.

Función: aborda e, se é o caso, efectúa propostas escritas sobre a problemática xeral da empresa que afecte os distintos centros de traballo, considerándose que os demais asuntos son da absoluta competencia dos comités de centros.

Reunións: os membros do comité intercentros para o exercicio da anterior función están facultados para celebrar unha reunión trimestral (catro ó ano) sendo por conta da empresa os gastos de locomoción e axudas de custo para os seus desprazamentos a Madrid, onde terán lugar as reunións.

As datas das reunións deberán ser comunicadas á dirección da empresa coa antelación suficiente para non entorpece-la boa marcha dos servicios.

Artigo 7º.-4. Información xeral sobre a marcha da empresa.

Recibirán ó comité de empresa a través do director do complexo ou persoal en quen el delegue, trimestralmente.

Artigo 7º.-5. Acordo sobre participación sindical na empresa pública.

Á Empresa Nacional de Celulosas, S.A., como empresa pública que é, aféctalle o acordo sobre participación sindical na empresa pública, do 16 de xaneiro de 1986, mentres o dito acordo manteña a súa vixencia.

Disposicións adicionais

Primeira.-Productividade.

As partes asinantes comprométense a realizar conxuntamente os estudios que procedan co fin de mellorar en todo o posible os valores actuais de productividade.

Segunda.-Mobilidade funcional e melloras tecnolóxicas.

1. A mobilidade funcional é a consecuencia da facultade da dirección para organiza-lo traballo co fin de logra-la plena ocupación e o pleno emprego de todos e cada un dos traballadores, así como a consecuencia dunha mellor e máis racional explotación da fábrica.

2. A empresa e os representantes dos traballadores son conscentes da necesidade de mellora-la competitividade e a calidade cara ó futuro. Para iso, é necesario continua-lo desenvolvemento e a mellora tecnolóxica das instalacións da fábrica.

3. Estas melloras darán lugar á supresión de diversos postos de traballo e á modificación doutros, dando lugar a unha progresiva reducción do cadro de persoal necesario para a producción e o mantemento da fábrica. A dita reducción do persoal non se fará de forma traumática e para evitalo aplicarase ó persoal sobrante a mobilidade funcional, destinándoo ós postos nos que se vaian producindo vacantes.

Estes traslados realizaranse informando o comité de empresa sobre as causas que os producen.

4. O dito comité de empresa designará unha comisión que ademais de coñece-las causas anteditas, coñecerá e será oída en relación cos plans de formación que se programen para adapta-los traballadores ós seus novos cometidos, se estes plans foran necesarios, ademais de recibir información sobre o aproveitamento e os resultados dos ditos cursos.

5. No suposto de que, aínda tendo persoal sobrante, fose necesario contratar novo persoal fixo, o comité de empresa será informado das causas que motivaron o ter que recorrer á contratación de novo persoal.

Terceira.-Xubilacións anticipadas.

a) As partes asinantes deste convenio examinaron os posibles efectos sobre o emprego do establecemento dun sistema que permita a xubilación co 100% dos dereitos pasivos dos traballadores ó cumpri-los 64 anos de idade e a simultánea contratación por parte da empresa de traballadores novos ou perceptores de seguro de desemprego en número igual ó de xubilacións anticipadas que se pacten con contratos de igual natureza cós que se substitúen, tendo en conta para iso as disposicións vixentes en cada momento.

b) Indemnización por xubilación anticipada: a cantidade que se vai percibir como indemnización por xubilación anticipada será negociada directamente pola empresa con cada interesado, se ben se esta

blecen para o ano 1997, como cantidades mínimas de indemnización por xubilación anticipada as seguintes:

Idade: 60. Pesetas: 2.976.700.

Idade: 61. Pesetas: 2.604.870.

Idade: 62. Pesetas: 1.984.810.

Idade: 63. Pesetas: 1.611.950.

Idade: 64. Pesetas: 1.241.150.

Para os anos 1998, 1999 e 2000 as ditas cantidades incrementaranse de acordo co incremento previsto no artigo 5º.1.1 b).

Cuarto.-Formación profesional.

A empresa e os traballadores son conscientes de que a formación profesional constitúe unha condición indispensable para alcanza-las melloras de competitividade, calidade e desenvolvemento tecnolóxico.

De acordo con isto, a dirección da empresa elaborará un plan de formación que inclúa os seguintes contidos:

-Definición de prioridades e obxectivos de formación.

-Plans de formación xeral e mantemento de coñecementos básicos.

-Plans específicos para os distintos procesos ou oficios.

-Plans de adaptación para os traballadores de postos que sufrirán cambios derivados da renovación tecnolóxica.

-Programas individuais de adaptación a novos postos para as persoas ás que se lles aplique a mobilidade funcional, derivada da valoración dos postos de traballo ou supresión doutros debido a melloras tecnolóxicas ou organizativas.

