Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/130-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Veiga de Almorzar II.

Situación: Caldas de Reis.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 35 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 89 da L.M.T. T.I.B. 802, rematando no C.T. que se proxecta en Veiga de Almorzar II, Concello de Caldas de Reis. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5959