Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.379

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 217/1998, do 17 de xullo, polo que se lle recoñece a galeguidade á entidade galega Asociación Civil Unión Residentes de Outes (Bos Aires-Arxentina).

En virtude do establecido no artigo 3, parágrafo 2º, do Decreto 3/1987, do 8 de xaneiro, publicado no DOG número 12, do 20 de xaneiro, que desenvolve regulamentariamente a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo do informe favorable da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xullo de mil novecentos noventa e oito

DISPOÑO:

Artigo único.-Recoñécese a galeguidade á entidade galega Asociación Civil Unión Residentes de Outes (Bos Aires-Arxentina).

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

6934