Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de setembro de 1997 (BOE do 24 de setembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de debuxo, do departamento de Expresión Artística, a prol de Manuel Dimas Salamanca Mota, con documento nacional de identidade número 00.790.944 e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Dimas Salamanca Mota, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de debuxo, do departamento de Expresión Artística.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da
presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 2 de xullo de 1998.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo
6640