Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.523

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (107/1998).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de menor contía-tercería de dominio 107/1998, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia: Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía-tercería de dominio, seguido neste xulgado co número 107/1998, no que actuaron como demandante, Julio Alberto Loureiro Balado, representado pola procuradora Sra. Sánchez Silva e asistido do letrado Santiago Pérez e como demandados, Banco de Santander, representado polo procurador Sr. Paz Montero e asistido do letrado Ramón Sabín, quen se conformou coa demanda e contra Maypa S.L., María Teresa Ramos Vigo e Concepción Pájaro Ramos, en rebeldía procesual.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda presentada por Julio Alberto Loureiro Balado, representado pola procuradora Sra. Sánchez Silva, e asistido do letrado José Santiago Pérez, contra Banco de Santander representado polo procurador Paz Montero e asistido do letrado Ramón Sabín Sabín quen se conformou coa demanda, e contra Maypa S.L., María Teresa Ramos Vigo e Concepción Pájaro Ramos, en rebeldía procesual, declarando que os bens que se relacionan na demanda pertencen ó demandante, debendo alzarse o embargo trabado sobre eles.

Non se fai condena en canto ás custas procesuais.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación».

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Maypa S.L., expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

6619