Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 xullo de 1998 pola que se fai pública a adxudicación do concurso para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais derivadas das actividades levadas a cabo polos alumnos de formación profesional na realización de prácticas en empresas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios

b) Descrición do obxecto: póliza de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais.

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 4 de xuño de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.000.000 de ptas.

5. Adxudicación.

a) Data do 25 de xuño de 1998.

b) Adxudicatario: Plus Ultra Compañía Anónima de Seguros e Reaseguros.

c) Importe: 4.900.000 ptas.

Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1998)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

6477