Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de xullo de 1998 pola que se convoca concurso aberto para a selección dunha entidade financeira para a concertación dun crédito destinado ó financiamento por medio de leasing financeiro da dotación de vehículos para o seu uso polo parque móbil da Xunta de Galicia e para a selección de provedores.

Advertido un erro numérico na referida resolución, publicada no DOG nº 134, do 14 de xullo de 1998, cómpre corrixi-los puntos seguintes da citada disposición:

Na páxina 7.952, onde di: «2.2: Para as empresas de automoción: o número de vehículos precisos para a reposición antes expresada é de 40,...», debe dicir: «Para as empresas de automoción: o número de vehículos precisos para a reposición antes expresada é de 37,...».

Na mesma páxima, onde di: «3. ...o prazo de presentación de proposicións será de 13 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.», debe dicir: «3. ...o prazo de presentación de proposicións será de 13 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección de erros.»

Na páxina 7.953, onde di: «6. ...en acto público, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, ás 10 horas, do día 30 de xullo de 1998», debe dicir: «en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ás 10 horas, do día 6 de agosto de 1998».

6293