Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/174-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: Ampl. módulo 66 kV, liña Leyma-Subt. Sabón.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: ampliación da subestación eléctrica de Sabón, dotándoa dun novo módulo 66 kV de liña Leyma coa seguinte aparamenta: interruptor automático tripolar en SF6 de 2.000 A. Dous seleccionadores con mando tripolar para barras de 1.250 A. Seccionador tripolar con coitelas de P.A.T. de liña para 1.250 A. Transformador de tensión e intensidade. Autoválvulas para 10 kVA. Equipos para control, proteccións e medida e servicios auxiliares. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6476