Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, das obras de construcción de vestiarios e aula de tecnoloxía no Centro Público Integrado Celso Emilio Ferreiro de Vigo e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: construcción de vestiarios e de aula de tecnoloxía no Centro Público Integrado Celso Emilio Ferreiro de Vigo.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 11.811.230 pesetas, IVE incluído.

d) Fianza provisional: 236.225 pesetas, correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

e) Clasificación: non se esixe.

2.2. a) Descrición do obxecto: reforma do peche do recinto escolar e electricidade no CEIP de Seixo do concello de Marín (Pontevedra).

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 12.357.698 pesetas. IVE incluído.

d) Fianza provisional: 247.154 pesetas, correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

e) Clasificación: non se esixe.

2.3. a) Descrición do obxecto: cambio de cuberta e instalación de fontanería no CEIP de Vilaverde Mourente do concello de Pontevedra.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 10.975.903 pesetas, IVE incluído.

d) Fianza provisional: 219.518 pesetas, correspondente ó 2 % do orzamento autorizado.

e) Clasificación: non se esixe.

2.4. a) Descrición do obxecto: cambio de cuberta no CEIP Marquesa do Pazo da Mercede do concello das Neves (Pontevedra).

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 13.859.094 pesetas. IVE incluído.

d) Fianza provisional: 277.182 pesetas, correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

e) Clasificación: non se esixe.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica C, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas B, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 14 de xullo de 1998.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

9852