Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.304

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (109/1997).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos desta cidade e o seu partido, dou fe e testemuño que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas número 109/1997, por ameazas, nos que recaeu sentencia da cal o encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, o vintenove de maio de mil novecentos noventa e oito. José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte,

Sentencia: vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 109/1997, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes, como denunciantes Manuel Casal Aldonza e María del Carmen Casal Aldonza, e como denunciados José Antonio González Carrera e Martín Martínez. Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Antonio González Carrera e Martín Martínez da falta de ameazas pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación ós denunciantes Manuel Casal Aldonza e María del Carmen Casal Aldonza, en paradorio descoñecido, expi

do, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

7117