Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.714

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1998 pola que se convoca un curso de linguaxe administrativa para os grupos A e B en Lugo e Pontevedra.

A EGAP convocou por Resolución do 20 de abril de 1998(DOG nº 80, do 28-4-1998) varios cursos de linguaxe administrativa en varias localidades de Galicia e para varios grupos de persoal.

Os cursos anunciados para os grupos A e B en Lugo e Pontevedra non puideron realizarse no seu momento por falta dun número suficiente de alumnos.

Co obxecto de dar unha maior difusión e de amplia-los destinatarios convócase novamente este curso que se realizará de acordo coas bases xa publicadas agás nos seguintes aspectos:

a) Terán preferencia os candidatos que xa o solicitaron de acordo coa convocatoria anterior.

b) Poderá participar tamén o persoal da Administración periférica do Estado.

c) O curso terá lugar os días 10, 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 do mes de setembro, das 17 ás 20 horas.

d) Amplíase o prazo de presentación de instancias ata o 2 de setembro.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

6662