-Política da empresa en relación coas axudas de formación de persoal externo e en prácticvas na fábrica.

-Acordos de colaboración con centros ou organismos exteriores de ensino.

-Recursos e a súa distribución.

Quinta.-Seguridade e hixiene.

As partes asinantes do presente convenio son conscientes de que a seguridade e o benestar do persoal nos seus respectivos postos de traballo, constitúe unha responsabilidade fundamental e contribúe á creación do clima laboral satisfactorio, incrementando a productividade e a calidade. De acordo con estas premisas, a empresa elaborará un plan xeral de prevención que inclúa:

-Coñecemento completo das características, localización e nivel dos riscos existentes nas instalacións da factoría.

-Accións preventivas e correctivas que hai que adoptar.

-Sistema de xestión da seguridade.

-Análise de postos de traballo e establecementos de prácticas operativas seguras.

-Liñas de actuación do servicio médico como centro de impulsión da hixiene e saúde dos traballadores, identificando riscos e avaliando as medidas preventivas para evitalos ou reducilos.

-Plans de formación.

-Plans de emerxencia.

-Recursos e a súa distribución.

O comité de seguridade e hixiene será consultado sobre a aplicación dos programas de seguridade, así como dos recursos e a súa distribución, podendo propor á dirección a orde de prioridades que considere conveniente, dentro da distribución dos ditos recursos.

Igualmente as partes coinciden na importancia que a formación de seguridade ten na mellora de resultados, motivando accións e actividades para evitar accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Por iso, acórdase potenciar esta liña de acción e considerar como obrigatoria a asistencia ós cursos de formación en seguridade, que se promovan en cada sección, aplicando a incentivación plasmada no apartado de formación, do acordo do 21 de febreiro de 1986, ratificado no 30 de maio de 1986.

Como complemento á ampliación da participación dos representantes dos traballadores nos aspectos de protección do ambiente, o comité de empresa será informado dos cambios nos procesos productivos e investimentos en materia de control de emisións, así como do cumprimento das disposicións legais para o efecto.

Sexta.-Comisión.

Para tódolos temas relacionados coa formación (formación continua, prácticas, aprendizaxe, seguridade, etc.), créase unha comisión.

A dita comisión que será presidida polo director do complexo, constará de tres membros designados polo comité de empresa e outros tres membros designados pola dirección, que serán os responsables de formación, seguridade e recursos humanos.

A comisión reunirase cando os asuntos que se vaian tratar o requiran e, en todo caso, unha vez ó ano.

Sétima.-Edificio social.

A empresa comprométese á construcción do novo edificio que albergará os servicios sociais, a partir do momento en que concedan as autorizacións administrativas pertinentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Validez do convenio.

A validez deste convenio colectivo queda supeditada ó seu rexistro pola autoridade laboral competente. A empresa, co fin de non lles causar prexuízo ós seus traballadores, acepta que entre en vigor desde o momento do seu asinamento e con efectos desde a data indicada no artigo 1º.3.

Se o convenio non fose rexistrado, as cantidades que supoñan a aplicación deste convenio, serán en todo caso, consideradas a conta das que correspondan segundo o convenio definitivo.

Segunda.-Disposicións de aplicación.

En todo o non previsto e regulado no presente convenio colectivo, será de aplicación o que se dispoña no convenio estatal de pasta, papel e cartón de 1997 e normas oficiais vixentes sobre a materia de que se trate.

Terceira.-Vinculación á totalidade.

1. As partes asumen o cumprimento do presente convenio con vinculación á súa totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que se anulara ou se fixera inaplicable a regulación prevista na alínea 2 do artigo 5º do convenio e os seus anexos, non podendo interpretarse ou modificarse illadamente, senón de forma global, gardando o equilibrio do conxunto das súas normas, tendo en conta o conxunto de todo o acordado.

Cuarta.

No transcurso da negociación do presente convenio suscitouse a cuestión de que, ó seren distintos os custos do persoal de novo ingreso do de maior antigüidade ó 31 de decembro de 1996, puidese darse a circunstancia que no futuro se producise calquera reorganización. Ou máis aínda, que as citadas diferencias foran motivo que inspirasen á empresa para iniciar tal reorganización, buscando diminuí-los seus custos.

En resposta a esta preocupación manifestada pola parte social, a empresa garante que polos distintos custos do persoal antes citados non se producirán baixas, nin mobilidade xeográfica entre o persoal fixo ingresado con anterioridade ó 31 de decembro de 1996, derivadas de causas tecnolóxicas, técnicas, económicas, de organización e de producción, agás por motivos disciplinarios, por acordo entre a empresa e o interesado ou porque ámbalas partes aceptan de común acordo a prexubilación.

En proba de conformidade, as partes asinantes na representación que desempeñan, en Pontevedra, o doce de maio de mil novecentos noventa e oito.

6145