Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/44-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., San Fiz, O Candedo, Castelariña.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Descricións técnicas: 3 liñas aéreas a 20 kV en conductor LA-56. 1º: L.M.T. a C.T. San Fiz de 1.218 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Chandrexa-Taboazas e remate no C.T. proxectado con 25 kVA, 20.000/380-220 V en San Fiz. 2º: L.M.T. a

C.T. O Candedo de 691 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T proxectada a C.T. San Fiz e remate no C.T. proxectado con 25 kVA, 20.000/380-220 V no Candedo. 3º: L.M.T. a C.T. Castelariña de 278 m de lonxitude con orixe na L.M.T. Chandrexa-As Taboazas e remate no C.T. de Castelariña. Redes de B.T. no sector.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 12 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

6295