Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.303

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (31/1998).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 31/1998 se segue xuízo de faltas sobre ameazas no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, o 3 de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presente autos de xuízo de faltas nº 31/1998, seguidos por ameazas, sendo parte denunciante María del Pilar Reboredo Sixto, maior de idade, coa defensa letrada de Silva García Lombardía; aparecendo como parte denunciada Jesús Rozados Fernández, maior de idade; o Ministerio Fiscal non se mostrou parte. Decido que debo absolver e absolvo a Jesús Rozados Fernández, maior de idade; o Ministerio Fiscal non se mostróu parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Jesús Rozadas Fernández, da falta inicialmente imputada sen

que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciante María del Pilar Reboredo Sixto en ignorado paradoiro expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela, o vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

6429