Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/19-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Celaguantes-Barra de Miño.

Situación: Coles e A Peroxa.

Descricións técnicas: liña de media tensión Celaguantes-Barra de Miño, de 4.680 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 24 da L.M.T. Os Peares-Vilamarín e remata no apoio proxectado nº 36 da L.M.T. Celaguantes-Barra de Miño. Liña de media tensión de 862 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 48 da L.M.T. existente Vilarchao-Barra de Miño e remata no apoio nº 7 da L.M.T. Barra de Miño. Liña de media tensión de 812 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. Levices-Barra de Miño e remata no apoio nº 75 da L.M.T. dobre circuíto Velle-Os Peares. Todas estas liñas a 20 kV, en conductores LA-56 e sobre apoios de formigón ou metálicos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 12 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

6289