Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/175-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampl. módulo 220 kV, Ferroatlántica-Subt. Sabón.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: ampliación da subestación eléctrica de Sabón, dotándoa dun novo módulo 220 kV da liña Ferroatlántica coa seguinte aparamenta: interruptor automático tripolar en SF6 de 2.500 A. Seccionador pantógrafo con mando unipolar para barras de 2.000 A. Seccionador xiratorio con mando tripolar para barras de 2.000 A. Seccionador xiratorio con mando tripolar con coitelas de P.A.T. para 2.000 A. Transformadores de tensión e de intensidade. Equipos para proteccións, telecontrol, medida e servicios auxiliares. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6474