Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.523

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (129/1998).

En virtude do acordado pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela nos autos do expediente de dominio nº 129/1998 seguidos por instancia da procuradora Elena Arcos Romero, en representación de Eleuterio Lobato González, quen á súa vez actúa en representación da Sociedade de San Francisco de Sales Vulgo Congregación Salesiana ou salesianos de Don Bosco, sobre reanudación do tracto sucesivo interrompido na inscrición rexistral do seguinte predio:

Tres casas unidas, sinaladas cos números un, dous e tres, da rúa Santo Antonio (acualmente sinaladas cos números dous, catro e seis da Rúa de Belvís) e horta na mesma, chamada vulgarmente Horta Grande, situada ás costas, norte e sur das ditas tres casas que cerran o seu perímetro. Linda: ó norte coa horta e casa chamada El Mesón de Cayetana Ramos; ó sur, con terreos que foron da Condesa de Gimonde e posteriormente de Manuel Puga; ó oeste, con terra labrada que chaman do Ruxido e tamén do Matadoiro, e ó leste, por onde as casas e horta teñen as entradas principais, coa nomeada rúa de Santo Antonio (actualmente rúa de Belvís) que vai desde a calzada de San Pedro, ó convento de Belvís. As tres casas teñen unha superficie de catro mil pes cadrados, e a horta mide once ferrados e medio segundo a medida do país, ou sexa aproximadamente, unhas setenta e sete áreas. Non ten ningunha carga. Inscrito no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela no tomo 128, libro 73, folio 33,

predio 325, inscrición 1ª.

Polo presente cítase a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer en autos para alegar canto no seu dereito conveña para a pretensión formulada.

Dado en Santiago de Compostela o un de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario

6594