Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/121-2, 4846 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Lamas e Os Cangos. Ribeiras de Piquín.

Situación: Ribeira de Piquín.

Características técnicas: L.M.T. en conductor LA-56 sobre torres metálicas, illamento nivel II. C.T. intemperie sobre torre metálica tipo C-3.000/14 con relación transformación de 20.000/380-220 V. L.B.T. en conductores R.Z.-95 e R.Z.-50 sobre apoios de formigón, conexións en conductor R.Z. 4x25 Al.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que consta no expediente.

Lugo, 10 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5960