Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.264

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (96/1998).

Eu, Fidel-Jesús del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia (A Coruña), fago saber que nos autos de testamentaría número 96/1998, seguidos neste xulgado por instancia da procuradora Mª Carmen Currás Calo, en nome e representación de María Belén León Vidal, contra José Vidal Maneiro, Josefa Vidal León, Antonio Vidal León, Manuel José León

Vidal, Enrique Bernabé León Vidal, José Calo Vidal, Antonia Jesusa Calo Vidal, Manuela Elisa Calo Vidal, Josefina Elisa Vidal Calvo e José Ramón Vidal Calvo, foi dictada resolución pola que se acorda empraza-los referidos demandados, ó Ministerio Fiscal e as persoas descoñecidas e incertas que puidesen ter interese na testamentaría dos causantes Manuel Vidal Fernández e Elisa Luisa Maneiro, para que no termo de quince días comparezan en autos e contesten a demanda por medio de avogado e procurador, baixo apercibimento de ser declarados en rebeldía, sen volvelos citar e caerán sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento ás persoas descoñecidas e incertas, e a súa publicación no DOG, expido o presente edicto en Noia o oito de xuño de mil novecentos noventa e oito.

O xuíz

Rubricado

4823