Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.740

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 28 de xullo de 1998 pola que se declara a alienabilidade do inmoble denominado O Regueiro, situado en Fiobre, termo municipal de Bergondo (A Coruña).

Con data do 8 de abril de 1997 asinouse o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais coa finalidade de fixa-lo calendario de actuacións necesarias para a construcción e dotación dun centro de recuperación de minusválidos físicos en Galicia.

Con data do 22 de abril de 1998 a Dirección Xeral de Sercicios Sociais, dependente da Consellería Sanidade e Servicios Sociais, solicitou a tramitación do expediente de cesión gartuíta do predio denominado O Regueiro, situado no lugar de Fiobre, parroquia de San Vicente de Moruxo, termo municipal de Bergondo (A Coruña), a favor da Tesourería Xeral da Seguridade Social, para que o Instituto de Migracións e Servicios Sociais proceda á construcción do antedito centro de recuperación de minusválidos físicos.

Mediante Decreto 221/1998, do 10 de xullo de 1998 (DOG nº 144, do 28 de xullo), desafectuose do dominio público o antedito inmoble, logo do informe favorable da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Co obxecto de posibilita-la cesión do dito inmoble, requírese, segundo o disposto nos artigos 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 60 do seu regulamento, a declaración previa da súa alienabilidade.

En virtud do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do inmoble denominado O Regueiro, situado no lugar de Fiobre, parroquia de San Vicente de Moruxo, termo municipal de Bergondo (A Coruña), cunha extensión superficial aproximada de trinta mil metros cadrados e que linda ó norte, ría de Betanzos: ó sur, parcela nº 150 do Catastro de Rústica de Juana Varela Cubeiro; ó leste, ría de Betanzos; e ó oeste, parcela nº 105 do Catastro de Rústica de Manuel Fenández Aldao, regueiro, parcela nº 114 do Catastro de Rústica de María Franco Lorenzo e parcela nº 153 do Catastro de Rústica de herdeiros de Alfredo Romay Montoto. O dito predio está atravesado por unha pista que discorre desde Fiobre ata a praia, nas proximidades de punta Moruxo.

O dito inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos, no tomo 1554 xeral, libro

201 de Bergondo, folio 152, predio nº 19.765, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e oito.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7274