Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.265

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (33/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 33/1998-10 por instancia do Concello de Santiago de Compostela contra Luciano Augusto Lisboa e Carlos Alberto Lisboa e que nas súas actuacións se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.-No nome da súa maxestade El-Rei.

En Santiago de Compostela o 14 de maio de 1998.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 33/1998, no que actuaron como partes, como denunciantes os policías locais Ramón Cobas Prieto e Juan Ángel Noya Padín e o Concello de Santiago de Compostela, asistido da letrada Esperanza Cobas Prieto, e representado polo procurador dos tribunais Reymóndez Portela e como denunciado Luciano Augusto Lisboa e Carlos Alberto Lisboa. Si foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Luciano Augusto Lisboa como autor dunha falta do artigo 634 pena de 10 días con cota diaria de 200 pesetas, así como ás custas procesuais.

Deberá paga-la multa unha vez que asine a presente resolución, cando sexa requirido para tal fin.

E debo absolver e absolvo a Carlos Alberto Lisboa da falta de que se foi acusado, con declaración das súas custas procesuais de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpor os interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a súa notifi

cación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión.

Así mesmo deberá acreditarse ter pedido a emenda da falta ou infracción en primeira instancia, salvo no caso de que se tivesen cometido no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

Lévese testemuña literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a Luciano Augusto Lisboa e Carlos Alberto Lisboa, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintenove de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

6391