Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.523

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (96/1997).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado nos autos de xuízo declarativo de menor contía de reclamación de cantidade nº 96/1997, sendo demandante Manuel Montes Pena

e demandados José Manuel Liste Valdés e Concepción Blanco Cadavid, sendo a contía do asunto a de 1.735.660 pesetas de principal, máis 600.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas. Notificándolle o embargo dos seguintes bens:

-Parte proporcional do soldo que percibe a demandada Concepción Blanco Cadavid como profesora por parte da Consellería de Educación.

E para que conste e sirva de notificación ós demandados José Manuel Liste Valdés e Concepción Blanco Cadavid, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, o 30 de xuño de 1998.

A secretaria

Rubricado

9308