Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.740

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xullo de 1998 pola que se autoriza a determinados centros docentes públicos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a imparti-las ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

No marco destas competencias, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 52 prevé que as persoas adultas que queiran adquirir coñecementos equivalentes á educación básica contarán cunha oferta adaptada ás súas condicións e necesidades, co propósito de actualiza-la cualificación dos cidadáns, e que aquelas que teñan o título de graduado escolar poidan acceder a programas ou a centros docentes que lles axuden a alcanza-la formación básica prevista na mencionada lei para a educación básica obrigatoria.

A Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos establece no seu artigo 14 que os centros de educación e promoción de adultos deberán ser autorizados pola Administración da Comunidade Autónoma galega.

Por outra parte, e co fin de adapta-la oferta da educación secundaria obrigatoria ás condicións, necesidades e intereses das persoas adultas, dictouse a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo), pola que se establecen as liñas básicas para o desenvolvemento do currículo das ensinanzas conducentes ó título de graduado en educación secundaria para as persoas adultas e pola que se regulan as ensinanzas iniciais de niveis I, II e III conducentes ó título de graduado en educación secundaria.

En consecuencia do anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Quedan autorizados os centros docentes públicos de educación secundaria, que se relacionan a continuación, para imparti-lo nivel III das ensinanzas conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria para persoas adultas:

Provincia da Coruña:

15005211 IES Salvador de Madariaga, A Coruña.

15005221 IES Eusebio da Guarda, A Coruña.

15006742 IES Concepción Arenal, Ferrol.

15015743 IES Arcebispo Xelmírez 1, Santiago de Compostela.

15015755 IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela.

Provincia de Lugo:

27006531 IES Lucus Augusti, Lugo.

27013661 IES O Centiño, Foz.

Provincia de Ourense:

32008941 IES Eduardo Blanco Amor, Ourense.

32008951 IES Ramón Otero Pedrayo, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

36006730 IES de Pontevedra.

36006729 IES Valle-Inclán, Pontevedra.

36011634 IES nº 1 de Vigo, Vigo.

36017430 IES Ricardo Mella, Vigo.

36011567 IES Castelao, Vigo.

36011592 IES Sta. Irene, Vigo.

36011580 IES Sto. Tomé do Freixeiro, Vigo.

Segundo.-A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional poderá dictar cantas resolucións e circulares estime oportunas, no ámbito das súas competencias, para o cumprimento e aplicación desta orde.

Terceiro.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

7275