Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución de instalacións da subestación transformadora de enerxía eléctrica 20/132 kV do parque eólico de Bustelo, no concello das Pontes de García Rodríguez. (Expediente 37/1997).

Vistos o escrito e a documentación presentados perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña pola empresa Made Enerxías Renovables, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na rúa avenida de Burgos, nº 8, andar 18, 28000 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-No citado escrito, a referida empresa solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución de instalacións descritas no proxecto da subestación de transformación de enerxía eléctrica -20/132 kV- do parque eólico de Bustelo, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) (expediente 97/37). Xúntase á dita solicitude o preceptivo proxecto de execución a que se fai referencia nos artigos 8º e 12º do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

As características técnicas básicas da instalación serán as seguintes:

-Subestación transformadora composta, para a tensión de chegada de 20 kV dunha serie de celas (11) de liña, remonte e medida de tensións, seccionamento e de protección de trafos de servicios auxiliares, e para a tensión de 132 kV, de pórtico e embarrados, trafos de tensión e de intensidade, dous transformadores de potencia de 30 MVA c/u a 20/132 kV e, en xeral, o conxunto de aparellos, mando, sinalización, control, protección e medida.

Segundo.-O citado proxecto de instalacións someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 21-4-1997, publicada no Diario Oficial de Galicia do 29-5-1997, no BOP da Coruña do 16-5-1997, no BOE do 23-7-1997 e no xornal El Ideal Gallego do 14-5-1997; durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se formulou ningunha alegación.

Terceiro.-A solicitude deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenacióin do sistema eléctrico nacional.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas e centros de transformación.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esa dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente a subestación de transformación de enerxía eléctrica -20/132 kV- do parque eólico de Bustelo, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación citada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1997.

Joaquín do Moral Crespo

Director xeral de Industria

5982