Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.265

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (442/1997).

Eu, Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico: Que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos cívis consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 442/1997, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: Na cidade de Santiago de Compostela o oito de maio de mil novecentos noventa e oito.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous dos desta capital, vistos os presentes autos de xuízo executivo, seguidos ante este xulgado co número 442/1997, promovidos por Pastor Servicios Financieros, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado Lamela Méndez contra a viúva e herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Freire Tomé e contra Miguel Ángel García Baltasar con domicilio na Avda. la Cristina número 14-3 de Carballo, María Luisa Pedrouso Montero con domicilio na rúa da Condeseira-Ponte Vella número 11 de Vidán e Josefina Guillamet Camafreita con domicilio en Avda. La Cristina número 14-3 de Carballo, declarados en rebeldía.

Decido: Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a viúva e herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Freire Tomé e contra Miguel Ángel García Baltasar, María Luisa Pedrouso Montero e Josefina Guillamet Camafreita, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte autora,

das responsabilidades por que se despachou a execución a cantidade de 3.410.299 pesetas, o importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados a partir da súa notificación.

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lles sirva de notificación en forma a viúva e herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Freire Tomé en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de maio de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

6426