Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.714

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de xuño de 1998 pola que se fai pública a avaliación do traballo desenvolvido polos funcionarios docentes adscritos á función inspectora.

O artigo 28 do Decreto 135/1993, do 24 de xuño (DOG do 29) polo que se regulan as funcións e organización da inspección educativa na Comunidade Autónoma de Galicia establece que, transcorridos os tres primeiros anos no exercicio da función inspectora e valorado positivamente o traballo desenvolvido polos ditos funcionarios poderalles ser renovada a adscrición á función inspectora por un novo período de tres anos.

Os funcionarios docentes seleccionados no concurso de méritos convocado por Orde do 10 de outubro de 1994 que superaron o curso que sinala o artigo 2 da dita orde foron adscritos á función ins

pectora por Orde do 11 de maio de 1995 (DOG do 29 de xuño).

Cumprido o prazo e o procedemento que establece a orde do 12 de novembro de 1997 (DOG do 5 de decembro) para a renovación da adscrición á función inspectora dos ditos funcionarios docentes e valorado o desenvolvemento da súa actividade na función inspectora pola correspondente comisión, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único.-Facer pública a valoración positiva do traballo desenvolvido na función inspectora polos funcionarios docentes adscritos á dita función que se relacionan no anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Hermida García, Modesto.

Fisteos Suengas, José.

Lago Fernández, Samuel.

Arias Quintairos, José María.

Amoedo Barciela, Elisa Isabel.

6632