Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/27-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT. e R.B.T., Torre e Noenlles.

Situación: Teo e Vedra.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1.166 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Paradela e remate no C.T. Torre. L.M.T. aérea a 20 kV de 267 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte do apoio nº 3 da L.M.T. anterior e remate no C.T. Noenlle. CC.TT. aéreos de 50 kVA C/U na Torre e Noenlle e acoplamento ás baixas tensións. Concellos de Teo e Vedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6475