Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Pola Xunta de Compensación de Portocarreiro, como entidade colaboradora da xestión urbanística e como beneficiaria da expropiación, solicitou con data do 2 de marzo de 1998, a urxente ocupación da relación de bens e dereitos, someténdose á información pública no BOP do 18 de abril de 1998, no DOG nº 73, do 17 de abril de 1998, no xornal La Voz de Galicia do 14 de abril do presente ano e no taboleiro de anuncios do concello, desde o 13 de abril de 1998, ó 30 de abril de 1998, e notifocóuselle individualmente a cada un dos interesados, negándose a recibi-la notificación os herdeiros de Venancio de la Torre Bardelas, causa pola cal os trámites sucesivos respecto dos bens destes, deberán entenderse co Ministerio Fiscal.

Durante o período en que se someteu a solicitude de urxente ocupación a trámite de información pública presentaronse alegacións que xa foron informadas, considerándose xustificada a urxente ocupación solicitada pola Xunta de Compensación de Portocarreiro.

Sometido o expediente a dictame da Comisión Municipal Informativa de Urbanismo, con data do 4 de xuño de 1998, pola Comisión de Goberno o día 11 de xuño de 1998, tomouse, de conformidade co establecido no artigo 52 da LEF, do 16 de decembro de 1954, o seguinte acordo:

1. Rexeita-lo escrito co nº de rexistro xeral de entrada 12.336, presentado por Digna Conde Rodrí

guez, dando traslado, á interesada do informe emitido pola secretaría con data do 29 de maio de 1998, toda vez que a necesidade urxente de ocupación está debidamente xustificada no expediente por razóns urbanísticas de interese público, estéticas e de tráfico.

2. Ratifica-la declaración de necesidade de urxente ocupación, dos bens para os efectos dos artigos 52, da LEF e 56 do REF, unha vez que se publicou a relación de bens que se van a ocupar e resolta a reclamación.

3. Resolve-la incidencia de non comparecencia dos herdeiros de Venancio de la Torre Bardelas, de conformidade co establecido no artigo 5.1º da LEF, polo que se entenderán as sucesivas dilixencias co Ministerio Fiscal.

4. Proceder ó levantamento da acta previa de ocupación logo da notificación ás partes cunha antelación mínima de oito días, con publicación de edictos nos taboleiros oficiais, no BOE, no DOG, BOP e ademais en dous diarios da capital da provincia.

Os bens e dereitos afectados por estes acordos, publicáronse de forma referida ut supra.

Con data do 1 de xullo do presente ano, e con nº 2.354, o concelleiro-delegado da Área de Urbanismo, dictou decreto, que transcrito textualmente di:

«Visto o acordo nº 53 da Comisión Municipal de Goberno, con data do 11 de xuño do presente ano, e, sendo necesario proceder ó levantamento da acta de ocupación, logo da notificción ás partes, cunha antelación de oito días, con publicación de edictos no taboleiro do concello, no BOE, DOG, BOP e en dous diarios da capital da provincia.

Vistos os antecedentes e informes que constan no expediente.

En uso das atribucións que a lexislación vixente lle confire á alcaldía e que esta delegou na concellería en virtude de Decreto con data do 23 de xuño de 1995.

Procédase ós trámites de publicación e notificación co obxecto de que o día 4 de setembro ás 10.30 da mañá compareza para o levantamento da acta previa de ocupación debendo achegar a este acto cantos documentos sexan útiles para determina-los dereitos afectados, os seus titulares, e o valor daqueles e os prexuízos determinantes para a rápida ocupación e face-las manifestacións que coiden convenientes, a tal acto os interesados pódense facer acompañar dos seus peritos e un notario.

O que se publica para os efectos previstos, de conformidade co artigo 52 da LEF, podendo os interesados de conformidade co artigo 56 do Regulamento de expropiación forzosa, ata o momento do levantamento da acta formular alegacións para os

únicos efectos de emendar posibles erros, que se producirán ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.»

Ourense, 10 de xullo de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

6729