Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.715

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (174/1997-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 174/1997-10 por instancia de Ana María Lorenzo Duarte contra Víctor Manuel Pombo Dans nas actuacións do cal se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din literalmente:

Sentencia. «En Santiago de Compostela, o 20 de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 174/ 1997, no que actuaron como partes, como denunciantes, Ana María Lorenzo Duarte e como denunciado, Víctor Manuel Pombo Dans.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Víctor Manuel Pombo Dans da falta de que viña sendo inculpado neste procedemento, e declaro de oficio as custas causadas na primeira instancia.

Contra esta sentencia poderán interpo-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnacion, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constituionais que se consideran infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse ter

pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón e quede o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Ana María Lorenzo Duarte, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, o tres de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

6472