Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.379

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 14 de xullo de 1998, pola que se modifica a Orde do 7 de xullo de 1997, pola que se establece un programa de axudas ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable.

A experiencia adquirida ó longo da tramitación realizada ata a data dos expedientes presentados ó abeiro da Orde do 7 de xullo de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, puxo de manifesto a necesidade de modifica-la dita orde co fin de evitar que calquera expediente que esta incompleto, por falta dalgún documento, estudio ou algunha concreción técnica, financeira ou comercial, impida a

resolución de expedientes con rexistro de entrada posterior e que están completos.

Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Suprímese o parágrafo do artigo 2 da Orde do 7 de xullo de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, que a continuación se cita:

Os expedientes resolveranse por orde de data de rexistro de entrada.

Os expedientes xa presentados no Instituto Galego de Promoción Económica ó abeiro da citada orde rexeranse polo disposto na presente modificación.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7122